Galego

  •   Pronuncia: [ˈro.ðʊ] (AFI)

  Substantivo masculino

rodo (sg: rodo; pl: rodos)

  1. Ferramenta agrícola para xuntar o grao trala malla, semellante a un angazo pero formado por unha táboa semicircular ou semilunar cun longo mango.
  2. Pau longo rematado nunha pa que se utiliza para remexer ou retirar as brasas do forno, mover e sacar os pans etc.
  3. Pau longo para remexer a sardiña no pío do salgadoiro.
  4. Especie de legón de pa larga e recta, usado para traballar nos prados ou romper os terróns ó labrar.
  5. Especie de legón pequeno que usan os albaneis para remexer a masa.
  6. Cilindro pesado, de pedra ou cemento, para achandar a terra.
  7. Reforzo interior na parte inferior da saia ou do vestido.
    • Exemplo: O meu refaixiño novo/ lévam'o rodo acabado./ As malas lenguas d'o mundo/ xa lle ten outro botado.

  8. Rodela de tea, herba ou palla que poñen as mulleres na cabeza cando levan unha carga pesada.
  9. Parte central e prominente dun palleiro.
  10. Ferramenta de madeira para golpear os ourizos e soltar así as castañas.
  11. Viga nos hórreos que tiñan o teito de palla.
  12. Alfombra ou esteira para o chan das habitacións.
  13. Moño en forma de rosca que se fan as mulleres na caluga.
  14. Pau longo rematado nunha roda de madeira para calcar as uvas no lagar cando fermentan.
  15. Cubo de pedra do lagar, que fai de peso e obriga á viga a presionar as uvas.
  16. Canizo para achandar a terra antes de sementar, feito de ramas trenzadas.
  17. Corte de herba que se fai coa gadaña, en redondo.
  18. Pedra colocada transversalmente sobre as cepas dun hórreo.
  19. Rodaballo pequeno.

Traducións