Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «vacúolo».
  •   Pronuncia: /βa.'ku.o.lo̯/ (AFI)
  1. (Bioloxía) Orgánulo celular presente no citoplasma de todas as células vexetais e nas dos fungos, así como tamén nas dos protistas en nalgunhas dos animais, consistentes en compartimentos pechados que conteñen diferentes fluídos, fundamentalmente auga, e diversas substancias inorgánicas e orgánicas en solución, incluídos enzimas, e, nalgúns casos, tamén sólidos.
    • Exemplo: O nome de vacúolo débese a que os biólogos que as descubriron pensaron que estban baleiras.

      .
  2. (Xeoloxía) Cavidade que aparece nos cristais formando inclusións cheas de líquido.

Termos relacionados

vacúolo contráctil, vacúolo dixestivo, vacuoma.