abafar
Galego
- Pronuncia: [a.βaˈfaɾ] (AFI)
abafar
- Respirar con dificultade, de forma axitada e entrecortada.
- Exemplo: As primeiras veces que fun ao traballo en bici chegaba abafando, pero co tempo collinlle xeito.
- Sinónimos: abarquiñar, acorar, alasar, ampear, arfar, arquexar, azazar, bafexar, calmear, folguexar, inar, resollar.
- Termos relacionados: afogar, afrontar, afrontarse, asfixiar, atafegarse, sufocarse.
- Exemplo: As primeiras veces que fun ao traballo en bici chegaba abafando, pero co tempo collinlle xeito.
- Despedir un olor desagradable.
- Desaparecer lentamente.
- Sinónimos: extinguirse.
- Contraer unha infección.
- Sinónimos: infectarse.
abafar
- Dificultar ou impedir a respiración.
- Botar bafo ou cubrir de bafo.
- Impedir a combustión.
- Causar vergonza ou vergoña.
- Sinónimos: avergonzar, avergoñar.
- Amolar con peticións.
- Afogar coa calor.
- Botar bafo.
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación
Infinitivo | abafar |
Xerundio | abafando |
Participio | abafado, abafada, abafados, abafadas |
1 Vostede(s) |
Portugués
- Pronuncia: /a.ba'fax/ (Brasil) (AFI)
abafar
abafar