Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cimbro».

cimbro1

  Substantivo masculino

cimbro (sg: cimbro; pl: cimbros)

  1. Parte máis alta dun monte.
  2. Montículo de terra ao lado dun camiño ou leira, ou algún outro lugar.
  3. (Construción) Cumio dunha construción.
  4. (Construción) En enxeñaría estrutural, celosía de barras rectas interconectadas en nodos formando triángulos planos ou pirámides tridimensionais.

Traducións

cimbro2

 

  Substantivo masculino

cimbro (sg: cimbro; pl: cimbros)

  1. (Botánica) Planta arbustiva dioica da familia das cupresáceas. con follas fortes punzantes, e froitos de gálbulas con forma de bagas elipsoidais ou esféricas de cinco a sete milímetros de diámetro,de cor negra purpúrea cando están maduras e cunha lene cor azulada.

Traducións

cimbro3

  Adxectivo

cimbro (ms: cimbro; mpl: cimbros; fs: cimbra; fpl: cimbras)

  1. (Historia) Relativo ou pertencente ao pobo céltico das marxes do Báltico, establecido na Xermania na Idade Antiga.

Termos relacionados

Traducións

  Substantivo

cimbro (ms: cimbro; mpl: cimbros; fs: cimbra; fpl: cimbras)

  1. (Historia) Individuo deste pobo.

Traducións


  Substantivo masculino

cimbro (ms: cimbro; mpl: cimbros; fs: cimbra; fpl: cimbras)

  1. (Historia) (Lingüística) Lingua céltica britónica que falaban os cimbros.

Termos relacionados

Traducións