citoloxía
Galego
- Pronuncia: /θi.to.lo.'ʃia̯/ ou /si.to.lo.'ʃia̯/ (AFI)
citoloxía (sg: citoloxía; pl: citoloxías)
- (Bioloxía) A citoloxía é a parte da bioloxía que estuda as células, desde o punto de vista morfolóxico, fisiolóxico, estrutural e a súa importancia na complexidade dos seres vivos. Atendendo á súa organización celular, os seres vivos clasifícanse en acelulares (virus, viroides) e celulares, sendo estes á súa vez clasificados en eucariotas e procariotas. Para alcanzaren os seus obxectivos, os biólogos celulares vense obrigados a estudar os compoñentes da célula a nivel molecular; así que coa invención do microscopio óptico foi posíbel observar estruturas nunca antes vistas polo ser humano, as células. Esas estruturas estudáronse máis detalladamente co emprego da citoquímica e coa axuda fundamental do microscopio electrónico.
- Exemplo: A citoloxía ou bioloxía celular encóntrase estreitamente relacionada con outras ramas da bioloxía
.
- Exemplo: A citoloxía ou bioloxía celular encóntrase estreitamente relacionada con outras ramas da bioloxía
- (Medicina) Estudos das células exfoliadas dun órgano en comunicación co exterior ou facilmente accesíbel, como a vaxina, o estómago, o colon, os bronquios etc.
- Exemplo: Citoloxía bronquial.
- Exemplo: Citoloxía bronquial.
Observacións
Na 1ª acepción seu sinónimo é bioloxía celular.