Galego

  •   Pronuncia: /ˈklastiko̝/ (AFI)

  Adxectivo

clástico (ms: clástico; mpl: clásticos; fs: clástica; fpl: clásticas)

  1. Que produce ou causa a división en partes.
    • Exemplo: Fragmentación clástica. Deformación clástica.

  2. Separábel en partes.
  3. (Petroloxía) Formado por fragmentos de calquera forma, tamaño ou composición, procedentes de rochas preexistentes máis ou menos cementados entre si. Dise do depósito ou da rocha así formados.
    • Exemplo: Rocha sedimentaria clástica. Son rochas clásticas os conglomerados, as areíscas, as arenitas, etc.

  4. (Anatomía) Desmontábel. Dise do modelo anatómico, e de cada unha das pezas que o compoñen.
    • Exemplo: No laboratorio temos un home clástico.

  5. (Psiquiatría) Dise dunha crise de axitación con violencia e rotura de obxectos.

Termos relacionados