Galego

  •   Pronuncia: /koɾ.'ðoŋ/ (AFI)

  Substantivo masculino

cordón
(sg: cordón; pl: cordóns)

  1. Corda delgada que se emprega como adorno ou para atar algunhas cousas.
    • Exemplo: Atei os cordóns das botas.

  2. Corda que levan cinguida á cintura os frades de algunhas ordes relixiosas.
    • Exemplo: Os cordóns dos franciscanos.

  3. Corda de ouro ou de prata, a xeito de banda, que forma parte de algúns uniformes ou que constitúe unha condecoración.
  4. Conxunto de persoas colocadas ao longo dunha liña para impedir o paso.
  5. (Arquitectura) Moldura decorativa en forma de toro, lisa ou acanalada, que ten un desenvolvemento en espiral semellante a unha corda.
  6. (Tecnoloxía) Cable constituído por un ou máis condutores flexibles, illados e protexidos por unha capa tamén flexible.

Termos relacionados

cordón espermático, cordón litoral, cordón medular, cordón umbilical, cordón sanitario