Grafías semellantes:     eco- ,    éco-

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «eco».
  •   Pronuncia: /ˈɛko̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

eco (sg: eco; pl: ecos)

  1. (Física) Repetición dun son producida ao seren reflectidas as súas ondas por un obstáculo.
  2. (Física) Onda electromagnética reflectida de tal modo que se percibe como distinta da orixinalmente emitida.
  3. (Figurado) Son que se escoita confuso e apagado.
  4. (Figurado) Noticia vaga e imprecisa acerca dun suceso ou situación.
    • Exemplo: O eco daquel accidente causou grande impresión a todos os veciños.

  5. (Figurado) Efecto ou efectos que causan algo sobre unha persoa ou cousa.

Traducións