elefante mariño
(Redirixido dende elefante do mar)
Galego
elefante mariño (sg: elefante mariño; pl: elefantes mariños)
- (Zooloxía) Nome común das dúas especies de mamíferos carnívoros pinnípedes familia dos fócidos pertencentes ao xénero Mirounga, de gran tamaño, caracterizados por teren, os machos, un robusto apéndice eréctil no fociño, a xeito de trompa. Son Mirounga angustirrostris Gill., o elefante mariño do norte e M. leonina Linné, o elefante mariño do sur.