elefante
Galego
- Etimoloxía: do latín elephās, elephāntis, e este do grego antigo ελέφας, ελέφαντος.
- Pronuncia: /ɛleˈfante̝/ (AFI)
elefante (ms: elefante; mpl: elefantes; fs: elefanta; fpl: elefantas)
- (Zooloxía) Nome común das dúas especies actuais de mamíferos proboscídeos da familia dos elefántidos, o elefante africano, Loxodonta africana Blumenbach, e o elefante asiático, Elephas maximus Linné = E. indicus auct., de gran tamaño (até 4 m de altura e 7 000 kg de peso), coa cabeza grande, con grandes pavillóns auriculares (especialmente o africano), pescozo pequeno, extremidades columnares e característica trompa ou probóscide, prénsil, formada polo nariz e o labio superior, e rematada nun apéndice dixitiforme prénsil no africano e en dous no asiático. Teñen dous incisivos superiores moi desenvolvidos, impropiamente denominados defensas, e que empregan sobre todo para desenterrar bulbos e raíces, dos que se alimentan (ademais de de herba, follas e caules tenros).
Traducións
- Alabama: aatipachoba (akz)
- Alemán: Elefant (de)
- Asturiano: elefante (ast)
- Castelán: elefante (es)
- Catalán: elefant (ca)
- Cheién: tsêhe'êseeséhe (chy)
- Francés: éléphant (fr)
- Inglés: elephant (en)
- Italiano: elefante (it)
- Manés: elefant (gv)
- Portugués: elefante (pt)
- Sueco: elefant (sv)
- Vasco: elefante (eu)
Termos relacionados
Asturiano
- Etimoloxía: do latín elephās, elephāntis, e este do grego antigo ελέφας, ελέφαντος.
elefante (sg: elefante; pl: elefantes)
Castelán
- Etimoloxía: do latín elephās, elephāntis, e este do grego antigo ελέφας, ελέφαντος.
elefante (sg: elefante; pl: elefantes)
Italiano
- Etimoloxía: do latín elephās, elephāntis, e este do grego antigo ελέφας, ελέφαντος.
- Pronuncia: /ele'fante/ (AFI)
elefante (sg: elefante; pl: elefanti)
Portugués
- Etimoloxía: do latín elephās, elephāntis, e este do grego antigo ελέφας, ελέφαντος.
elefante (ms: elefante; mpl: elefantes; fs: elefanta/elefoa; fpl: elefantas/elefoas)
Vasco
- Etimoloxía: do latín elephās, elephāntis, e este do grego antigo ελέφας, ελέφαντος.
elefante