fecho
Galego
- Pronuncia: /'fe.t͡ʃo̯/ (AFI)
fecho
(ms: fecho; mpl: fechos; fs: fecha; fpl: fechas)
- Que está moi escuro.
- Exemplo: No inverno danse moitas noites fechas.
- Exemplo: No inverno danse moitas noites fechas.
- Que se manifesta moi espeso ou denso.
- Exemplo: Conduce con coidado, vai unha néboa fecha.
- Exemplo: Conduce con coidado, vai unha néboa fecha.
- Dise das cousas que teñen moi xuntos os elementos que a compoñen.
- Exemplo: O vello ten unha barba fecha.
- Exemplo: O vello ten unha barba fecha.
Sinónimos
Termos relacionados
fecho
(sg: fecho; pl: fechos)
- Dispositivo ou mecanismo metálico fixado en portas, ventás, caixas, recipientes, tapas, etc., mediante o cal estas se aseguran.
- Exemplo: Colocamos un novo fecho na porta.
- Exemplo: Colocamos un novo fecho na porta.
- Pedra que remata as bóvedas dos fornos.
- Exemplo: Tivemos que cambiar o fecho do forno.
- Exemplo: Tivemos que cambiar o fecho do forno.