feixoa
Galego
- Etimoloxía: do antigo nome do xénero, nomeado na honra do botánico brasileiro João da Silva Feijó, polo botánico alemán Otto Karl Berg.
- Pronuncia: [fejˈʃo.ɐ] (estándar) (AFI)
feixoa (sg: feixoa; pl: feixoas)
- (Botánica) Especie botánica arbustiva, ramificada, da familia das mirtáceas, que pode alcanzar os 4 m de altura. É orixinario das terras altas do sur do Brasil, o leste do Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e máis de Colombia. De nome científico Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana.
- (Botánica) (Alimentación) Froito desta planta que se consome, que posúe unha polpa zumarenta, doce e chea de sementiñas cunha carne máis areenta na parte achegada á pela. O gusto é aromático, forte e complexo, moi semellante ao da goiaba, a framboesa, o ananás...