Galego

  •   Pronuncia: /i.βɾi.ða.'θioŋ/ ou /i.βɾi.ða.'sioŋ/ (AFI)

  Substantivo feminino

hibridación (sg: hibridación; pl: hibridacións)

  1. (Bioloxía) Acción e efecto de hibridar.
    • Exemplo: Moitas variedades de camelias conseguíronse a través de hibridacións.

  2. (Química) Fenómeno que se produce cando dous ou máis orbitais de niveis enerxéticos próximos e cos mesmos elementos de simetría combínanse para dar o mesmo número de orbitais híbridos, equivalentes, e de niveis enerxéticos máis baixos.

Termos relacionados

hibridación celular, hibridación molecular

Traducións

Castelán

  Substantivo feminino

hibridación (sg: hibridación; pl: hibridaciones)

  1. Hibridación.