Galego

  •   Pronuncia: /'i.βɾi./ðo̯/ (AFI)

  Adxectivo

híbrido
(ms: híbrido; mpl: híbridos; fs: híbrida; fpl: híbridas)

  1. (Bioloxía) Dise do animal ou do vexetal que procede da unión de proxenitores xeneticamente diferentes.
    • Exemplo: A mula é un animal híbrido.

  2. (Lingüística) Dise da palabra composta que está formada por elementos procedentes de linguas diferentes.
    • Exemplo: A palabra 'televisión' é híbrida, cun elemento grego e outro latino.

  3. (Química) Dise do orbital molecular ou do composto químico que sufriu unha hibridación.
  4. (Tecnoloxía) Dise do aparato ou do circuíto que contén compoñentes de diferentes tecnoloxías.
  5. (Tecnoloxía) Dise dun motor e, por extensión, dun vehículo, que pode funcionar tanto con combustíbeis como con enerxía eléctrica.
    • Exemplo: Hoxe en día están de moda os coches híbridos.

  6. Dito dunha cousa, que está producida con elementos de distinta natureza.
    • Exemplo: Actualmente moitos complementos da vestimenta son híbridos, consturídos con tea, plástico ou metais.

Termos relacionados

híbrido de resonancia