mastodonte
Galego
- Etimoloxía: do francés mastodonte, e este de masto-, 'masto-' e o grego antigo ὀδούς, ὀδόντος odoús, odóntos, 'dente'.
- Pronuncia: /mas.t̪o.ˈð̞õn̪.t̪e/ (AFI)
mastodonte (sg: mastodonte; pl: mastodontes)
- (Zooloxía) Mamífero fósil, parecido a un elefante, con dous dentes incisivos, que chegaban a ter máis dun metro de lonxitude, e moares que tiñan puntas arredondadas a maneira de mamas, e cuxos restos encóntranse nos terreos do Terciario.
- Exemplo: Os mastodontes desapareceron da Terra hai uns dez mil anos.
- Exemplo: Os mastodontes desapareceron da Terra hai uns dez mil anos.
- (Figurado) Persoa, animal, ou cousa moi grande con respecto aos do seu xénero ou clase.
- Exemplo: Construíron un edificio enorme, un auténtico mastodonte.
- Exemplo: Construíron un edificio enorme, un auténtico mastodonte.