pita do monte
Galego
pita do monte
- (Zooloxía) Especie de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, pertencente ao seu xénero tipo Tetrao. É o membro de maior tamaño da súa subfamilia, distribuíndose por boa parte de Eurasia. En Galicia deuse por extinguida a poboación de Os Ancares, a poboación máis occidental da especie, pero aínda se atopa ás veces debido ao movemento de individuos de poboacións limítrofes.
- Exemplo: A pita do monte dos Ancares come os froitos do acivro.
- Exemplo: A pita do monte dos Ancares come os froitos do acivro.