restar
Galego
- Etimoloxía: do latín restāre.
- Pronuncia: /res.'tar/ (AFI)
restar
- Quitar unha parte un todo.
- Exemplo: Aos beneficios hai que restarlle os gastos.

- Facer que algo diminúa, ou se rebaixe.
- Exemplo: Seu mal comportamento restoulle moita autoridade. Restoulle importancia ao asunto. As dificultades non lle restaron enerxías.

- Achar a diferenza entre dúas cantidades ou expresións.
- (Deportes) No xogo de pelota e outros deportes, como o tenis, xogador que devolve a pelota ao saque.
- Exemplo: Este tenista resta moi ben.
- Exemplo: Este tenista resta moi ben.
- (Matemáticas) Operación consitente en quitar dunha cantidade outra.
- Exemplo: Se a dez lle restamos dous, quedan oito.

Observacións
restar
- Algo, cousa ou parte dela seguir existindo.
- Exemplo: En todo o que resta do ano non volvo facer iso. Aínda lles resta no banco unha parte da fortuna que herdaron
.

- Estar unha distancia, un tempo ou un feito de por medio entre o lugar, momento ou situación da que se parte e aquel ou aquela aos que se quere chegar.
- Exemplo: Só restan dez días para rematar o curso. O ciclista situouse á cabeza da carreira cando restaban cincuenta metros. Xa está rematado o pavillón, só resta inauguralo