-ción
Galego
- Etimoloxía: do latín -tio, -ōnis.
-ción
- Elemento de formación de palabras que serve para formar substantivos derivados de verbos que expresan acción e efecto. Aparece na forma -ción, non precedido de vogal, en certos substantivos xeralmente procedentes do latín, como en función, lección, produción. Os creados en galego toman a forma -ación, se o verbo do que derivan é da primeira conxugación, como gravación; -ición, se é da terceira, como embutición. Se o substantivo deriva dun verbo da segunda, toma outro sufixo.
- Ademais do seu significado abstracto, -ción e as súas variantes poden denotar obxecto, lugar, etc., como en embarcación, fundición.