apear

(Redirixido dende apeara)

Galego

apear1

  Verbo intransitivo

apear

  1. Baixar dun medio de transporte.

Traducións

  Verbo pronominal

apearse

  1. Baixar dun medio de transporte.
  2. Non seguir adiante con algo por crer que non hai posibilidade de éxito.
  3. (Dereito) Renunciar a unha acción xudicial ou a un dereito.

Traducións

  Verbo transitivo

apear

  1. Facer [a alguén] baixar dun medio de transporte.
  2. Pousar [algo que se leva no lombo].
  3. Facer [a alguén] abandonar unha actitude ou idea.
  4. Deixar de usar [algo].
  5. Medir [unhas terras] para marcar os seus límites.
  6. Deter [un muíño] empregando o apeadoiro.
    • Exemplo: Apea o muíño.

Traducións

Conxugación

apear2

  Substantivo masculino

apear (sg: apear; pl: apeares)

  1. Correa, xeralmente de coiro, que se engancha nos extremos dos cancís do xugo e pasa por debaixo do pescozo dun animal ao axugalo.


Castelán

  Verbo pronominal

apearse

  1. Apear, apearse (baixar dun medio de transporte).

  Verbo transitivo

apear

  1. Apear (facer [a alguén] baixar dun medio de transporte).
  2. Apear (facer [a alguén] abandonar unha actitude ou idea).
  3. Apear (medir [unhas terras] para marcar os seus límites).