cabriña
Galego
cabriña (sg: cabriña; pl: cabriñas)
- Definición impropia: diminutivo de cabra.
- (Botánica) Fento ou fieito da familia das polipodiáceas, Davallia canariensis (L.) Sm., de 20 a 40 cm de altura, co rizoma cuberto de espesas escamas filiformes de cor castaña, brillantes, frondes solitarias de contorno triangular, moi divididas, de 10 a 30 cm de largura, e con soros illados, situados dentro de pequenos utrículos preto do ápice dos segmentos da fronde, que vive sobre muros e rochas en lugares sombrizos, e tamén sobre as árbores, nas costas atlánticas da Península Ibérica (Galicia, Asturias, Andalucía e Portugal) e do norte de África, así como nas illas Azores, Canarias e Cabo Verde.