cadencia
Galego
cadencia (sg: cadencia; pl: cadencias)
- Regularidade na que se repite un movemento, son ou imaxe.
- (Deportes) Pasos que dá un atleta correndo, así como pedaladas dá un ciclista, durante un tempo determinado.
- Número de fotogramas por segundo que se proxectan nunha pantalla.
- Número de tiros por minuto que realiza unha arma de fogo.
- Sinónimos: cadencia de tiro.
- (Lingüística) Distribución dos acentos que lle outorgan a unha lingua un ritmo determinado.
- (Literatura) Distribución axeitada mantendo a harmonía dos acentos e das pausas nas frases.
- Sinónimos: ritmo.
- (Fonética) Ton descendente ao final dunha frase.
- (Música) Pasaxe virtuosa nunha peza musical.
- (Música) Resolución dun acorde disonante tras un acorde consoante.