cigala
Galego
- Pronuncia: /θi.'ɣa.la̯/ ou /si.'ɣa.la̯/ (AFI)
cigala
(sg: cigala; pl: cigalas)
- (Zooloxía) Crustáceo decápodo da suborde dos pleociemados, infraorde dos astácidos, o tipo da familia dos nefrópidos (Nephropidae), e a única especie do xénero Nephrops.
Observacións
O dicionario da Real Academia Galega dá á especie Nephrops norvegicus a denominación de lagostino ou cigala, sinalando a segunda como forma menos recomendábel. Porén, o termo lagostino é ambiguo, pois é tamén empregado por dito dicionario para designar outro crustáceo, Penaeus kerathurus, que ten a casca máis mol e carece das pinzas que caracterizan a Nephrops norvegicus.