garda
Galego
- Etimoloxía: do gótico *wardja, ou talvez do xermánico *warda 'acto de buscar coa vista', e este de *wardôn 'atender, prestar atención'.
garda (sg: garda; pl: gardas)
- Acción e efecto de gardar.
- Exemplo: Fixeron garda toda a noite
.
- Exemplo: Fixeron garda toda a noite
- Grupo de soldados ou de xente armada que se ocupa da protección ou da vixilancia de persoas ou de lugares.
- Exemplo: O cambio da garda é ás doce da mañá
.
- Exemplo: O cambio da garda é ás doce da mañá
- (Exército) Corpo armado encargado de manter a orde e da protección de certas persoas.
- Exemplo: A garda de asalto. A Garda Civil. A garda real
.
- Exemplo: A garda de asalto. A Garda Civil. A garda real
- Cousa que protexe ou reforza como, por exemplo, a folla dobre que se pega nas cubertas dun libro para protexer a primeira e a última páxinas.
- Exemplo: Púxolle gardas novas ao dicionario
.
- Exemplo: Púxolle gardas novas ao dicionario
- Cada unha das dúas follas de papel de cor branca ou crema pálida, que poñen os encadernadores das editoras ao principio e ao fin dos libros.
- Exemplo: Eu poño na primeira garda dos meus libros a data en que os merquei.
- Exemplo: Eu poño na primeira garda dos meus libros a data en que os merquei.
garda (ms: garda; mpl: gardas; fs: garda; fpl: gardas)
- Individuo que é membro dun corpo de seguridade.
- Exemplo: Prendérono uns gardas
.
- Exemplo: Prendérono uns gardas
Termos relacionados
baixar a garda, en garda, de garda, estar de garda, Garda Civil, garda de asalto, garda de corps, garda de honor, Garda Moura, garda municipal, Garda Pretoriana, garda de tráfico, Garda Suíza, garda urbano, gardián, montar a garda, posición de garda.