guarnición
Galego
- Pronuncia: /ɡwaɾniˈθjoŋ/ (AFI)
guarnición (sg: guarnición; pl: guarnicións)
- Conxunto de cousas que poden adornar ou complementar algo.
- Sinónimos: adobío, adorno, complemento.}}
- Adorno disposto nunha tea, roupa, tapiz etc.
- Moldura ou elemento que cobre a unión dun marco dunha porta ou ventá cunha parede.
- Tropa de soldados que defende unha praza forte.
- Exemplo: A guarnición que defendía a praza non deu repelido o ataque inimigo.
- Exemplo: A guarnición que defendía a praza non deu repelido o ataque inimigo.
- (Alimentación) Alimento que acompaña nun prato o ingrediente principal.
- Protección para a man que posúen algunhas armas brancas na empuñadura.
- Conxunto de elementos para preparar un animal para cargar, montar ou apoñer.
Variantes
Traducións
Castelán
guarnición (sg: guarnición; pl: guarniciones)