Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «umeiro».

  Substantivo masculino

umeiro (sg: umeiro; pl: umeiros)

  1.  
    Alnus glutinosa.
    (Botánica) Árbore caducifolia da familia das betuláceas, Alnus glutinosa, de até 20 ou 30 m de altura (ordinariamente, duns 10 m), co tronco máis ou menos recto, a codia parda agrisada, lisa nos individuos novos e fendida e case negra nos vellos, de follas alternas, arredondadas, de bordos dentados, flores masculinas en amentos cilíndricos colgantes, de até 9 cm e cor parda violácea, e femininas tamén en amentos, pero máis pequenos, que se converten, ao maduraren, en pequenas piñas ovoides, e froitos moi pequenos e estreitamente alados.
  2. Madeira da umeiro1, branca e lixeira, e moi resistente á auga, téndose empregado para facer pezas de muíños, pontes, etc. Na actualidade úsase, sobre todo, para facer cuncas, pratos e zocas.

Traducións