Salix
Nome científico
Galego
- Pronuncia: /ˈsa.liks/ (AFI)
Salix
- (Botánica) Salix é un xénero de plantas fanerógamas, o tipo da familia das salicáceas, que comprende unhas 400 especies de árbores e arbustos de follas caducas que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral (ao que alude o seu nome). Moitas das súas especies coñécense en galego como salgueiros, pero tamén se inclúen outras como os vimieiros. Dalgunhas especies do xénero Salix obtense o ácido acetilsalicílico, a popular aspirina.
Observacións
O nome aspirina é unha marca rexistrada.