Abrir o menú principal

Táboa de contidos

Galego

  •   Pronuncia: [a.ɣaˈraɾ] (AFI)

  Verbo intransitivo

agarrar

  1. (Coloquial) Quedar fecundada [unha femia].
  2. (Coloquial) Botar raíces [unha planta] e desenvolverse como consecuencia.

Traducións

  Verbo pronominal

agarrarse

  1. Poñer certas partes do corpo con respecto [a algo ou alguén] para evitar separarse [dese algo ou alguén].
  2. Enfrontarse fisicamente.
  3. (Figurado) Aproveitar a oportunidade que supón [algo ou alguén].

Traducións

  Verbo transitivo

agarrar

  1. Poñer certas partes do corpo ou un instrumento con respecto a [algo ou alguén] de forma que permita inmobilizalo.
  2. Poñer certas partes do corpo ou un instrumento con respecto a [algo ou alguén] de forma que permita telo.
  3. Chegar a ter [unha enfermidade].
  4. Pasar a estar en [un estado anormal].

Traducións

Conxugación


Castelán

  Verbo transitivo

agarrar

  1. Agarrar, coller, suxeitar (poñerse de forma que se poida inmobilizar algo ou alguén).
  2. Agarrar, aguantar, coller, soster, suxeitar, ter man de, termar, tomar (poñerse de forma que se poida ter algo ou alguén).
  3. Atrapar, coller, pillar.