Galego

  •   Pronuncia: /aɾ.'ɣɔ.la̯/ (AFI)

  Substantivo feminino

argola
(sg: argola; pl: argolas)

  1. Peza de metal, madeira ou outro material, en forma de aro ou de anel, que se emprega para suxeitar ou amarrar algunha cousa.
  2. Chamador, peza de ferro ou de bronce, en forma de aro, que se coloca na parte exterior das portas das casas, ou dos pisos nos edificio de varias vivendas para chamar.
  3. Elo, cada unha das pezas dunha cadea de ferro dunha embarcación.

Termos relacionados

argola de Gravesande, argola de sementar.

  Substantivo feminino plural

argolas

  1. (Deportes) Aparato de ximnasia que consta de dous aneis de madeira pulida que penduran de dúas cordas fixadas a unha barra horizontal, ou ao teito no caso dun estadio de pista cuberta, empregado para practicar exercicios de suspensión e sostemento.