cegar
Galego
- Etimoloxía: do latín caecare (privar da vista, permanentemente ou de forma transitoria).
- Pronuncia: /θeˈɣaɾ/ (AFI)
- Homófonos: segar (en falas con seseo).
cegar
- Perder totalmente a vista.
- Exemplo: Coa idade foi perdendo a vista e, nos úlimos anos, cegou.
- Exemplo: Coa idade foi perdendo a vista e, nos úlimos anos, cegou.
cegar
- Quedarse momentaneamente sen visión a causa dunha luz moi intensa.
- Exemplo: Como o condutor do coche que viña en sentido contrario non baixou a luz longa, o pobre Antón cegouse e foi bater co seu contra un muro.
- Sinónimos: encandearse.
- Exemplo: Como o condutor do coche que viña en sentido contrario non baixou a luz longa, o pobre Antón cegouse e foi bater co seu contra un muro.
- (Figurado) Perder a capacidade de razoar con sentido.
- (Figurado) Sentir unha forte impresión.
- (Figurado) Estragarse o gume dun instrumento cortante, como unha navalla, un coitelo, un fouciño, etc.
- Exemplo: Cegóuselle o fouciño.
- Sinónimos: gafarse.
- Exemplo: Cegóuselle o fouciño.
cegar
- Privar da vista a [alguén].
- Quedar momentaneamente sen visión a causa dunha luz moi intensa.
- Exemplo: Como o condutor do coche que viña en sentido contrario non baixou a luz longa, cegouno, e o pobre Antón bateu co seu contra unha árbore.
- Sinónimos: encandear.
- Exemplo: Como o condutor do coche que viña en sentido contrario non baixou a luz longa, cegouno, e o pobre Antón bateu co seu contra unha árbore.
- (Figurado) Quitar a capacidade de razoar con sentido.
- (Figurado) Causar unha forte impresión.
- (Figurado) Estragar o gume dun instrumento cortante, como unha navalla, un coitelo, un fouciño, etc.
- Exemplo: Cegou o coitelo cortando aquel queixo tan duro.
- Sinónimos: gafar.
- Exemplo: Cegou o coitelo cortando aquel queixo tan duro.
Traducións
- Castelán: (1) encandenar (es).
Conxugación
Verbo semirregular da 1ª conxugación
Infinitivo | cegar |
Xerundio | cegando |
Participio | cegado, cegada, cegados, cegadas |
1 Vostede(s) |