censo
Galego
censo1
- Pronuncia: /'θeŋ.so̯/ ou /'seŋ.so̯/ (AFI)
- Relación estatística dunha poboación ou dos bens mobles ou inmobles dun territorio determinado nun momento concreto, realizada con fins demográficos, fiscais, electorais ou como instrumento de planificación política.
- Por extensión, calquera relación de persoas.
- Imposición ou prestación periódica, en moeda ou en especie, que se paga como tributo ou contribución fiscal.
- (Dereito) Contrato polo que unha persoa queda obrigada a pagar por un inmoble unha cantidade cada ano.
- (Historia) Padrón ou lista que os censores romanos facían das persoas e facendas.
- (Historia) Contribución ou tributo que entre os antigos romanos se pagaba por cabeza, en recoñecemento de vasalaxe.