clasificación das ciencias
Galego
- Etimoloxía: de clasificación e ciencia.
clasificación das ciencias
- Entendendo a ciencia, en senso amplo, como o conxunto dos coñecementos obxectivos e organizados a cerca da natureza, en primeiro lugar podemos distinguir entre as ciencias da natureza e as ciencias sociais ou humanas. As primeiras, como a física, centran o seu estudo nos fenómenos naturais, mentres que as segundas, como a socioloxía, estudan os fenómenos ligados á acción humana. Un esquema algo máis detallado de clasificación plantexouno o epistemólogo alemán Rudolf Carnap, o primeiro en dividir a ciencia en ciencias puras, ciencias aplicadas e ciencias sociais ou humanas.
— § 1. Ciencias puras ou lóxico-formais: son as que non teñen en conta a súa aplicación práctica. Utilizan a dedución como método de procura da verdade: lóxica e matemáticas.
— § 2. Ciencias aplicdas ou ciencias fácticas: encadran as ciencias naturais, que teñen por obxecto o estudo da natureza. Seguen o método científico: astronomía, bioloxía, física e química, entre outras.
— § 3. Ciencias sociais ou humanas: son todas as ciencias na súa acepción máis ampla, que se ocupan dos aspectos do home —cultura e sociedade— non estudados nas ciencias naturais. O método depende de cada disciplina particular: antropoloxía, historia, psicoloxía, socioloxía e economía, entre outras.