estrangulamento
Galego
- Etimoloxía: de estrangular + -mento.
estrangulamento (sg: estrangulamento; pl: estrangulamentos)
- Acción e efecto de estrangular ou estrangularse.
- Feito de facer máis estreito un órgano, un conduto, etc.
- (Medicina) Detención da circulación sanguínea nunha parte, debida a compresión ou constrición.
- (Medicina legal) Constrición ao redor ou diante do pescozo provocada por unha forza allea á persoa, que impide o paso do aire para os pulmóns e ocasiona un tipo de morte por asfixia.
- (Patoloxía) Tipo de obstrución intestinal caracterizada pola oclusión simultánea da luz intestinal e dos vasos que irrigan a zona afectada.
- Exemplo: O estrangulamento provoca a gangrena da porción intestinal estrangulada.
- Exemplo: O estrangulamento provoca a gangrena da porción intestinal estrangulada.
- (Figurado) Acción de impedir ou atrasar o normal desenvolvemento de algo.