imán
Galego
- Pronuncia: /i.'maŋ/ (AFI)
imán 1 (sg: imán; pl: imáns)
- (Mineraloxía) Mineral de ferro, combinación de dous óxidos deste metal, que ás veces se presenta cristalizado, de cor escura, opaco, case tan duro como o vidro, cinco veces máis pesado ca auga, e que ten a propiedade de atraer o ferro, o aceiro e, en grao menor, a algúns outros corpos.
- (Figurado) Persoa que ten a calidade de atraer a outras.
Observacións
Galego
- Pronuncia: /i.'maŋ/ (AFI)
imán (sg: imán; pl: imáns)
- (Relixión) Home que preside a oración musulmá, poñéndose diante dos fieis para que estes o segan nos seus rezos e movementos.
- (Relixión) Guía, xefe ou modelo espiritual ou relixioso, e ás veces tamén político, nunha sociedade musulmá.