módulo
Galego
- Pronuncia: /'mɔ.ðu.lo̯/ (AFI)
módulo (sg: módulo; pl: módulos)
- Cada unha das pezas ou conxunto de pezas que se repiten nunha construción prefabricada de calquera tipo.
- Exemplo: Traede para o taller os módulos dos mobles e cociña
.
- Exemplo: Traede para o taller os módulos dos mobles e cociña
- Unidade educativa que forma parte dun programa de ensinanza.
- Exemplo: A ensinanza secundaria obrigatoria comprende catro módulos
.
- Exemplo: A ensinanza secundaria obrigatoria comprende catro módulos
- En numismática, diámetro dunha medalla ou dunha moeda.
- Exemplo: Unha medalla de 60 mm de módulo
.
- Exemplo: Unha medalla de 60 mm de módulo
- En aeronáutica, cada unha das unidades dunha nave espacial, destinada a unha misión específica.
- Exemplo: Módulo lunar.
- Exemplo: Módulo lunar.
- (Arquitectura) Medida que se usa para axustar as proporcións dos corpos arquitectónicos.
- Exemplo: Na antiga Roma o módulo era o semidiámetro do fuste dunha columna na súa parte inferior.
- Exemplo: Na antiga Roma o módulo era o semidiámetro do fuste dunha columna na súa parte inferior.
- (Informática) Conxunto de rutinas e estruturas de datos que realiza unha tarefa ou implanta un tipo abstracto de datos particular.
- Exemplo: É habitual que os módulos se organicen xerarquicamente.
- Exemplo: É habitual que os módulos se organicen xerarquicamente.
- (Matemáticas) Valor absoluto dunha cantidade. O seu símbolo é | |.
- Exemplo: O módulo non ten en conta se o número ten signo positivo ou negativo
.
- Exemplo: O módulo non ten en conta se o número ten signo positivo ou negativo
- (Matemáticas) Distancia entre os puntos que determinan un vector.
- Exemplo: O módulo coincide coa lonxitude do vector na súa representación gráfica.
- Exemplo: O módulo coincide coa lonxitude do vector na súa representación gráfica.
- (Matemáticas) Divisor común nunha congruencia.
- Exemplo: Se tomamos como módulo 3, dous números son congruentes se ao dividilos entre 3 dan o mesmo resto
.
- Exemplo: Se tomamos como módulo 3, dous números son congruentes se ao dividilos entre 3 dan o mesmo resto
- (Matemáticas) Razón constante entre os logaritmos dun mesmo número tomados en dúas bases diferentes.
- (Metroloxía) Dimensión que convencionalmente se toma como unidade de medida.
- Exemplo: O metro é o módulo no sistema de medidas de lonxitude.
- Exemplo: O metro é o módulo no sistema de medidas de lonxitude.
- (Música) Acción e efecto de modular.