magnitude física

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «magnitude física».

  Locución substantiva feminina

magnitude física

  1. (Física) Unha magnitude física é unha propiedade dos sistemas físicos susceptíbel de ser medida e expresada mediante un número e unha unidade, e coa cal poden establecerse relacións cuantitativas. A técnica por medio da cal se asigna un número a unha propiedade física, como resultado dunha comparación de dita propiedade con outra similar tomada como patrón, a cal se adoptou como unidade, denomínase medición. Resulta fundamental establecer unha única unidade de medida para unha magnitude dada, de forma que poida ser comprendida pola xeneralidade das persoas. A agrupación de unidades para as magnitudes físicas forma un sistema de unidades. O sistema internacional de unidades baséase en dous tipos de magnitudes físicas, as sete que se toman como fundamentais (lonxitude, tempo, masa, intensidade de corrente eléctrica, temperatura, cantidade de substancia e intensidade luminosa) e as derivadas, que son as restantes e que poden ser expresadas cunha combinación matemática das anteriores.