Conversa usuario:Gallaecio/2010
Axuda actualizada
editarBoas. Xa actualicei a axuda. Se ves que lle falta ou sobra algo dimo.
Quería facer unhas consideracións acerca do modelo {{-indef-}}. A primeira é que creo que confundiches adxetivo abstracto con adxectivo indefinido. Os indefinidos indican número ou cantidade imprecisa (calquera, ningún, bastante). Por outro lado, estas mesmas palabras ás veces actúan como pronomes indefinidos ou adverbios; habería que estudar se usar esta mesma cabeceira ou crear outra nova.
Sobre o modelo {{-substn-}} que usaches por exemplo en instrumentista, normalmente dise que estas palabras son de xénero común ou invariable, non neutro. Novamente teremos que decidir como encabezar entradas con xénero común (o/a instrumentista, atleta,...), ambiguo (fin), ¿epiceno (a pantera macho/femia)?, incluso os heterónimos (home/muller). ¿Algunha idea? [ Furagaitas * ] 18:17, 10 xaneiro 2010 (UTC)
- Para os indefinidos penso que o mellor será cambiar o modelo {{-indef-}} por outro específico para adxectivos indefinidos (p.ex. {{-indef-}} ou {{-adxind-}}) o outro para pronomes indefinidos (p.ex. {{-indef-}} ou {{-pronind-}}).
- Para os substantivos supoño (non o teño claro de todo) que a mellor solución (polo menos para saír do paso) será usar só a cabeceira con xénero cando esa acepción só poida ter un xénero (o galego (lingua), a pantera (macho/femia),...), incluídos os heterónimos. Para o xénero ambiguo si se podería crear unha cabeceira {{-substa-}}, pero teño medo que dea lugar a malos entendidos. No resto dos casos usaríase a correspondente flexión de xénero e número ({{varxn}} ou {{cvarxn}}). Outras solucións poderían ser indicalo a carón do lema ({{PAGENAME}}), en Observacións, crear caixas de flexión especiais,...
- ¿Que che parecen estas solucións, aínda que só sexa provisionalmente? [ Furagaitas * ] 20:39, 10 xaneiro 2010 (UTC)
chapeo
editarBoas. Ei, noraboa polos arquivos de son que conseguiches. Unha cousiña: a forma normativa é chapeu (que é o que parece que di na gravación), non chapeo. Coméntocho por se o queres cambiar.
Por outro lado, grazas por encargarte das cuestións de Axuda e Políticas, un tema no que se ten traballado pouco e que facía moita falta. [ Furagaitas * ] 20:11, 21 xaneiro 2010 (UTC)
latín vulgar
editarBoas Gallaecio.
Engadiches o latín vulgar a Modelo:nomelingua co código "lav". Ben, en primeiro lugar dicirche que "lav" é o código ISO 3 do letón. O latín vulgar non é unha lingua diferente do latín clásico, e de feito teñen o mesmo código ISO 1 (la) e ISO 3 (lat). Por iso prégioche que desfagas eses cambios, porque nos proxectos wikis guiámonos polos códigos ISO á hora de clasificar as linguas (senón, sería un caos).
Saúde e terra
--Norrin strange 10:54, 13 febreiro 2010 (UTC)
- Íache escribir antes para comentarche os cambios pero hoxe ando algo ocupado. O latín vulgar digamos que é unha modalidade de latín (como o galego fisterrán o pode ser do galego). Os cambios que fixen consisten en pendurar as categorías "...latín vulgar" das categorías "...latín" (así Categoría:Entradas derivadas do latín vulgar pertence a Categoría:Entradas derivadas do latín). O mesmo fan, por exempo, na edición electrónica do DRAE (en CD). Como non existe código de lingua para o latín vulgar, non podemos agregalo a {{nomelingua}}, senón que hai que usar o nome completo (latín vulgar) de cada vez. O mesmo se podería facer co nome científico na sección traducións ( {{T:|nome científico}} ).
- Con respecto ó que me dixeches na mensaxe anterior, non hai por que dar as grazas. Somos un equipo. Só espero que a ninguén lle pareza mal que ande a corrixir o traballo dos máis. Tes feito un traballo estupendo no Galizionario, e creo que no futuro será aínda mellor. Ánimo e noraboa. [ Furagaitas * ] 20:47, 13 febreiro 2010 (UTC)
Tarefas pendentes
editarBoas Gallaecio. Por se non a coñeces, preséntoche a páxina de Tarefas pendentes; estaría ben darlle un pouco de vida e actualizala cos temas nos que andas a traballar (estilo, políticas,...). Á primeira vista pareceume ver unha páxina que quizá estea duplicada (Wiktionary:Guía de estilo / Axuda:Libro de estilo). ¿Impórtache botarlle unha ollada? Igual hai temas que xa se poden tirar da lista e outros a incluír...
Por outro lado, unha pequena anotación. Vexo que estás creando artigos que poden ser considerados participios (esfolado, afumado,...). Só quería dicirche que teñas coidado, xa que algún pode ser unha forma flexionada do verbo.
Un saúdo. [ Furagaitas * ] 17:23, 4 marzo 2010 (UTC)
Cousas...
editarBoas meu. Xa deixei a miña opinión sobre o caso patumeira na páxina de conversa. A verdade é que nunca me decidín a arranxar ese tema porque non sei cal é a mellor solución, e ademais por que me parece un traballo (aínda que necesario) pouco rendible. Toda idea é benvida.
Despois, sobre as túas últimas contribucións, unhas meras reflexións:
- A primeira é sobre o uso de {{sem}}. ¿Non estaremos abusando no seu uso? Nos dicionarios convencionais non o empregan tanto...
- ¿Son precisas etimoloxías do tipo Entradas en castelán derivadas do castelán?
Quede claro que non son críticas, senón dúbidas existenciais que quería compartir.
Aproveitando, avánzoche algunha cousa que teño entre mans:
- Xa solicitei en Bugzilla a creación do espazo de nomes Apéndice. Espero que nos próximos días teñamos novas ó respecto.
- Estiven intentando crear caixas despregables con NavFrame (toccolours collapsible dábame problemas de colocación) para usar con traducións, conxugacións,... Descubrín que a falta de bordes era debida a que non ten estilo definido en Common.css, pero falta un detalle, a ver se ti sabes a que é debido: o botón de amosar / agochar aparece pegado ó título da caixa, en vez de aparecer á dereita.
Máis nada, non te quero agoniar. Como sempre, é un pracer verte por aquí. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 00:17, 28 de xuño de 2010 (UTC)
- No tocante ó {{sem}} referíame a que moitas veces podemos categorizar por campo semántico ó xeito tradicional (é dicir, de xeito non explícito), e en cambio facémolo co {{sem}}. Por exemplo: farfalla non é exclusivo da zooloxía. Non sei se entendes por onde vou.
- Sobre o das entradas non normativas, persoalmente non teño intención buscarlle solución definitiva agora; supoño que cos modelos que che mencionei e coa etiqueta {{sem|Dialectal}} podemos saír do paso polo momento. Vou modificar patumeira, a ver que che parece.
- En canto ó NavFrame, mira isto. Como podes ver o botón aparece pegado ó título, e co mesmo tamaño de letra. Se non lle atopamos solución posiblemente o comente en Bugzilla, aínda que quizá precise apoios. [ Furagaitas * ] 15:14, 28 de xuño de 2010 (UTC)
Xa lle botei unha ollada ás páxinas que dixeches. Por casualidade atopei outro modelo en Meta que probablemente adapte ó Galizionario (creo que este non vai dar os problemas de colocación do {{1}}/{{2}}/{{3}} actual). Se vai ben con este, deixarei de momento o NavFrame para cando haxa máis xente (e ganas). Moitas grazas por todo. [ Furagaitas * ] 17:22, 30 de xuño de 2010 (UTC)
Boas
editarOla Gallaecio. Corrixín algunha das túas últimas creacións, basicamente nestes puntos:
- Varias traducións alemás que non atopei en dous dicionarios.
- Nas etimoloxías, ligazóns a palabras flexionadas ou hipotéticas do latín. As entradas latinas lematízanse coa forma do nominativo masculino singular, e sen marcas de cantidade vocálica (aínda que non sexa iso o que se visualice na ligazón); nos outros wiktionaries creo que están lematizando os verbos pola primeira persoa singular do presente de indicativo.
Por outro lado, supoño que xa saberás por qué a cabeceira {{-conx-}} ten (tiña) o mesmo nivel que as categorías gramaticais: para non repetir a conxugación para cada función do verbo (transitivo, intransitivo,...). A min tampouco me convencía, pero non lle vexo outra mellor solución.
Póñote ó día: xa temos espazo de nomes Apéndice. Estou preparando unha proposta para mover os apéndices que temos para el. Cando a presente irá acompañada de dous modelos (basicamente para cambiar o deseño de dous existentes 1 2). Para máis adiante teño 3 ou 4 modelos máis en mente, entre eles o cadro de flexión verbal despregable.
Vin que creaches un Sabías que...; gustoume! Hai uns meses estiven recompilando "sabías-queses" da es.wiki pero deixeino aparcado. Vou subir a listaxe por se ti ou outro queredes retomalo.
Iso é todo. Sinto darche o coñazo sempre que apareces. Un saúdo! [ Furagaitas * ] 01:20, 15 de xullo de 2010 (UTC)
- Ola ola. A ver se presento dunha vez as propostas das que che falei, pero a verdade é que levaba unha tempada bastante activo e estou algo desgastado, e ademais no verán non é cando máis colaboro.
- O que me preguntas dos sinónimos non cho sei contestar. Véñenme á mente unhas 5 formas 1, 2, 3, 4, 5 de ligar o sinónimo á definición, pero non son defensor de ningunha en concreto. Como saberás, hai tempo andei a traballar nun modelo de artigo semantista, no que cada definición ía seguida dos seus sinónimos, traducións,... pero por varios motivos (o principal, o mal funcionamento dos cadros despregables) deixeino aparcado.
- Bueno, vou ver se edito un pouco. [ Furagaitas * ] 14:17, 15 de xullo de 2010 (UTC)
Nome científico
editarEu poucas veces o usei. O tradicional era facer unha sección á parte; o de poñelo coas traducións é unha proposta recente que non me desagrada. Por certo, nome científico pódese abreviar en nc, como no {{T:}}. Vou adaptar o {{t^}}. [ Furagaitas * ] 16:30, 16 de xullo de 2010 (UTC)
- Estaba aproveitando para simplificar o modelo, pero non sei por qué non funcionou: nunha función #if estame interpretando a terceira variable de {{t^}} como unha cadea {{{3}}}. Vou investigar un pouco, e se non me sae déixoo como dis ti. [ Furagaitas * ] 16:56, 16 de xullo de 2010 (UTC)
Copia de seguranza do galizionario
editarBoas: Gustaríame saber se é posible obter unha copia do galizionario. A cuestión é reutilizar todo o traballo feito feito por todos, estou a pensar en que o día de mañá se poida pór o contido do galizionario no formato de dicionario DICT para usar co stardict por exemplo. Grazas!--damufo 07:31, 10 de agosto de 2010 (UTC)
Boas compi. Non quería tocarlles sen saber a túa opinión / os teus motivos. A primeira recóllea o DRAE e a segunda non vén no VOLGa. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 16:51, 25 de agosto de 2010 (UTC)
- Acabei, acabei XD. É curioso que canto máis tempo libre teño, menos tempo teño para galizionariear XD. De todas formas, mentres non veña o frío a miña colaboración será máis inconstante do habitual.
- Por certo, non sei se viches que fixen cambios no modelo {{Mai}}.
- Boa tarde. [ Furagaitas * ] 17:17, 25 de agosto de 2010 (UTC)
- Exacto. Ese era o problema que pretendía resolver. Vexo que logo atopaches onde aplicalo :). Bueno, voume airear un pouco. Ata outra. [ Furagaitas * ] 17:31, 25 de agosto de 2010 (UTC)
Fontes
editarSi, xa o teño usado en algunha ocasión, pero penso que é o mesmo vocabulario que o do VOLGa. Eu normalmente uso este último.
¿Coñeces o DDD? Non é normativo, pero para formas raras está ben. [ Furagaitas * ] 10:45, 14 de setembro de 2010 (UTC)
Graos dos adxectivos
editarPois para o galego existen os modelos {{Grao.reg}} e {{Grao.esdr}} de vello, aínda sen uso, e que quizá precisen revisión. O certo é que nunca me parei moito con isto, pero sería interesante contar con cadros deste tipo, incluso cadros de aumentativos/diminutivos. [ Furagaitas * ] 15:18, 21 de setembro de 2010 (UTC)
- Pois si, dixeches cabeceira :). No VOLGa só atopei algunha forma irregular (paupérrimo), polo que en principio creo que o correcto sería que non tivesen entrada propia, e no caso de creala... pois supoño que coa cabeceira {{-adx-}} chegará abondo. Pero agora, así de sopetón... :) [ Furagaitas * ] 10:57, 22 de setembro de 2010 (UTC)
Xornal da Galipedia
editarAproveitando... Estamos a nada das 30.000 entradas, supoño que antes do remate do mes chegaremos a elas. Gustaríame que crearas ti a que fai o número redondo; pedinlle permiso a Toliño para escribir un artigo sobre o asunto no Xornal da Galipedia, así que faime un 30.000 bonito! :) [ Furagaitas * ] 10:57, 22 de setembro de 2010 (UTC)
- Ben. Irei pensando no artigo 30.000 e no artigo do Xornal. Tamén hai que actualizar o artigo w:Galizionario. Todas as ideas son benvidas. [ Furagaitas * ] 11:26, 22 de setembro de 2010 (UTC)
- Non che sei, pero gustaríame sabelo. Hai veces que o contador vai retrasado, outras veces adiantado. E penso que todas as páxinas que coñezo usan o mesmo valor. O que fago eu é esperar uns días ata que estabilice. Hoxe mireino ás 2:22 e tiña 29.944; uns minutos despois tiña 29.945, as mesma que agora mesmo, cando xa se crearon 3 entradas novas. [ Furagaitas * ] 11:45, 22 de setembro de 2010 (UTC)
- Creei vinte entradas toponímicas para aproximarse un pouco máis.
- Comentoume Toliño que non ten máis artigos que este para unha nova edición do Xornal. ¿Algunha idea desde Galilibros, Trasno, etc?
- Saúdos. [ Furagaitas * ] 18:12, 23 de setembro de 2010 (UTC)
- Eu tampouco non vexo moito de que falar no caso do DiGalego. Boa nova que en Trasno se interesen polo Galizionario. [ Furagaitas * ] 14:58, 24 de setembro de 2010 (UTC)
- Xa está feito o artigo do Xornal da Galipedia. Bótalle unha ollada a ver que che parece. [ Furagaitas * ] 10:51, 27 de setembro de 2010 (UTC)
Modelos homo
editarVin que fixeches probas no modelo {{homo2}}; a min gústame máis con comas, pero se a ti che gusta máis así déixao, que era como estaba antes de lle eu meter man.
Por certo, por se non o viches, fixen unha nova proposta para crear ligazóns a cabeceiras de lingua prescindindo de {{t^}}.
Saúdos. [ Furagaitas * ] 18:12, 23 de setembro de 2010 (UTC) Modificado, [ Furagaitas * ] 14:58, 24 de setembro de 2010 (UTC)
- Foi a mellor alternativa que atopei a deixalo con espazos só. No Wiktionary en francés usan outra solución que non me gustou moito. ¿A que te refires con "modelo inglés"? ¿a apéndices? [ Furagaitas * ] 14:58, 24 de setembro de 2010 (UTC)
- Co also inglés teriamos o mesmo problema que co voir francés. O problema é que ámbolos dous amosan as ligazóns vermellas, cousa que o noso homo non fai. Se queremos seguir como se fixo ata agora, para evitar a coma ó final só se me ocorre unha cousa como esta, o que daría un modelo moi pesado. Como che pinta a cousa? [ Furagaitas * ] 19:21, 28 de setembro de 2010 (UTC)
- Ola. Xa teño repensado o modelo {{homo}}. A falta de probalo, este é o resultado (require estes cambios en homo2). Non o dei simplificado máis. Que me dis? Dámoslle? E xa postos, ¿que deseño que gusta máis? ¿este ou estoutro? [ Furagaitas * ] 11:50, 21 de outubro de 2010 (UTC)
Rolda de correo
editarEu véxoo ben, por min vale. [ Furagaitas * ] 14:13, 11 de outubro de 2010 (UTC)
- Por certo, avisa cando estea listo. [ Furagaitas * ] 15:09, 11 de outubro de 2010 (UTC)
definiciónimpropia
editarSeguro que hai moitos artigos afectados por eliminarlle o "*" a ese modelo. ¿Ocórreseche algún xeito de amañalo? [ Furagaitas * ] 15:09, 11 de outubro de 2010 (UTC)
Títulos de locucións e expresións con partes variables
editarBravo, compañeiro. Non só estás a crear unha morea de artigos novos senón que te atreves a remexer nos temas máis tediosos do Galizionario, na maioría dos cales xa remexera eu e desistira. Ben, vaiamos por partes:
- de parte: eu prefiro de parte de, e se acaso xa se indicará dentro do artigo como se comporta cos pronomes persoais.
- de ... a esta parte: é das tres que propós a que menos me gusta. O de usar corchetes gústame (é algo no que xa pensara eu). De todas formas, aínda que estarán categorizadas en Locucións posiblemente sexa boa idea crear unha categoría auxiliar oculta por se algún día descubrimos que a opción que escollemos («[noción de tempo]» ou «[...]», a que máis che guste a ti, que eu estou indeciso) non é a máis adecuada.
- E por certo:
- os corchetes ¿só cando o termo que varía está no interior da locución? ¿Ou tamén «de parte de [alguén]»?
- ¿como se lematizaría «pola conta que [me/che/...] [ten/tiña/...]»? ¿«pola conta que [dativo do pronome persoal] [terceira persoa de ter]»?
[ Furagaitas * ] 21:42, 11 de outubro de 2010 (UTC)
- Si que é mala sorte ho. O de pórlle parénteses non me gusta tanto, ademais pode dar a entender que o que falta é opcional. ¿Que che parece se o deixamos cos puntos suspensivos de momento? Se máis adiante aparece outra solución máis convincente terémolos categorizados. Para que unha categoría sexa oculta só hai que engadirlle __HIDDENCAT__; mira por exemplo esta.
- En locucións nas que a parte variable non estea no interior (como en de parte de) inclínome por non facer referencia a dita parte no nome do artigo.
- E para o caso «pola conta que [me/che/...] [ten/tiña/...]» outras opcións viables poderían ser «pola conta que ... ten» ou «pola conta que ten [a alguén]», indicando en Observacións o que vai no espazo baleiro e os tempos nos que pode ir o verbo.
- [ Furagaitas * ] 11:49, 13 de outubro de 2010 (UTC)
Que che parece se...?
editarOe Gallaecio, levo algún tempo dándolle voltas e cada vez estou máis convencido de que es un bo candidato para a administración. Sei que tes fe no proxecto, e que o proxecto é merecedor de ter un administrador que se pase con certa frecuencia por aquí. Ademais, temos algún choio pendentes para un que poida. Que me dis? Encargaríame eu de facer campaña. [ Furagaitas * ] 16:51, 13 de outubro de 2010 (UTC)
- Tiña que intentalo :). Pareceume unha boa oportunidade para solucionar unha (desde o meu punto de vista) eiva do Galizionario. Co tempo vanse acumulando tarefas propias de administrador (adaptar a Páxina Principal a Vector, traballo con páxinas protexidas, importación de páxinas desde a Galipedia,...) sen que se saiba nada dos noutrora activos administradores. Ocórreseme que se podería convidar a algún dos administradores da Galipedia a que exercese tamén no Galizionario. Por exemplo Albert galiza, que ademais de ser un administrador e burócrata bastante activo na Galipedia, foi o promotor do noso Proxecto de Portada. Que che parece? [ Furagaitas * ] 16:22, 18 de outubro de 2010 (UTC)
- De cen en cen seguidos?? Vaia reto. Ánimo.
- A miña páxina de tarefas está para traballarmos todos, así que se queres pórte con algún tema en concreto, adiante. Avísame se o cres necesario, por se tivese eu algo feito xa offline, ou por borralo da lista,...
- A ver se un día desta semana fago a proposta de administrador. En principio será a Albert galiza. [ Furagaitas * ] 17:34, 18 de outubro de 2010 (UTC)
- Mira isto. Ti que dis? Comentámolo no Taboleiro dos administradores ou propomos a Albert galiza igual? [ Furagaitas * ] 18:08, 21 de outubro de 2010 (UTC)
- E se o fose para que te había querer de competidor? :) Non, non son. Propuxéramo unha vez Elvire, pero quedara en nada. E despois viñeron acusándome de que quería selo a toda costa, así que non debería aceptar ningunha proposta ó respecto :) [ Furagaitas * ] 20:21, 21 de outubro de 2010 (UTC)
- Mira isto. Ti que dis? Comentámolo no Taboleiro dos administradores ou propomos a Albert galiza igual? [ Furagaitas * ] 18:08, 21 de outubro de 2010 (UTC)
Problemas non creo que houbese, pero eu simplemente quero demostrar que aquelas acusacións son infundadas. Por iso debo rexeitar o posto. [ Furagaitas * ] 20:34, 21 de outubro de 2010 (UTC)
t^
editarMi ma! Vaia traballo estás a facer! Con cinco coma ti, nun mes superabamos o en.wikt :). Mira unha cousiña: a min tamén me parecían un incordio os interwikis de {{t^}} fóra da listaxe de traducións, polo que pensara nisto: {{es|gallego}} = [[gallego#Castelán|gallego]]; {{Es|gallego}} = [[gallego#Castelán|Gallego]]. Non só aforraría caracteres, senón que sería máis intuitivo (sobre todo pensando nos noveis). ¿Que che parece? [ Furagaitas * ] 15:39, 19 de outubro de 2010 (UTC)
- Non é mala idea a túa. De todas formas os modelos de lingua xa están creados, simplemente consistiría en reutilizalos. O modelo {{t^}} (ou {{l}} / {{L}}) son menos intuitivos, complican a lectura do artigo á hora de editalo, e non estariamos libres (igual que cos modelos de lingua) que ter sempre actualizados os modelos {{nomelingua}} e {{nomelingua2}}. [ Furagaitas * ] 16:08, 19 de outubro de 2010 (UTC)
- Boas. ¿Eliminaches todos os casos de {{t^||xxxxx}}? Igual era ben deixar de tomar o galego por defecto nese modelo. Incluso se podería crear unha categoría oculta para páxinas con modelos mal usados ou sen código de lingua recoñecible. [ Furagaitas * ] 16:36, 20 de novembro de 2010 (UTC)
Campos invisibles
editarIgual ó que os puxo como están agora interesáballe que se visen, pero eu non teño inconveniente en facer o que propós. Encárgaste ti? Recorda que hai varios modelos de etimoloxía, e a ver se se pode facer con -son-. [ Furagaitas * ] 15:27, 20 de outubro de 2010 (UTC)
- Ok. Mañá espero ter máis tempo que estes días e a ver se miro que tal quedou. Tamén che quero presentar o novo homo e falar con Alberte. Lémonos. [ Furagaitas * ] 16:49, 20 de outubro de 2010 (UTC)
- Aínda non che dixen nada; gústame moito como quedou o choio este. Estaría ben que se puidesen categorizar por lingua (Entradas en galego sen etimoloxía, Entradas en inglés con son,...). Non sei se sería mellor con modelos independentes (p.ex. {{etim.gl}}) ou cun novo parámetro ({{pronuncia}} e {{son}} xa teñen segundos parámetros, o que quizá complique a cousa). Tamén estaría ben un modelo {{son}} que permita reproducir, como o do Wiktionary en inglés ou en francés. Que che parecen as ideas? De gustarche, interesaríache facelo a ti? [ Furagaitas * ] 22:32, 29 de outubro de 2010 (UTC)
- É sorprendente como chegamos ás mesmas conclusións :). Concordo en todo o que dixeches (agás no nome predeterminado que se lle poñería a {{son}}, que non sería {{UCFIRST|lingua}}-{{PAGENAME}}.ogg senón <codigo de lingua>-{{PAGENAME}}.ogg, xa que coa minúscula penso que funciona igual). Eu non pensaba en cambiar todo o feito (sempre pretendo que cando se fagan cambios nos modelos os historiais das páxinas sufran as mínimas alteracións posibles); é dicir, creo que o novo parámetro debería ir a continuación dos xa existentes (deste xeito, o {{son}} máis sinxelo sería do tipo {{son|||gl}}, o cal non me gusta moito). Pero tampouco me convence crear un modelo para cada lingua (cos modelos de lingua tíñao máis claro); nese momento temos entradas en 102 linguas, o que nos daría 306 modelos para o que hoxe facemos (ou algo parecido) con 3 modelos. Estou nun dilema. ¿Que dis? ¿Farémolo poñendo un novo parámetro ó final?
- Outra cousa: non sei se é o mellor, pero o {{audio}} do en.wikt (o modelo que reproduce o son) é creo que é perfectamente compatible co noso {{son}}.
- E outra cousa máis: xa presentei en Meta a petición para outorgarlle a Albert galiza o status. Así que a esperar :)
- [ Furagaitas * ] 14:56, 30 de outubro de 2010 (UTC)
- E eu case propoñía tamén probar a ver como queda quitándolles ou ben o punto de lista ("*", e quizá poñerlles unha tabulación ":") ou ben a icona. [ Furagaitas * ] 15:24, 30 de outubro de 2010 (UTC)
A aparecia actual non me desagrada nada, o malo é cando se desprega verticalmente (en "Máis..."). Poñer 3 sons nunha mesma liña pode ser conflitivo (polo ancho da pantalla). Polo que vexo non categorizas por lingua cando non hai son. E penso que non funciona cos arquivos de son locais (como Ficheiro:Marzo.ogg). Polo demais... noraboa, traballo costoucho :). Non sei se o que usan no fr.wikt sería aplicable aquí. Parece máis atractivo visualmente.
Bueno, eu tamén teño que saír. A ver se me podo conectar algo a fin de semana para darche ánimos ;). [ Furagaitas * ] 17:00, 30 de outubro de 2010 (UTC)
- Boas. Non sei se foi preferencia persoal túa, limitación á hora de aplicar o modelo, ou máis probablemente un malentendido. Cando dicía que a aparencia actual non me desagrada referíame á aparencia que nese momento tiña {{son-probas}}; preferiría que o ficheiro se puidese reproducir na páxina do artigo, aínda que se o deseño actual de {{son-probas}} foi por preferencia persoal, pois nada, deixámolo como queiras. Eu estaba pensando en algo así (só a aparencia), idea que pode ser facilmente mellorable.
- Sobre o do código de país é complicado, xa que, por exemplo, para pronuncias de París teño visto usar varios guións, etc. Pero bueno, pode ser útil.
- Sobre o modelo francés, non me refería a fr:Modèle:audio, senón á visualización que ten o reprodutor de audio nese wiktionary.
- E nada máis polo momento, estes días ando liado, a ver se podo parar un pouco máis mañá e dou a miña opinión sobre o que expuxeches na Taberna. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 16:39, 1 de novembro de 2010 (UTC)
- Gústame como quedou. Se queres aplicámolo e seguimos cos outros. Ademais, estaba pensando nun novo apartado para sumar ós tres existentes, destinado ós homofonos; penso que entre eles é onde mellor encaixaría. [ Furagaitas * ] 12:04, 3 de novembro de 2010 (UTC)
- Polo que queiras. Se queres crea ti o {{homofonos}}. Penso que non paga a pena liarse moito con el, xa que non haberá moitas entradas con homófonos (polo tanto non creo que faga falta nin que estean categorizadas nin que o leven todos os artigos). Supoño que cun modelo similar a {{sin}} teremos abondo.
- Ó final vas ter razón ti. A {{son}} faille falta un {{UCFIRST}} (os ficheiros locais non funcionan con {{PAGENAME}}; proba en marzo).
- Aproveito para ensinarche isto. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 16:11, 4 de novembro de 2010 (UTC)
- O modelo {{homofonos}} está ben, pero boto en falta dúas cousas para igualalo cos outros 3 modelos: unha icona e un salto de liña.
- Respecto os ficheiros de son, non che sei como se fai, faino como mellor saibas e poidas. [ Furagaitas * ] 15:33, 5 de novembro de 2010 (UTC)
Só dous detalles (¡que repugnante son!): que che parece se lle poñemos un punto de lista a {{son}} e eliminamos o segundo parámetro de {{pronuncia}} para poñer nel o código de lingua? [ Furagaitas * ] 16:47, 6 de novembro de 2010 (UTC)
- Entendo que o que propós é mover o código de lingua para o segundo parámetro e o de código de trascripción para o terceiro. Pois si, boa idea. Non creo que haxa ningún {{pronuncia}} con segundo ou terceiro parámetro (agás os que creases ti estes días), pero se o podes comprobar co bot, mellor aínda. [ Furagaitas * ] 17:05, 8 de novembro de 2010 (UTC)
- Queda corrixido, no modelo e en todos os artigos categorizados por lingua; agora o segundo parámetro é o código de lingua e o terceiro o sistema de trascrición. [ Furagaitas * ] 22:35, 15 de novembro de 2010 (UTC)
ana/ANA/ANA
editarPrezado Gallaecio. O problema que tiven coa sigla ANA é que, en procurar, ao poñer ANA saíame ana. Quixen arranxalo poñendo ANA con caracteres non wiki, pero non fun capaz (de aí que saíse o ANA coas comas).
Evidentemente, son un novato, e aínda non sei usar o lixo. Supoño que será un aviso de que se elimine o artigo. Abusando da túa amabilidade, ¿poderiasme dicir como podo poner ANA, en maiúsculas, en Procurar?
Grazas polas túas observacións--Xoio 15:32, 23 de outubro de 2010 (UTC)s.
- Moitas grazas, Gallaecio, pola túa axuda. Ti e máis o Furagaitas sodes la leche.----Xoio
Corribot
editarGraciñas pola confianza e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 07:39, 25 de outubro de 2010 (UTC)
- Outra cousa, acabo de ver o teu ficheiro user-fixes de Shyde e quería comentar que ese é tamén o ficheiro que publiquei eu do Corribot, chámolle código incorrectamente porque é o que realmente traballa... E unha pregunta, vin que no teu user-fixes só sustitúes modelos, entón ¿fas a chamada usando o parámetro transclude?. É que eu son bastante novato con isto dos bots e hai moitas cousas que non controlo, o código que teño é adaptado dun bot de corrección ortográfica que se lanza con -start e así busca en tódalas páxinas co cal tarda moitísimo, preguntei en wp:es cómo facer e dixéronme que usara o parámetro transclude para sustituir modelos, ¿é así como executas o teu bot?. Graciñas e saúdos de novo, --Elisardojm (conversa) 08:08, 25 de outubro de 2010 (UTC)
- Vale, pois moitas grazas pola información xa que eu estaba a facelo dentro da liña de comandos e así era demasiado pataqueiro. E tamén moitas grazas por publicar o teu user-fixes xa que me aclarou algúns detalles que non controlaba. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:52, 25 de outubro de 2010 (UTC)
Shyde
editarOla Gallaecio. Mi ma! Canto estás currando. Mira unha cousa, sobre o que ves de engadir á lista de tarefas pendentes de Shyde: {{-nome-}} igual era ben substituílo manualmente, xa que levo atopado bastantes entradas incorrectas que levan ese modelo (do tipo encerellamiento). E o modelo {{topon}} non se pode substituír polo modelo {{-topon-}}; teñen funcións diferentes. [ Furagaitas * ] 11:35, 26 de outubro de 2010 (UTC)
Notas
editarNotas
editarMoitas grazas pola túa suxestión que, por outro lado, xa andaba eu matinando no asunto porque, evidentemente, un dicionario é un dicionario, e unha enciclopedia, unha enciclopedia, e xa me din de conta de que, nalgunas definicións, estaba enrollándome demasiado e que, sobre todo moitas das Notas, sobraban e acaerían mellor na Galipedia. Relamente, estaba agardando a que algún dos meus queridos inspectores me dixerades algo ao respecto. O problema que teño (e que tentarei de solucionar, é que algunhas próximas definicións (con notas ou sen elas) seguramente non teñan entrada na Galipedia, polo que me verei forzado a facelas, o que non é nada doado (só fixen unha, hai xa anos, cando aínda non sabía do wikidicionario, e que, por certo, os sucesivos editores melloraron moitísimo).
E xa que estou aquí, unha pregunta. Podo copiar ilustracións da Galipedia, como fixen en abelá e enabeleira? Ou hai algún problema legal o coas normas da Wiki?
Grazas. --Xoio 17:43, 1 de novembro de 2010 (UTC)
embarrancar
editarOla Gallaecio. Non concordo contigo neste embarrancar (ni con embarrancado, nin coa supresón de abarrancamento).
Segundo se pode ver no DRAG, este verbo ten dous significados: como intransitivo, "Quedar detida [unha embarcación]..." e, como transitivo, "Facer que [unha embarcación]...". Estes significados están tamén recollidos nos novos dicionarios grandes. Nada que ver, por tanto, co xeolóxico facer barrancos.
Eu metín abarrancamento ( abarrancado e abrrancar) no sentido, aínda que moi restrinxido, que lle da o Gran Xerais do 2009:
ABARRANCAMENTO (...) s. m. [En estratigrafía] formación que se deposita nois barrancos ou vales doutra formación. etim. de a- e barranco.
Un saúdo --Xoio 20:38, 2 de novembro de 2010 (UTC)
Termos relacionados e conversa
editar- Moitas grazas pola aclaración. E desculpa polo de non contestar na pácina do usuario correspondente, e non na miña. Aínda non estou afeito a este procedemento, pero todo se andará. Teño tendencia a contestar de inmediato xa onde veo o comentario. Grazas e desculpas. --Xoio 15:29, 6 de novembro de 2010 (UTC)
Conversas
editarO das conversas nos proxectos Wikimedia sempre foi bastante un pouco “un cristo”. O método que se segue é comentar as cousas a un usuario na páxina de conversa, que ese usuario te responda na túa, e que ti lle respondas de novo na súa. A conversa queda así repartida entre as páxinas de conversa de cada usuario, pero é o que hai. Sempre podes usar a Wiktionary:Taberna se é un asunto xeral, ou mesmo a rolda de correo que se liga dende a Taberna. ─ GallaecioE logo? 15:39, 6 de novembro de 2010 (UTC)
- Xa me estou dando de conta que, non só iso, senón case todo o da Wikimedia, para min, que, a pesar da miña loxeva idade, son un novato nisto, pero, como me dixo un día o Antón Santamarina, cando lle falaba das dificultades e dúbidas que tiña na redacción do meu inconcluso dicionario, que non me preocupara porque, como din na súa terra "a capar apréndese cortando collois".
- Canto a Taberna, que xa estou desexando estreala (e a ver se dan bo viño), estou matinando en propor un debate sobre as vacilacións e, sobre todo, contradicións internas coas propias normas, que aparecen no VOLGa e mais do dicionario da RAG, especialmete centrada na adaptación de cultismos gracolatinos nas voces científicas. --Xoio 15:54, 6 de novembro de 2010 (UTC)
abeluria e dixital
editarOla. Poderíasme contestar a dúas preguntas?
1. Por que inclúes a definición da planta Digitalis purpurea tanto na entrada abeluria coma en dixital? (non mirei aínda numerosísimos sinónimos que ten esta planta, para ver se tamén repetichas a súa definición neles). Non cres que é un desperdicio de espazo? En casos coma este, ou como en escrofularia, ou saponaria, que teñen mloitos nomes vulgares en todos os idiomas europeos, o recomendado polos expertos en nomenclatura biolóxica en linguas vulgares (e polo sentido común) é escoller como nome oficial o cultismo tirado do xénero (Digitalis, Scfrophularia, Saponaria) que, ademais, normalmente son sinónimos empregados na fala viva. E isto non o din só os botánicos e os zoólogos, senón, no caso de dixital, filólogos como Constantino García nun dos artigos que publicaba na Voz de Galicia e que despois recompilou nuns libriños, como Cousas da lingua, Recantos da lingua, etc. (por non autocitarme, que está feo).
2. Por que cambiaches a definición de Hypericum perforatum da entrada abeloura á de abeluria? Hai algunha razón, que eu non saiba, para facer iso? Hai feito algún traballo de campo para comprobar que a voz abeluria estea máis estendida ca abeloura? Ou algún estudo que demostre que o primeiro termo é máis próximo á etimoloxía (que eu descoñezo) có segundo?
Familiar
editarOla! Normalmente estábanse categorizando as palabras en Categoría:Coloquial en vez de en Categoría:Familiar (por iso aínda non existía). ¿Cres realmente que fai falta unha categoría diferente? [ Furagaitas * ] 12:23, 9 de novembro de 2010 (UTC)
Cadro despregable
editarChámame pesado se queres, que o merezo. Mira que te voy a dicir... Coméntocho a ti por que creo que es de todos os que andamos agora por aquí o que máis controla. Tiña pendente o do cadro despregable para as traducións e o que xurdise. O que temos agora ({{1}}, que usa toccolours collapsible) é feo e incómodo de c******; probárase a presentalo doutro xeito pero daba problemas de colocación con certos navegadores. Non hai moito atopei outro (collapsible) que non me deu problemas de colocación, pero si algún problema á hora de facer columnas dentro. Seguro que este problema ten fácil solución, pero agora que temos administrador lémbrome doutra vella opción, NavFrame, e aquí é onde entras ti. A idea é que imitemos (polo menos en certas cousas) os cadros despregables do Wiktionary en inglés. En concreto, as características que me gustan desas caixas son a capacidade de contraer e expandir ó premer en calquera parte da barra de título, e a posibilidade de ter sempre contraídas ou expandidas as caixas a través dunha opción no menú vertical da esquerda.
A miña intención é que, se che gusta a proposta, investiguemos que nos fai falta, que hai que modificar, para non deixarlle demasiado traballo ó administrador. ¿Que che parece? [ Furagaitas * ] 22:13, 9 de novembro de 2010 (UTC)
- Sempre podemos preguntarlle a outra xente. Dáme algo de medo modificar eses artigos sen saber ben o que se fai. [ Furagaitas * ] 23:38, 9 de novembro de 2010 (UTC)
Chaleco
editarBoas, sobre o chaleco antibalas..., no VOLGA non aparece antibalas, pero si aparece bala, e no dicionario da RAG (online), aparece bala coa acepción de proxectil, así que eu penso que tamén será correcto dicir chaleco antibalas, ¿non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:41, 10 de novembro de 2010 (UTC)
- Acabo de atopar que no VOLGA si buscas por anti* dache tódalas palabras que comezan por ese prefixo e de primeiro sae: Entrada: anti-, Categoría: pref(prefixo), Nota: lat 'contra'. ¿Agora si? :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:58, 11 de novembro de 2010 (UTC)
- Vale, moi ben, entón quedará para cando esté máis claro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17:58, 11 de novembro de 2010 (UTC)
E agora, que fago co bot?
editarEra para dicirche que como eu non controlo nada do que hai eiqui, si queres podías comentarme algún traballiño dos que teñas pensado facer ti ou dos de Furagaitas (pero un pouco máis explicado porque non os pillo todos), e así vou aprendendo un pouco e de paso quítoche a ti choio e organizamos un pouco o traballo. Pero as cousas que sexan doadas e a ser posible explicadiñas coma se fose un neno de 6 anos... :). Si che parece ben, si non irei revisando erros ortográficos, que é o que sei facer, e tentarei pouco a pouco ir facendo outras cousas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:59, 10 de novembro de 2010 (UTC)
- Moi ben, estou dacordo contigo en todo, irei facendo as tarefas que poda e xa che avisarei cando vaia rematando algo ou si teño algún problema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:58, 11 de novembro de 2010 (UTC)
Traducións e Shyde
editarOla. Olla as traducións de xuíz. Parece que non deu o resultado esperado. [ Furagaitas * ] 19:55, 24 de novembro de 2010 (UTC)
xuntar ou borrar?
editarBoas compañeiro. Coas páxinas marcadas para xuntar preténdese combinar os historiais, non simplemente levar a información dunha para a outra. Con isto consérvanse as edicións válidas dos outros compañeiros. De feito, comenteillo a Alberte para que o fixese. Se as marcamos para borrar posiblemente nunca se cheguen a xuntar. [ Furagaitas * ] 01:06, 29 de novembro de 2010 (UTC)
Información nas definicións
editarBoas! En relación ós dous xeitos que estamos a empregar para presentar os exemplos e a sinonimia dentro das definicións, con "#:" ou con "#*", aínda que nun principio prefería a primeira, agora parece máis recomendable utilizar a segunda para que funcione a opción de visibilidade que espero presentar antes de que remate o ano. Un saúdo! [ Furagaitas * ] 01:08, 20 de decembro de 2010 (UTC)
- A idea é que toda a información que vaia entre unha definición e outra (exemplos, termos relacionados,...) se poida agochar. Para iso deben comezar por "#*". Podes ver como queda no Wiktionary en inglés (p. ex. en:stomach). [ Furagaitas * ] 13:31, 20 de decembro de 2010 (UTC)