nacionalsocialismo
Galego
- Etimoloxía: de nacional e socialismo.
nacionalsocialismo (sg: nacionalsocialismo; pl: nacionalsocialismos)
- (Historia) e (Política) O nacionalsocialismo (en alemán, Nationalsozialismus), comunmente acurtado como nazismo, foi a ideoloxía de extrema dereita do réxime que gobernou Alemaña de 1933 a 1945, coa chegada o poder do Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán dos Traballadores (Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, ou NSDAP) de Adolf Hitler. Hitler instituíu unha ditadura, no autoproclamado Terceiro Reich. O nazismo é unha forma de fascismo, que mostrou un rexetiamento ideolóxico cara ao marxismo, á democracia liberal a ao sistema parlamentario e tamén incorporou un fervente antisemitismo (que ocasionou o holocausto), o racismo científico e a eugenexia no seu credo, e o seu nacionalismo extremo, proviñente do panxermanismo polo que o III Reich anexionou Austria a partir do chamado Anschluss, así como a zona dos Sudetes, Memel e Danzig (onde había poboación alemá). Durante a Segunda Guerra Mundial (II GM), os nazis ocuparon terras en Polonia, Francia, Checoslovaquia, Hungría, os Países Baixos, Dinamarca e Noruega. A Alemaña deste período coñécese como a «Alemaña nazi». O nacionalsocialismo caeu ao perder Alemaña a II GM, pero pouco despois xurdiron en moitos países movementos neonazis.
- Exemplo: Unha terríbel cosecuecuencia do nacionalsocialismo foi o holacusto dos xudeus.
.
- Exemplo: Unha terríbel cosecuecuencia do nacionalsocialismo foi o holacusto dos xudeus.