rocha volcánica
(Redirixido dende rocha efusiva)
Galego
- Pronuncia: /ˈrɔt͡ʃa̝ bolˈkanika̝/ (AFI)
rocha volcánica (sg: rocha volcánica; pl: rochas volcánicas)
- (Petroloxía) Rocha magmática ou ígnea orixinada polo arrefriamento moi rápido do magma, expulsado polos volcáns á superficie da Terra, polo que a rocha non ten tempo de formar cristais, e aparece como unha masa sólida amorfa (o chamado vidro volcánico), que ten textura vítrea ou, se polo contrario, o arrefriamento se produce en dúas etapas (por exemplo, primeiro lentamente no interior da caldeira do volcán, e despois, o resto, rapidamente cando a lava sae ao exterior), aparecerá unha masa vítrea ou microcistalina (formada por microscistais ou micrólitos), na que destacan grandes cristais regulares, denominados fenocristais e, neste caso, temos unha textura porfírica.
- Exemplo: A rocha volcánica máis abundante é o basalto.
- Exemplo: A rocha volcánica máis abundante é o basalto.