accesorio
(Redirixido dende nervio accesorio)
Galego
- Etimoloxía: do latín científico accēsorius, e este do latín accēdere (de ăd, a e cĕdere andar, chegar).
- Pronuncia: [ak.θeˈsɔ.ɾjʊ] (AFI)
accesorio (ms: accesorio; mpl: accesorios; fs: accesoria; fpl: accesorias)
- Que completa ou acompaña a unha cousa principal ou que depende dela.
- Exemplo: Ser, é advogado, pero tamén se dedica a outras actividades accesorias.
- Exemplo: Ser, é advogado, pero tamén se dedica a outras actividades accesorias.
- (Anatomía) Que ten unha importancia secundaria, ou que acompaña ou é satélite dun órgano ou estrutura máis importante. (Dise especialmente do vaso (arteria ou vea), conduto ou nervio).
- Exemplo: O nervio accesorio do safeno externo.
- Exemplo: O nervio accesorio do safeno externo.
- (Bioloxía) Que realiza un acto non principal, pero axuda ao desenvolvemento dunha función. (Dise do ógano).
- Exemplo: As glándulas nectaríferas son glándulas accesorias no proceso da polinización, porque atraen os insectos ás flores.
- Exemplo: As glándulas nectaríferas son glándulas accesorias no proceso da polinización, porque atraen os insectos ás flores.
- (Petrografía) Que se atopa de maneira accidental nunha rocha, e en proporcións máis ou menos grandes nunha rocha, sen por iso afectar ás características da mesma. (Dise do mineral).
- Exemplo: O granito ten numerosos minerais accesorios.
- Exemplo: O granito ten numerosos minerais accesorios.
Véxase tamén
accesorio (sg: accesorio; pl: accesorios)
- Peza que, sen formar parte dunha máquina ou instrumento, serve para completar ou mellorar o seu funcionamento.
- Exemplo: O coche non está mal, pero precisa varios accesorios.
- Exemplo: O coche non está mal, pero precisa varios accesorios.
- (Anatomía) Cada un dos dous nervios do XI par cranial, motores, que se orixinan no bulbo raquídeo e na medula, e que se anastomosan cos dous primeiros cervicais e co vago e que dan dúas ramas, interna e externa, a primeira que se fusiona co vago, inervando a segunda os músculos esternocleidomastoideo e trapecio.
- Exemplo: Ten os nervios accesorios danados.
- Sinónimos: accesorius.
- Exemplo: Ten os nervios accesorios danados.