xema
Grafías semellantes: Xema |
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués gema, do latín gemma.
- Pronuncia: /ˈʃema̝/ (AFI)
xema (sg: xema; pl: xemas)
- (Xeoloxía) Mineral, rocha ou material petrificado que se usa na xoiaría, tras ser cortado e puído.
- (Botánica) Vulto que botan as plantas de onde sae unha nova póla, unha folla, unha flor e logo un froito.
- Masa de carne de forma arredondada que teñen as puntas dos dedos pola parte oposta á unlla.
- Parte central dun ovo.
- Sinónimos: xema de ovo.
- (Alimentación) Doce elaborado con xemas de ovo cocidas nun almibre.