terzo
Galego
terzo (sg: terzo; pl: terzos)
numeral
- Parte que equivale á división dun todo en tres porcións iguais. (sinónimo: terceiro).
- Exemplo: Solicitou un terzo das ganancias
.
- Exemplo: Solicitou un terzo das ganancias
- Cada unha das tres partes iguais en que se divide un todo.
- Exemplo: O primeiro terzo do ano. Un terzo do soldo gástao na vivenda
.
- Exemplo: O primeiro terzo do ano. Un terzo do soldo gástao na vivenda
- Tipo de arrendamento de terras segundo o cal, nalgúns lugares, unha parte da colleita lle correspondía ao arrendatario e dúas ao dono, e, noutros, de catro partes, tres eran para quen s traballaba e unha para o dono.
- Exemplo: Arrendar ao terzo
.
- Exemplo: Arrendar ao terzo
- Viga paralela ao cumio.
- Exemplo: Botar os terzos
.
- Exemplo: Botar os terzos
- (Exército) Rexemento da infantaría española dos séculos XVI e XVII.
- Exemplo: Os terzos de Flandres
.
- Exemplo: Os terzos de Flandres
- Cada unha das tres partes que se consideran na altura dun cabalo.
- Exemplo: A primeira parte vai desde o casco ao xeonllo, a segunda, até o encontro e a terceira até a cruz
.
- Exemplo: A primeira parte vai desde o casco ao xeonllo, a segunda, até o encontro e a terceira até a cruz
- Cada un dos tres períodos que se consideran na carreira do cabalo.
- Exemplo: As partes da carreira do cabalo son: arrincar, correr e parar
.
- Exemplo: As partes da carreira do cabalo son: arrincar, correr e parar
- (Relixión) Cada unha das tres partes en que se divide o rosario.
- Fardo de tabaco en rama que pesa aproximadamente un quintal.
- Garrafa de cervexa cun terzo de litro de capacidade.
- (Pesca) Asociación dos mariñeiros e dos propietarios de barcos e redes dun porto, agrupados para o exercicio da pesca.
- (Exército) Cada un dos antigos batallóns ou corpos de tropas que gornecían as galeras.
- Exemplo: Os terzos do Reino de Aragón a finais da Idade Media dominaban o Mediterráneo
.
- Exemplo: Os terzos do Reino de Aragón a finais da Idade Media dominaban o Mediterráneo
- (Exército) Certos corpos ou batallóns de infantería nos exércitos modernos.
- Exemplo: Os terzos de Regulares de Ceuta
.
- Exemplo: Os terzos de Regulares de Ceuta
- (Exército) Cada unha das divisións do instituto da Garda Civil.
- Exemplo: O terzoda Garda Civil de Galicia está comandado por un xefe ou un xeneral
.
- Exemplo: O terzoda Garda Civil de Galicia está comandado por un xefe ou un xeneral
- (Exército) Rexemento de infantería española dos séculos XVI e XVII.
- Exemplo: Os terzos do século XVII eran herdeiros dos Terzos de Flandres
.
- Exemplo: Os terzos do século XVII eran herdeiros dos Terzos de Flandres
- (Tauromaquia) Cada unha das tres partes en que se considera dividida a lida de touros.
- Exemplo: O terzo de varas
.
- Exemplo: O terzo de varas
terza (sg: terza; pl: terzas)
- Dito dunha parte, que é unha das tres iguais en que se divide un todo.
- Exemplo: A terza parte
.
- Exemplo: A terza parte
- Tonel para o viño cunha capacidade entre douscentos e trescentos litros.
- Exemplo: Este ano fixemos catro terzas de branco
.
- Exemplo: Este ano fixemos catro terzas de branco
- Tonel pequeno para conservar algo.
- Exemplo: Unha terza de arenques
.
- Exemplo: Unha terza de arenques
- (Relixión) Hora canónica do oficio divino anterior á sexta.
- Exemplo: A terza rézase as nove da mañá
.
- Exemplo: A terza rézase as nove da mañá
- (Antigüidade) Na Antigüidade clásica segunda das catro partes iguais en que os romanos dividían o día.
- Exemplo: A terza abarcaba desde a media mañá ata o fin do mediodía
.
- Exemplo: A terza abarcaba desde a media mañá ata o fin do mediodía