Wiktionary:Taberna/Arquivo/Abril 2009
Páxina de tarefas pendentes
editarAcabo de crear a páxina de tarefas pendentes onde pór todas as tarefas que fai falta facer no Wikcionario.
--Rabalde 14:08, 14 Dec 2004 (UTC)
Galizionario, Galicionario, Wikcionario, Wikctionary
editarComo imos chamar ao Wikctionary? As propostas que teño visto son:
- Wiktionary: Demasiado inglés
- Galizionario: Coido que ven de Galiza+dicionario. O problema é que "zi" non existe en galego
- Galicionario: Mellor ca anterior. O problema é que non facemos referencia ao "Wiki" e coido que deberiamos.
- Wikcionario: "wiki" + "dicionario". Coido que é a mellor.
--Rabalde 10:28, 16 Dec 2004 (UTC)
Congratulations
editarCongratulations for having so many pages. Sorry for not speaking Galician. Good luck.--Youssefsan 18:24, 22 Dec 2004 (UTC)
Proposta: formas verbais, plurais, femininos,...
editar¿Sería unha loucura que cada variación posible dunha palabra (a súa forma en plural, en feminino -ou masculino-, unha forma verbal,...) tivese unha redirección á entrada no diccionario? Desta forma, 'andariades' tería un REDIRECT a 'andar', e unha persoa que descoñeza o noso idioma podería ler un texto en galego grazas ó Wiktionary con moita menor dificultade. De feito, se isto ocorrese para tódalas palabras, un bot sinxelo podería analizar a ortografía dunha páxina do dicionario ou da Galipedia tan só con comprobar se, para cada palabra, existe unha entrada do dicionario. (Por claros motivos de saturación e eficiencia isto só tería sentido unha vez cada moito tempo e/ou para os artigos novos ou con cambios). --IvanPerez 10:33, 2 Jan 2005 (UTC)
- Creo que en principio toda palabra galega tería sitio no dicionario, non temos os problemas de espacio dun dicionario convencional. Non sei se o REDIRECT é a mellor opción, ou se habería que facer un artigos para esas variacións: andariades, papeis, etc. pero todo se pode falar :). Anímote a participar, tamén, neste proxecto, IvanPerez e a expoñer opinións que amplien as nosas cativas ideas. Un saúdo.--Aricum 11:42, 2 Jan 2005 (UTC)
- Creo que o mellor sería que, como di Aricum, cada verba tivese un artigo. Así, no exemplo que pos, supoño que o mellor sería dicir que é esa palabra (número, persoa, etc.) e dicir de qué verbo (tendo éste unha ligazón). Así mesmo, habería artigos propios para ambas as dúas amábel e amable. --Gallaecio 19:11, 20 maio 2008 (UTC)
- Eu case era máis partidario da redirección para as formas flexionadas, pero hai algún inconveniente. Por exemplo, ¿a onde redireccionaría vimos?; tanto pode levar a vir como a ver, e grazas que (que eu saiba) non existe un substantivo vimo. Polo tanto precisaría un artigo á forza (todo isto sempre que estivésemos de acordo en recoller este tipo de entradas). Ademais, tendo artigo de seu poderíase (seguindo co exemplo das formas verbais flexionadas) especificar a etimoloxía, pronuncia,... A discusión podémola extender a formas derivadas (formas con prefixos ou con sufixos: canciño, amplamente,...) e tén certa relación cun tema que tratei en Sobre a norma e as entradas onde propuxen crear un apartado Variantes en cada artigo, no que recoller formas non estándar, formas derivadas,... De todas formas, e isto non quita que se tome unha decisión sobre esta cuestión, antes de poñernos a facer entradas de formas verbais conxugadas como loucos, penso que é conveniente que nos centremos noutros asuntos máis urxentes, como as páxinas marcadas para completar (7017 cando escribo isto), o léxico básico do galego (neste momento non existen artigos para palabras tan comúns como meu, onte, casa, ceo ou dicir, por poñer algún exemplo). Haberalle que ir dando pouco e pouco :) Furagaitas 11:54, 21 maio 2008 (UTC)
- Todo isto é confuso de máis. Para empezar, sería bo ter claro todos de qué estamos a falar: en catro intervencións utilízanse catro términos (variación, palabra, verba e forma flexionada). Así resulta difícil entendérmonos. Quero entender que "andar" é unha palabra (ou verba) e que "ando" ou "andei" son formas flexionadas ou variacións. E que a proposta inicial de Iván (¡de hai 3 anos e pico!) induce a crer que ata entón só se admitían as palabras en su forma simple (infinitivo, adxectivo masculino singular, substantivo masculino singular), é dicir, o que todos entendemos como entradas normais nun dicionario. Iván propón aumentar a tódalas variantes posibles (cunha redirección); Aricum semella estar de acordo, pero con reservas; e a Gallaecio non o entendo.
- Supoño que aínda estamos simplemente nun intercambio de opinións, non nunha votación, por iso quero deixar aquí a miña opinión contraria a esa loucura de dar entrada a tódalas variantes, flexións e variantes dialectais que poidamos atopar. Dicides que o Galizionario non ten o problema de espazo que afecta a un dicionario estándar en papel, pero segue sendo un dicionario e entendo que debe cumpri-las normas clásicas de calquera dicionario. Pode haber casos especiais (penso só nas variantes dialectais) onde a entrada podería estar xustificada, pero como redirección. Desde logo, nunca o entendería para femininos e plurais, diminutivos ou aumentativos nin para tempos verbais. Saúdos, Pedro --Lameiro 21:40, 8 setembro 2008 (UTC)
Tradución da Wikipedia/Wikcionario rematada
editarOla,
Acabo de rematar a tradución da Wikipedia/Wikcionario. Agora habería que verificar/corrixir a tradución das mensaxes do wikcinario e das mensaxes da wikipedia. Por favor, se modificades algunha mensaxe, avisádeme para poder manter semellantes as traducións do Wikcionario e da Wikipedia.
Saúdos, Roberto --Rabalde 09:54, 26 Xan 2005 (UTC)
Exemplos
editarGostaria de fazer umha chamada aos colaboradores sobre um tema em particular: os exemplos escolhidos para ilustrar umha entrada. Concretamente na página de fonologia. Alucinei por topar numha página de fonologia da língua galega o fonema da gheada, quando todos sabemos que, já nom em tempos imemoriais, senom agora, a gheada é um influxo directo do castelhano ou espanhol, nom algo próprio do galego.
Aliás, numha entrada topei umha palavra em castelhano tentando passar como galega. Deveríamos intentar evitar este tipo de eleições nos exemplos. Umha aperta.--Além 11:31, 15 Mai 2005 (UTC)
- Cales son as referencias que coñeces para indicar que a gheada é un castelanismo, non un fenómeno propio do galego. O de todos sabemos non é científico, se a palabra castelá está clasificada como galega hai que corrixilo, iso por suposto.--Rocastelo 13:44, 15 Mai 2005 (UTC)
- Chamar á gheada castelanismo é un erro habitual, pero en realidade é unha característica propia galega. O son da gheada é aspirado e suave e ainda que semellante, non é o mesmo que a "j" castelá. Hai teorías de que é sustrato prerromano. Ainda así, ainda pensando que fose unha influencia do castelán está tan extendido e utilizado dende hai xeracións que non se pode eliminar por causa dun asunto meramente político. 22:42, 1 Dec — O anterior comentario fíxoo 83.240.198.229 (disc. • contribs) ás 00:43, 2 decembro 2007
O galego é uma mistura de português com espanhol?
editarO galego é bem legível para um falante de português e me parece ser uma mistura de português com espanhol, entretanto, mais parecido com o português do que com o espanhol. O galego é mais parecido ainda com o portunhol, não é? — O anterior comentario fíxoo 200.175.17.39 (disc. • contribs) ás 01:30, 2 xullo 2005
Non. máis información — O anterior comentario fíxoo 80.28.27.26 (disc. • contribs) 17:15, 2 abril 2006
De cierta forma, sim. O galego é uma lingua latina, e todos los G del português son substituídos por el x. Como em páxina, axuda, Arxentina, rexistro... Mas dizer que se conoce galego por se conocer una de las linguas acima non é dereito. — O anterior comentario fíxoo 201.51.161.254 (disc. • contribs) ás 21:39, 18 xaneiro 2007
O galego é umha variante do galego-português que foi castelhanizada ao nom contar com umha variante escrita durante a etapa que vá desde a decadéncia das cantigas até o rejurdimento. Isto explica porque um galego nom pode comunicar-se de forma ajeitada com um português mas este pode face-lo sem maior dificuldade com um utente espanhol. — O anterior comentario fíxoo 85.60.76.106 (disc. • contribs) ás 16:57, 31 marzo 2007
Hum, eu non che estaria moi seguro deso, mais que nada penso que no periodo que o galego foi prohibido por Franco, esto fixo que che perdesemos un pouco da nosa lingua, pois non che puido ser enseñada na escola aos rapazes.
penso mellor que a lingua galega e unha variante dun antigo falar celta; "o ogam" que tubo unha distinta evolución a doutras, e que a influenza do Latin e o Español fixo que aixa parecidos que non son claros.
ainda que na mirma Galiza se che fale un Galego con distintas variandes,segun estemos no norte, ou no sur, a diferenci eche moi notble...
Pero canto a o pouco que eu che sei desto, eu penso que ven como decia dunha variante dunha lingua celta, pois che somos e fumos celtas dedne a noite dos tempos ata que chegaron os romans a nosa boa terra pra escarallar unha cultura de moitos seculos antes, vella de verdade... Deveres temosche de defendela a nosa cultura Celta... Saudiños compañeiros... Amizades. A nosa terra estache chea de lembrazas e morriñas e agarimosos acougos... (as.gaelic) — O anterior comentario fíxoo 62.203.114.90 (disc. • contribs) ás 04:24, 19 abril 2007
O modelo de etimoloxía
editar- A verdade é que os modelos (templates) que hai actualmente están bastante ben e son claros, mais eu detecto un pequeno problema: Por exemplo, mirade abdicar [1], tras poñer os significados, indico o étimo, e despois a conxugación e traducións. Queda ben, mais na táboa de contidos conxugación e traducións méteos como subapartados do étimo. Non sería mellor arranxar este pequeno problema? --Xoán Carlos Fraga 11:09, 25 decembro 2005 (UTC)
- Acabo de descubrir que o problema non ocorre se poñemos o étimo ao final, en último lugar. Mentres non haxa indicación contraria, fareino así, método tamén empregado nalgúns dicionarios.--Xoán Carlos Fraga 10:56, 27 decembro 2005 (UTC)
- Entón, esperemos un tempo a ver se alguén máis fai un comentario, logo podemos decidir cal é a mellor das solucións. Un cordial saúdo. --Prevert 11:49, 27 decembro 2005 (UTC)
- Ola, eu creo que o erro está en que etimoloxía é un título de nivel tres, ten tres ===, e conxugación é un título de nivel catro, ten ====, e polo tanto convértese en subnivel dun nivel superior. Se vos parece converto conxugación en nivel tres a ver como queda. Un saúdo.--Aricum 13:09, 27 decembro 2005 (UTC)
- De acordo Aricum, parece unha boa solución. Un cordial saúdo. --Prevert 13:43, 27 decembro 2005 (UTC)
Proposta de administrador para o Galizionario
editarPropoño a Xoán Carlos Fraga como administrador do Galizionario, na súa traxectoria na Galipedia pódese constatar un traballo exhaustivo e de calidade, o mesmo que está facendo aquí desde hai un tempo. Semella un colaborar moi valioso para o Galizionario e en cada edición demostra a súa capacidade para levar adiante esa responsabilidade con éxito. Un cordial saúdo. ----Prevert 14:20, 30 decembro 2005 (UTC)
- Voto a favor deste usuario preocupado en aumentar os fondos do Galizionario. Un saúdo. --Aricum 15:02, 30 decembro 2005 (UTC)
- A favor de Xoán Carlos Fraga como administrador:
- --Prevert 14:20, 30 decembro 2005 (UTC)
- --Aricum 15:02, 30 decembro 2005 (UTC)
- --Rocastelo 17:22, 30 decembro 2005 (UTC)
- --Xosé 19:51, 30 decembro 2005 (UTC)
- --Xelo2004 20:27, 30 decembro 2005 (UTC)
- --Xosel 15:47, 31 decembro 2005 (UTC)
- --Rabalde 12:58, 2 xaneiro 2006 (UTC)
- ----Agremon 12:28, 5 xaneiro 2006 (UTC)
- --Lmbuga 00:29, 7 xaneiro 2006 (UTC)
- --dannycas 21:52, 18 xaneiro 2006 (UTC)
- En contra de Xoán Carlos Fraga como administrador:
Con data 8 de xaneiro de 2006: Apróbase a elección de Xoán Carlos Fraga como administrador do Galizionario. --Prevert 12:50, 8 xaneiro 2006 (UTC)
Bot
editarDesculpem-me se escrevo em português. Do mesmo jeito que consigo ler em galego, espero que consigam compreender o que escrevo. Gostaria de pedir autorização para periodicamente executar um bot neste Wiktionary. Já tenho um no pt:Wiktionary e gostaria de por aqui contribuir principalmente com a manutenção dos interwikis e toda outra atividade que a comunidade vier me solicitar. Caso decidam não autorizar o meu bot, peço que alguém entre em contato comigo, para que eu partilhe o meu warnfile.log. A conta a ser marcada é a User:Zumg, que aqui assinará em seguida, para confirmar que eu que sou o proprietário da mesma. --555 04:10, 26 xaneiro 2006 (UTC)|--Zumg 04:11, 26 xaneiro 2006 (UTC)
Apéndice de latinismos
editarAcabo de crear na portada unha ligazón ó novo Wiktionary:Apéndice de Latinismos. Dispúñame a empezar a crear as páxinas correspondentes para cada un deles. Non sei ben como proceder por:
- O fundamental destes vocábulos non é a clase de palabra á que poderían ser adscritos, senón o feito de ser latinismos.
- Serían adscritos, ás veces con dificultade, a substantivos (accésit), adxectivos(sénior) adverbios (gratis), ¿locucións adverbiais,...?
- Non me convence como se presentan no Wiktionary español: es:ab initio
- Na Wiktionary inglés non se menciona a clase de palabra. A estrutura é a seguinte:
==English== ===Etymology=== Latin - "from the beginning" ===Phrase=== '''ab initio''' #{{law}} refers to the time from when a legal document comes into force.
Proposta:
En vez de referilos á lingua galega ({{-gl-}}), posto que teñen carácter internacional, referilos á lingua latina ({{-la-}}) e colocar logo un apartado con cando menos un exemplo en galego.--Lmbuga 13:46, 23 febreiro 2006 (UTC)
- A min paréceme ben esta proposta. --Xoán Carlos Fraga 21:19, 23 novembro 2006 (UTC)
New logo
editarHi! Discussion has been started regarding a new logo for Wiktionary on meta:; your contributions, comments and opinions would be more than welcome. =] Thanks! —Nightstallion (?) 16:02, 12 xuño 2006 (UTC)
Desde hai uns días está a votación Prebot nas peticións de aprobación de bots. Un cordial saúdo. --Prevert 19:57, 20 decembro 2006 (UTC)
Dereitos de autor
editarTeño unha longa colección de definicións sobre alimentos, procesos, hixiene alimentaria, tecnoloxía, ingredientes, etc., etc., relacionadas todas cos alimentos e a seguridade alimentaria, e que podo poñer á disposición do Galizionario. Todas elas están extraídas do DOGa, BOE e Regulamentos europeos. ¿Podo ir creando as súas respectivas entradas ou incluíndoas onde corresponda sen conflitos de dereitos de autor? ¿As normas legais teñen dereitos de autor? ¿Sería convinte remata-la definición coa referencia á norma legal da que procede, resumida? De proceder dunha norma en castelán (BOE, DOUE) supoño que o lóxico sería traducilas ó galego pero ¿sería violenta-la cita?
--83.57.227.146 16:19, 25 febreiro 2007 (UTC)
Sobre ola -saúdo- e ola -pota-
editar- Creei hai tempo a entrada ola -saúdo-, maia tamén hai a ola para cociñar (substantivo), e suponse que debería haber dúas entradas ao seren dúas palabras (ademais os interwikis van ser diferentes e non ten lóxica agrupar todo na mesma entrada). Mais non sei como se fai nestes casos.
Deixo aquí isto por se se aproveita.
Substantivo
editarTaberna/Arquivo/Abril 2009
- Recipiente usado para cociñar. SIN. Pota.
- Pucheiro.
- Cántara.
Que opinades? --Xoán Carlos Fraga 12:29, 26 xuño 2007 (UTC)
- O Wiktionary é diferente da Wikipedia inclúese todo na mesma entrada mesmo cando se trata de linguas distintas (exemplo: en:ola). Ademais o interwiki ten que apuntar ao mesmo vocábulo e non a tradución, iso quere dicir que o interwiki en realidade enlaza co mesmo termo. En canto aos sinónimos que se inclúen no contido diferencianse por números como podes ver neste exemplo fr:maison. Un cordial saúdo. --Prevert 13:26, 26 xuño 2007 (UTC)
Preparation of Fundraiser 2007
editarHi, this is just a first introduction message to tell you: there is more to come. I am dealing with the Project Management of the Fundraiser 2007 and therefore will search for contacts of wikimedians who can help us to do our tasks on all projects. I am actually also building the structure for the fundraiser on Meta. We will need people who help to design buttons, translate texts of buttons, documents, sitenotices etc. Should you feel you want to co-operate please let me know. You can reach me on my meta user page or by e-mail at scretella (at) wikimedia (dot) org. If you wish to notify us that you would like to co-operate on translations, it would be nice if you used e-mail and copied the e-mail to me and Aphaia (aphaia (at) gmail (dot) com). Thank you for your attention and I hope to meet you soon! Cheers :-) -- 4 September 2007 Sabine
Betawiki: better support for your language in MediaWiki
editarDear community. I am writing to you to promote a special wiki called Betawiki. This wiki facilitates the localisation (l10n) of the MediaWiki interface. You may have changed many messages here to use your language in the interface, but if you would log in to for example the English language Wiktionary, you would not be able to use the interface as well translated as here. Infact, of the 1798 messages in the core of MediaWiki, 611 messages have been translated. Betawiki also supports the translation of messages of about 80 extensions, with almost 1000 messages.
If you wish to contribute to better support of your language in MediaWiki, as well as for many MediaWiki extensions, please visit Betawiki, create an account and request translator priviledges. You can see the current status of localisation of your language on meta and do not forget to get in touch with others that may already be working on your language on Betawiki.
If you have any further questions, please let me know on my talk page on Betawiki. We will try and assist you as much as possible, for example by importing all messages from a local wiki for you to start with, if you so desire.
You can also find us on the Freenode IRC network in the channel #mediawiki-i18n where we would be happy to help you get started.
Thank you very much for your attention and I do hope to see some of you on Betawiki soon! Cheers! Siebrand@Betawiki 09:22, 28 setembro 2007 (UTC)
BanjoBot
editarComo non atopo ningunha sección para pedir as flags dos bots vouno facer aquí :D. Creei unha conta para User:BanjoBot, aínda tardarei algún tempo en poder poñelo a funcionar, pero ao creala xa pido o estatus de bot de antemán, máis que nada para non encher os cambios recentes en canto comece a poñelo en funcionamento. Un saúdo ----BaNjO tell me 13:32, 29 outubro 2007 (UTC)
cambios nos modelos de linguas
editarEstiven homoxeneizando os textos dos modelos de linguas. Agora van todos en minúscula, con ligazón (exista ou non), con --noeditsection-- e incluídos na categoría category:Wiktionary:Modelos de lingua. Síganse por favor as instrucións dadas en Wiktionary:Todos os modelos ó respecto. No modelo de lingua -es-, cambiei o epigrafe español por castelán e tamén o nome da categoría. Teño a idea de que é o máis habitual, así que o contrastei no TILG. Mesmo sendo español adxectivo para os estatalinos, hai menos ca castelán. No CORGa dá 4000 contra 1000. Estou aberto a toda suxestión, se é que ha lugar. Estiven tamén reordenando e mellor explicando Wiktionary:Todos os modelos. Creo que a orde agora é máis lóxica e vai pola súa aparición no artigo tipo. Quería engadir este texto, pero vós diredes:
- == Cuestión de concepto ==
- Lembra sempre que o Galizionario se estrutura en representacións de palabras gráficas, chamadas entradas, cabeceiras, encabezados, artigos, páxinas ou verbetes. Estas representacións dependen da lingua en cuestión. En galego e outras linguas románicas, unha palabra como "entrei" haberá que buscala en entrar porque o o infinitivo é o prototipo de verbo; no caso de substantivos con flexión e adxectivos, no masculino singular. Se fose outra lingua e tivese declinación, no nominativo; se fose semítica, na raíz trilítera; etc. Nada impide crear un páxina entrei, pero os esforzos na Galipedia céntranse normalmente nestas formas prototípicas. O lóxico sería que a páxina entrei ou entraría sexan unha redirección a entrar.
En realidade hai que aclarar moita terminoloxía, pero xa vou canso por hoxe. Sobreira (parlez) 20:05, 6 novembro 2007 (UTC) Por certo, que me dicides de poñerlle banderiñas (discretas) ós modelos de linguas (outros modelos teñen imaxes nos epígrafes). Poderían guiar ó lector. Outro punto: deberiamos chegar a un consenso sobre a orde na que se listan as traducións. Alfabética de códigos? Alfabética de linguas? Por distancia lingüística? Eu propoño a última pero aceptaría a segunda en todo caso (os códigos só os usan os especialistas e ademáis non son visibles no listado). Sobreira (parlez) 20:10, 6 novembro 2007 (UTC)
- Creei un novo modelo para insertar a flexión de xeito que quede nunha caixa aliñada á dereita, usa CVarN e CVarXN. Pode verse un exemplo aplicado cos modelos de categorías gramaticais en galego
- Deixei a miña opinión sobre as bandeiriñas aquí. A min a orde que máis me gusta para as traducións é a alfabética de lingua.Furagaitas 21:08, 12 novembro 2007 (UTC)
Entradas con maiúscula
editar¿Como credes que sería mellor para representar parabras que sempre comezan por maiúcula coincidentes con outras que non necesariamente teñen por que facelo? ¿nun mesmo artigo ou en dous? Eu penso que mellor nun só. Por exemplo: M (número romano), m (símbolo do metro), m/M (letra). Furagaitas 21:16, 12 novembro 2007 (UTC)
- Ola Furagaitas. En primeiro lugar grazas por colaborares connosco. En resposta á túa pregunta tes un exemplo con Carballo e carballo. Na cabeceira do artigo remite un ao outro. É un procedemento que tamén se segue noutros proxectos de Wiktionary (en:M, en:m). Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:56, 13 novembro 2007 (UTC)
Sobre Modelo:-es- y Modelo:-ca- y todos
editarLo siento no sé galego, porque soy català! Iba hablaros en ingles pero voy a ahcerlo en castellano para que todo el mudno lo entienda y pueda opinar si me contestaís en galego, intentaré entederlo pero no os lo aseguro que pueda... si teneís algun traductor galego-catalán... puede que os entienda mas de lo que entiendo.
Ahora voy a mi queja, aparte de que teneís 7.011 o así artículos incompletos?? Que encuentro una proporcion de casi la mitad sin tener una definición!! Y lo encuentor demasiado exagerado y creo que tendriaís qwue remediarlo y después deciros otra cuestión que es la que me lleba aki a la taberna. Las plantilla Modelo:-es- lleba incorporada la bandera española, y considero algo que no es neutral, ya que existen hablantes predominante y con más numero de ellos en grna parte de toda la america del sur, però también me molesta sobretodo que pongaís la bandera catalana o también concida como "senyera" que representa solo a Catalunya, y recuerdo que los hablantes del catalán hay predominantmente en "Catalunya, Andorra, Baleares, País Valencià, y también en la catalunya norte, la franja de poniente, el algeur y el carxe. Y frente a la imposibilidad de poner tantas banderas creo conveniente... su retiración. Porque el problema también aparece en Modelo:-en- que hay la bndera de Inglaterra y no te voy a contar la cantidad de lugares del mundo en que es oficial el inglés y me parece una flata de respeto hacia ellos. Y no es nada donde influya mis ideas nacionalistas, independeistas, ni imperialistas de ningun tipo, sinó ba´sicamente de repseot y neturalidad. Puede que el galego se concentre "segun mi concimiento en galicia" però en para los valencianos o Baleares, y os lo digo que soy catalán y si yuo llego acer eso... me slataría nencima de que soy un imperialista... en querer juntar todos enfrnete la bandera catalana, y eso no es relamente lo que quiero. Así que espero que comenten mi mensaje y decidan! Graxias por escucharme. -- Krls (administrador wikt:ca). o KRLS.
- Porque una bandera no identifica una lengua, solo a païses o territorios. Y hasta aveces hay banderas que no tnedrian que estar en algunos territorios porque no son los suyos propios. --Krls (administrador wikt:ca). o KRLS.
Tienes razón en el primero de los comentarios. Hai demasiadas entradas sin definir. Poco a poco vamos haciéndolas, pero el porcentaje baja sobre todo porque las nuevas entradas ya van con definición, no porque se la añadamos a las viejas. Es una de nuestras tareas pendientes, pero entenderás que no es cuestión de dos días, además de la corrección gramatical y técnica.
- Sobre el tema de las banderas, en realidad aún está en discusión y, de todas maneras, es fácil de arreglar porque todas están en Modelos. Si bien discrepo sobre ciertos aspectos:
- Para empezar, gallego se habla también en Asturias, León y Extremadura, y la bandera para el Modelo correspondiente no lleva las de estas comunidades. Y eso sin contar los defensores de la unidad de gallego y portugués.
- Respecto al Algherò, Guadiamar de Segura y la Franja de Aragón, es discutible. No voy a entrar en el tema del valenciano, pero no creo que la bandera sea cuestión de donde se hable. Sólo por número de hablantes, sería imprescindible para el gallego poner tambien la bandera de Argentina y México, y necesario para Cuba y Venezuela, Francia, Suíza y Alemania, e incluso Cataluña y el País Vasco. Cuando fui de vacaciones a la Hindia tenía una isoglosa de gallego rodeándome permanentemente. La idea fue de ubicar iconograficamente de manera instintiva (para cualquier hablante de cualquier lengua) un lugar, el prototípico de la lengua. Si lo quieres interpretar así, el lugar de donde nació cada lengua. Desde luego, creo que los gallegohablantes de Sudamérica tienen claro con que bandera se identifican.
- No somos el único wiccionario que usa banderas: las de los hablantes de italiano, húngaro, portugués, indonesio, etc. hacen lo propio. Pretender asumir que la imagen que acompaña a la palabra es su definición es como decir que un pie de foto es la representación de la misma: no siempre es así, y este es el caso. Bien es cierto que nuestra sensibilidad (ca-gl) es recíproca como lenguas periféricas y minorizadas dentro del estado, pero me da la impresión de que la susceptibilidad aquí es menor
: aunque nuestra comunidad es pequeña, no está inactiva y hasta ahora nadie había usado tu argumentaciónNo había leído esto. - Tengo la impresión también de que pocos aquí tienen ideas imperialistas. Nosotros estamos aquí por que queremos divulgar la cultura a unha humanidad sedienta de conocimiento, y amamos nuestra nuestra lengua, y nos gusta combinar las dos cosas. Ideas preconcebidas es posible (todos las tenemos), incluso contrarias a nuestros principios explícitos, pero creo que hablo por todos si digo que nadie pretende reclamar el colonialismo con el uso de las banderas. Seremos etnocéntricos, pero no malintencionados. La retirada es una opción, pero será algo para debatir sin presiones externas, independientemente de cualquier visión que se nos quiera imponer (logicamente dentro de unos límites, pero dentro de los cuales nos sentimos cómodos), exactamente igual que cuando decidimos que nos llamaríamos Galizionario.
- Opción alternativa es la de poner un GIF con banderas cambiantes, como ya vi para la lengua portuguesa en la pt.wiki (v. derecha), en la que por cierto están las Açores pero no Madeira. Pero para eso necesitamos a alguien que los sepa y quiera hacer.
- El modelo definitivo de entrada en la gl.wiki está por decidir, por lo que aún es buen momento para tener en cuenta tus comentarios.
Sobre todo, gracias por tu contribución: seguiremos con el tema poco a poco. Saludos cordiales. Sobreira (parlez) 22:34, 20 decembro 2007 (UTC)
- Siento mi ignorancia del territorio en que se hablaba el gallego, siento si os he ofendido.
- Yo ya sabeís no prntendo tener unas ideas imperialistas, pero como soy catalán y sale mi bandera como homogenia del catalán, pues me sabe mal por los hablantes. Y porque el origen real es incierto no sé si sería acertado. Eso creo que lo teneís que discutir entre vosotros... però tenia interés que se viera mi opinion sobre el asunto.--Krls (administrador wikt:ca). o KRLS. 09:57, 21 decembro 2007 (UTC)
Actualización da Portada
editarBoas a todos os galicionaristas! Creo que estaría ben actualizar o deseño da Portada, púxena en Usuario:Albert galiza/Proxecto de Portada. Estades convidados a modificar o que queirades para ir avanzando no deseño. Un saúdo. --Albert galiza 22:23, 6 decembro 2007 (UTC)
- Será da portada non? :D. En canto teña tempo bótolle un ollo e poñome a "roubar" ideas doutros wikicionarios :) --BaNjO tell me 22:57, 6 decembro 2007 (UTC)
Deixo ideas na páxina de conversa. Sobreira (parlez) 21:18, 20 decembro 2007 (UTC)
- O Proxecto de Portada agora está en Wiktionary:Proxecto de Portada. Por certo, corrixín o título desta sección da Taberna (Actualización da Taberna > Actualización da Portada). Furagaitas* 17:11, 30 xuño 2008 (UTC)
Actualización do logo
editarOla, hai anos propuxen o cambio de logo para o Galizionario, e por votación aprobouse o deseño do libro que aparece na esquina superior esquerda. Xa pasou algún tempo e quizais, estaría ben facer algún cambio nel, aproveitando que imos mudar a portada. Hai algún deseño interesante, como o do dicionario frances igual ao italiano, ou podemos propor outro distinto admítense proposta. Un saúdo. Aricum 17:39, 9 decembro 2007 (UTC)
- A min me gusta bastante o noso dicionario, aínda que o da francesa tamén está moi ben. --Albert galiza 20:16, 10 decembro 2007 (UTC)
- Na miña opinión o logo que temos está moi ben. O que si poderiamos facer é unha variación temporal para conmemorar o momento no que se acaden as 20.000 entradas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:38, 10 decembro 2007 (UTC)
O da dereita son ideas aproveitando a coincidencia de que 20.000 e o ano 2008 teñen as tres primeiras cifras iguais. Que calquera as aproveite e mellore. As cores e o fondo, a gusto do consumidor. O terceiro da esquerda evitaríao para que non pareza o símbolo %. Para o segundo da dereita fixen unha simetría vertical (eixo de simetría horizontal), porque se non o negro parecería un 3. O de abaixo de todo esta sen rematar pero tamén é outra idea. Pretendía facer un 8 e un símbolo de infinito entrelazados, como o do primeiro á esquerda pero con tódalas circunferencias do mesmo radio. --Botsobreira 04:14, 30 decembro 2007 (UTC)
Máis logos
editarAquí deixo algunha idea para o novo logo. Pensei en imaxes representativas da nosa lingua: as Cantigas, Sarmiento e Rosalía.
Furagaitas 18:55, 6 maio 2008 (UTC)
Opción de protección
editarUnha nova opción de protección está dispoñible para os administradores, trátase de protexer artigos borrados ou entradas que non existen. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:59, 16 xaneiro 2008 (UTC)
Wikipedia cumpre sete anos
editarO 15 de xaneiro de 2008 a Wikipedia en inglés —o xerme de todas as Wikipedias— cumpriu sete anos (ver unha listaxe coas datas de creación das Wikipedias). No momento de redactar esta mensaxe contén 2.176.075 artigos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:01, 16 xaneiro 2008 (UTC)
Recadación de fondos: más de 2 millóns de dólares
editarSegundo datos publicados na lista de correos da Fundación Wikimedia, recadaronse máis de 2 millóns de dólares na última campaña de recollida de fondos (07-08). Esa cantidade inclúe unha doazón de medio millón de dólares dun doador anónimo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:02, 16 xaneiro 2008 (UTC)
un par de dúbidas
editar- ¿como é o modelo para interxección?
- ¿como se indica que unha palabra ten categoría gramatical de substantivo e adxectivo? (exemplo: coitado)
Pedro --P Lameiro 22:58, 20 febreiro 2008 (UTC)
- usa Modelo:-interx- ; tes todos en Wiktionary:Lista de modelos
- Eu crearía dúas subentradas: unha para coitado substantivo, e outra para coitado adxectivo. É o mesmo caso que se fose poder substantivo e verbo, ou a artigo e preposición, nonsí? Sobreira (parlez) 21:00, 6 abril 2008 (UTC)
Modelos
editarPropoño cambiar os nomes de Wiktionary:Modelos e Wiktionary:Lista de todos os modelos de artigo. Só hai que ver o número de usuarios que ligan a un e a outro para ver cal é o máis importante. Ó segundo chamaríalle como o primeiro e ó primeiro chamaríalle Wiktionary:Modelos (resume). Agardarei unha semana a ver que dicides. --Botsobreira 22:56, 21 abril 2008 (UTC)
Sobre a norma e as entradas
editar(En resposta ás propostas feitas por User:Sobreira en Conversa:h)
- Sobre o primeiro punto: Estou de acordo en que o que o VOLG considere correcto debe aparecer no Galizionario como forma preferencial, pero o de redireccionar a elas penso que é algo moi delicado. Con isto, ademais de despreciar a riqueza (agora sería máis ben pobreza) dialectal do galego, non atendería a outras sensibilidades fóra da oficialista. Por outra banda, irmao (forma cunha gran extensión xeográfica e demográfica, pero aínda así non recolleita no VOLG) redireccionaría a irmán, ¿pero a onde redireccionarían fuñeiro ou fueiro? ¿A fungueiro?¿A fumeiro?¿A estadullo? Un principio de criterio para facer estas redireccións sería que a forma fose unha variante fonética de outra (á que redirecciona) e que haxa un amplo consenso en que a forma non debe ser normativa (por exemplo probe). Non redireccionaría tu por varios motivos (é a preferida polos reintegracionistas, tén unha grande extensión dialectal, os seus usuarios non a teñen por vulgarismo (ou eso creo), tén significado e etimoloxía diferentes á forma á que redireccionaría, ti). Xa digo que é un tema delicado, pero en casos evidentes non perdería de probalo.
- Propoño crear un apartado Variantes (ou Variantes minoritarias, Variantes non estándar, o adxectivo que máis guste) dentro de cada entrada, no que recoller todos os -ismos (variantes gráficas, arcaísmos, dialectalismos, castelanismos,...), formas presentes na fala ou na literatura de todos os tempos que por un ou outro motivo non deberían aparecer no apartado Sinónimos, que poden ter un artigo ou que nin sequera iso se creu conveniente.
- Sobre o segundo punto: Penso coma ti. Desde o meu punto de vista, nas entradas doutras linguas con que figure só a tradución ó galego é máis que suficiente. Iso si, con todos os matices que sexan precisos, non hai por que limitarse a poñer unha palabra equivalente.
- ¿Que vos parece a idea de crear un modelo { {traducion_ó_galego} } para estas entradas, coa mesma función que os modelos { {-def-} } e { {definicionimpropia} } nas entradas galegas?
- Sobre o terceiro punto: se a forma non tén que ir necesariamente con maiúscula (recordemos o caso dos substantivos alemáns) estou de acordo en poñer as ligazóns a outras entradas con minúscula. Eu ás veces o que fago é, por exemplo: [ [palabra|Palabra] ] (sobre todo nas definicións). Por outro lado, ¿que vantaxe tén repetir os modelos de lingua nas traducións? Non sei, non lle vexo utilidade. Ademais, non creo que se siga este camiño en ningún outro Wiktionary.
E por último outra proposta. Para evitar separar as diferentes acepcións dunha entrada, como acontece con couce, na que se repite varias veces a categoría gramatical (supostamente para poder intercalar as traducións e os sinónimos), propoño (so cando se crea necesario especificalo para cada definición) usar un modelo de traducións como o que usan nos Wictionary inglés e portugués a continuación de cada acepción (isto é, unha caixa despregable). Eu probeino nun deses Wictionaries, pero o problema é que reinicia a numeración das acepcións de cada vez. Se puidese ter varias pestanas nunha mesma fila (unha para traducións, outra para sinónimos, outra para observacións,...), mellor. Todo isto sen perder a opción de facelo de forma xeral despois das definicións como até o de agora, con { {-trad-} }, { {-sin-} }, etc.
Furagaitas 11:39, 2 maio 2008 (UTC)
- Non estou segura de entender todo o que falades, e por isto non opino. Hai veces que non fago cousas por non estar segura que corresponden, e non son quen vou fallar as regras da comunidade. Sen perder tempo a explicarme, pois non debedes esquecer en retirar unha edición miña si non é conforme, cando edito é de boa fé, sen intencíon de dañar. Saudos Elvire 19:16, 7 maio 2008 (UTC)
Portada
editarJá repararam que não têm Portada? Eu procurava a Village Pump e resolvi escrever nesta página. Malafaya 10:08, 15 maio 2008 (UTC)
- Ah, fica na Páxina Principal, mas no menu "Navegación" à esquerda, o link é "Portada". Malafaya 10:10, 15 maio 2008 (UTC)
- Eu tamén reparei niso, e non debe haber moito tempo que está así. O link "Portada" debería levar á Páxina Principal, e Portal da comunidade debería levar á Taberna. O resto das ligazóns non recordo como estaban antes. Furagaitas 11:34, 15 maio 2008 (UTC)
Corrixido. Grazas polo aviso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:36, 15 maio 2008 (UTC)
Páxina Principal
editarFixen unha mudanza rápida e provisoria da portada con elementos do Proxecto de Portada, da Galipedia e da versión en inglés do Wiktionary para organizar os contidos e a presentación mentres non se deseña unha nova portada. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:23, 17 maio 2008 (UTC)
- A verdade é que mellorou notablemente, e vexo algúns cambios positivos con respecto ó Proxecto de Portada. Porén, non todo poden ser eloxios, así que aí vai algunha crítica construtiva. Empezando por riba, o logo segue pendente de renovación; aínda hai pouco un colaborador do Wiktionary inglés díxome que lle parecía un pouco "raro"; a ver se a alguén se lle ocorre algo máis orixinal ou elaborado... Despois, na imaxe do mapa, a cor coa que se pintou Galiza non creo que sexa a máis axeitada; ademais as letras son moi pequenas (por outro lado, restrinxilo a Galiza só parece pouco solidario co galego exterior). A caixa sobre o Día das Letras Galegas supoño que será transitorio, polo que en principio o único que se me ocorre é que quizá estivese mellor un pouco separado da caixa que tén enriba. Á caixa do Índice cambiaríalle o icono e centraría o texto (o título non), e miraría de separar de algún xeito as letras (por exemplo con guións, como no Proxecto de Portada) e sobre todo os diferentes alfabetos. Sobre o contido do seguinte cadro podíanse facer algunhas modificacións, pero de momento prefiro non opinar; sobre a presentación, non me gusta moito o icono de Pescudar entradas, o de Apéndices... pasable; ademais, as imaxes teñen un fondo branco (ou polo menos eu véxollelo), e se se puidese poñer transparente case mellor. Por último, no último cadro, onde pón Galizionario supoño que debería ir Galipedia.
- Furagaitas 11:10, 21 maio 2008 (UTC)
- A verdade é que mellorou notablemente, e vexo algúns cambios positivos con respecto ó Proxecto de Portada. Porén, non todo poden ser eloxios, así que aí vai algunha crítica construtiva. Empezando por riba, o logo segue pendente de renovación; aínda hai pouco un colaborador do Wiktionary inglés díxome que lle parecía un pouco "raro"; a ver se a alguén se lle ocorre algo máis orixinal ou elaborado... Despois, na imaxe do mapa, a cor coa que se pintou Galiza non creo que sexa a máis axeitada; ademais as letras son moi pequenas (por outro lado, restrinxilo a Galiza só parece pouco solidario co galego exterior). A caixa sobre o Día das Letras Galegas supoño que será transitorio, polo que en principio o único que se me ocorre é que quizá estivese mellor un pouco separado da caixa que tén enriba. Á caixa do Índice cambiaríalle o icono e centraría o texto (o título non), e miraría de separar de algún xeito as letras (por exemplo con guións, como no Proxecto de Portada) e sobre todo os diferentes alfabetos. Sobre o contido do seguinte cadro podíanse facer algunhas modificacións, pero de momento prefiro non opinar; sobre a presentación, non me gusta moito o icono de Pescudar entradas, o de Apéndices... pasable; ademais, as imaxes teñen un fondo branco (ou polo menos eu véxollelo), e se se puidese poñer transparente case mellor. Por último, no último cadro, onde pón Galizionario supoño que debería ir Galipedia.
- Dicía antes que os cambios que fixen na portada eran provisorios ata que se faga unha nova portada en Proxecto de Portada. Por ese motivo non todas as iconas seguen o mesmo deseño, a que procede de en.wikt é distinta das da versión actual de Proxecto de Portada. O fondo é transparente, se premes sobre elas deberías ver que están enmarcadas sobre un fondo de cadros brancos e grises como nalgún programa de retoque fotográfico (iso precisamente indica que é transparente), se non se ve iso pode ser debido ao navegador e habería que ver de solucionalo. En canto ao logo, o actual min paréceme unha boa solución (só é a miña opinión), sobre o mapa que sinala Galicia creo que sería interesante contar coa opinión de Aricum que foi quen o fixo. Todas estás cuestión xunto co tema dos textos que inclúa a portada e o resto de axustes pode falarse e probarse en Proxecto de Portada. Por certo xa corrixín o tema do enlace á Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:32, 26 maio 2008 (UTC)
- A páxina do Proxecto de Portada foi movida para Wiktionary:Proxecto de Portada.Furagaitas* 17:13, 30 xuño 2008 (UTC)
- Dicía antes que os cambios que fixen na portada eran provisorios ata que se faga unha nova portada en Proxecto de Portada. Por ese motivo non todas as iconas seguen o mesmo deseño, a que procede de en.wikt é distinta das da versión actual de Proxecto de Portada. O fondo é transparente, se premes sobre elas deberías ver que están enmarcadas sobre un fondo de cadros brancos e grises como nalgún programa de retoque fotográfico (iso precisamente indica que é transparente), se non se ve iso pode ser debido ao navegador e habería que ver de solucionalo. En canto ao logo, o actual min paréceme unha boa solución (só é a miña opinión), sobre o mapa que sinala Galicia creo que sería interesante contar coa opinión de Aricum que foi quen o fixo. Todas estás cuestión xunto co tema dos textos que inclúa a portada e o resto de axustes pode falarse e probarse en Proxecto de Portada. Por certo xa corrixín o tema do enlace á Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:32, 26 maio 2008 (UTC)
Erro
editarHai un erro de codificación en Especial:Preferences. Cando non se está rexistrado mostra o código dunha ligazón en HTML.
Furagaitas* 19:24, 26 maio 2008 (UTC)
Algún erro máis
editarXA ESTÁN TODOS CORRIXIDOS ( Sobreira (parlez) 21:38, 1 decembro 2008 (UTC))
- Na páxina/pon/debe poñer:
MediaWiki:Aboutwikipedia/Wiktionario/GalizionarioMediaWiki:Anonymous/Wikcionario/GalizionarioMediaWiki:Anontalk/enredezo/enderezoMediaWiki:Alreadyrolled/ca/xaMediaWiki:Anontalkpagetext/cre ... sinte/cree ... senteMediaWiki:Affirmation/liencialo/licencialoMediaWiki:Articleexists/escolliu/escolleuMediaWiki:Badquerytext/dimos/demosMediaWiki:BadtitleMediaWiki:Badtitletext/era baleiro/estaba baleiroMediaWiki:Blockedtext/Por contactar a $1 ou a un dos outros administratores para discutir o bloqueo. Decátese de que non por usar a funcionalidade "enviar correo-e a este usuario" agás que teña un enderezo de correo válido rexistado nas súas preferencias de usuario. O seu enderezi IP é $3. Por favor inclúa este enderezo nas consultas que faga./Podes contactar a $1 ou a un dos outros administradores para discutir o bloqueo. Ten en conta que non podes usar a funcionalidade "enviar correo-e a este usuario" agás que teñas un enderezo de correo válido rexistrado nas túas preferencias de usuario. O teu enderezo IP é $3. Por favor inclúe este enderezo nas consultas que fagas.MediaWiki:Blockiptext/seguindi/seguindoMediaWiki:Blocklogentry/con un/cunMediaWiki:Blocklogtext/Esta/EsteMediaWiki:Cannotdelete/ter sido/que foseMediaWiki:Cantrollback/es/éMediaWiki:Confirmdeletetext/Wiktionario/GalizionarioMediaWiki:Couldntremove/pudo/puidoMediaWiki:Dberrortext/Ocorriu/OcorreuMediaWiki:Dberrortextcl/Ocorriu/OcorreuMediaWiki:Disambiguationstext/tratado ... listados/tratada ... listadasMediaWiki:Doubleredirectstext/por/podeMediaWiki:Emailforlost/o contacte/contacteMediaWiki:Emailpagetext/poda/poidaMediaWiki:Emailsenttext/Teu mensaxe en correo-e foi enviado/A túa mensaxe de correo electrónico foi enviadaMediaWiki:Explainconflict/na área superior serán gardados/da área superior será gardadoMediaWiki:Exporttext/con as ... por/coas ... podeMediaWiki:Fileuploaded/poda saber ... imaxe, . pode insertala/saiba ... imaxe, pode inserilaMediaWiki:FromwikipediaMediaWiki:Importtext/grábeo/gráveoMediaWiki:Infobox_alert/Var/VaiMediaWiki:Lockdbsuccesstext/que completado/completadoMediaWiki:Missingarticle/ter atopado/que atopaseMediaWiki:Missingimage/faltante/non dispoñíbelMediaWiki:Missinglanguagelinks/linguaxe faltante/lingua non dispoñíbelMediaWiki:Missinglanguagelinksbutton/perdidas/non dispoñíbelMediaWiki:Movenologintext/ha/debeMediaWiki:Movepagetext/toda ... asegúrese de verificar/todo ... comprobeMediaWiki:Newarticletext (a ligazón leva á Wikipedia en inglés)MediaWiki:Notacceptable/poda/poidaMediaWiki:Passwordremindertext/enviáramos/enviaramosMediaWiki:Passwordsent/após/despois deMediaWiki:Prefs-help-userdata/si ... se contacte/se ... contacteMediaWiki:Printableversion/Version/VersiónMediaWiki:Protectedpagewarning/pode/poden (ademais hai unha ligazón en html)MediaWiki:Proxyblockreason/infórmeslle/infórmeosMediaWiki:Rcliu/non estaban/estabanMediaWiki:Selflinkstext/se mismas/si mesmasMediaWiki:Searchdisabled/mentras/mentresMediaWiki:Spamprotectiontext/filtor ... ligazñon/filtro ... ligazónMediaWiki:Talkexists/pudo ... mixtúreas/puido ... mestúreasMediaWiki:Tooltip-compareselectedversions/dos/as dúasMediaWiki:Tooltip-preview/grabar/gravarMediaWiki:Tooltip-save/Grabar/gravarMediaWiki:Ucnote/nos/nos últimosMediaWiki:Undeletehistory/istorial/historialMediaWiki:Undeletepagetext/periódicamente/periodicamenteMediaWiki:Unlockdbtext/podan/poidanMediaWiki:Uploadnologintext (link)MediaWiki:Uploadtext/remprazado ... Esto ... pare ... teus ... cas/substituído ... Isto ... para ... seus ... cásMediaWiki:Watcheditlist/vixiladas/vixiadasMediaWiki:Watchnochange/vixiancia/vixilanciaMediaWiki:Watchnologintext (link)MediaWiki:Yourdiff/Diferencias/DiferenzasMediaWiki:Difference/Diferencias/Diferenzas
(Erros atopados en [2]) Furagaitas* 21:34, 11 xuño 2008 (UTC)
- Moitas grazas polos avisos, na medida en que poida irei corrixindo os erros. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:24, 4 xuño 2008 (UTC)
- Se segues esta listaxe penso que sería conveniente ir riscando ou borrando os erros corrixidos. Irei engadindo os erros que vaia atopando. Furagaitas* 21:54, 4 xuño 2008 (UTC)
- De acordo. Non o fixen porque non me parece correcto editar as mensaxes doutros usuarios, como dis expresamente que o faga irei riscando cada mensaxe que corrixa, segundo os casos borrarei a mensaxe local para usar o da distribución galega e noutros corrixirei o local. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:19, 5 xuño 2008 (UTC)
- Se segues esta listaxe penso que sería conveniente ir riscando ou borrando os erros corrixidos. Irei engadindo os erros que vaia atopando. Furagaitas* 21:54, 4 xuño 2008 (UTC)
Unificación de contas de usuario (SUL)
editarXa está dispoñible a unficación de contas de todos os wikis Wikimedia para todos os usuarios. Nas preferencias na pestana información do usuario e na ligazón Xestionar a súa conta global. O sistema pide o contrasinal e en base a ese contrasinal ou ao enderezo de correo electrónico unifica as contas que se teñan en todos os wikis (tamén serve no caso de non ter outras contas para evitar que outras persoas utilicen o mesmo nome de usuario). Se se teñen contas con diversos contrasinais o sistema pregunta polos outros contrasinais sempre que esas contas nos pertenzan. No caso de existiren usuarios noutros wikis que compartan o memos ca nós o procedemento complícase e non se pode facer a unificación de contas agás que se consigan recuperar as contas nos outros wikis seguindo os procedementos estabelecidos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:13, 27 maio 2008 (UTC)
categorizar
editarEu utilizo bastante isto : ({{sem|Xxxx}}) tanto por razóns de comodidade para traballar, como por razóns de organizar as entradas para o lector do diccionario. Cando o fago para unha entrada en galego pareceme ben. Cando o fago para palabras noutras linguas quedame mal sabor porque só vexo o meu interes de ir maís rapida na organización do meu traballo, non lle vexo interes nigun ao lector de ter por exemplo na categoria hitoria as palabras historia e histoire, e tampouco lle vexo interes a ca palabra histoire só se atope na categoria entrada por lingua francesa. Como podo facer para categorizar de tal xeito que as palabras vaian a categorias similares por lingua ? A min gustariame atopar categorias de historia en francé, inglés, castelán, allemand etc.( polo menos nas linguas onde podemos pensar ter un corpus bastante desarrollado). Esiste esto e non vexo eu onde esta ? É posible de facelo ? No caso afirmativo : como podo eu marcalo na cabeceira da palabra ? Elvire 11:58, 14 xuño 2008 (UTC)
Wikimedia España
editarBoas a todos. Deixo este aviso para comunicar a esta comunidade de que estase tentando crear o capítulo local de Wikimedia en España. Nestes días estanse debatindo os estatutos para a creación da asociación. Tódolos interesados poden obter máis información e participar nésta páxina ou na lista de correo. Saúdos.Elisardojm
Resultados da elección do Consello de Administración
editarTing Chen foi elixido na recente elección para ocupar un posto no Consello de Administración da Fundación Wikimedia en representación da comunidade Wikimedia. Na vindeira reunión do Consello que terá lugar o 16 de xullo de 2008 a toma de posesión fárase efectiva. Nesta elección emítironse 3.019 votos válidos, dos cales sete foron realizados desde wikis en lingua galega (tiñan dereito a voto nesta elección 39 colaboradores). Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:41, 3 xullo 2008 (UTC)
Modelos
editarSería necesario que alguén crease os modelos oportunos para os casos de adx.f. e adx.m., así como para as locucións (locucións -sen máis-, locucións substantivas, adexctivas, verbais e modais). Ver, por exemplo, o caso de branco.
Outro tema que non sei se está xa decidido é se as locucións, fundamentalmente as sustantivas, deben ir dentro da entrada ou como entradas propias. Ver outra vez branco ou azul.
E outro modelo que boto en falta é o "Listaref" para engadir algunha nota a redapé.
Saúdos, Pedro --P Lameiro 15:42, 19 xullo 2008 (UTC)
- Vas ter que esperar usuarios como Sobreira para ter contesta amplia. A mín, agás aprenda con ti a regra galega do funcionamento gramatical dos adxectivos, os modelos adx.f. e adx.m. non teñen utilidade ( ver eiqui). O modelo locucións -sen máis- xa esiste {{-locuc-}} (ver eiqui o final do párafo "2 Categorías gramaticais"). Para mín todas locucións debense mencionar nos artigos que levan unha das palabras da locución, pero tamén debese abrir un artigo co nome da locución. Polo de "Listaref" pareceme que se debe a que iste proxecto ainda e "pobre", eu busco o modelo dos outros proxectos aceptado por iste, podes ver no artigo branco. Saúdos Lameiro e grazas por andar por eiqui iste proxecto e necesario, ainda que solo sexa por haber mui pouca cousa francés/galego e galego/francés. Elvire 21:21, 19 xullo 2008 (UTC)
O exemplo das locucións
editarTendo moitos temas mesturados e sabendo que non dominamos a estrutura de base, e sabendo tamén que si queriamos mudar a estrurtura de base teriamos que dominar a actual, cavilar ben unha nova, aprobala ... e logo executala nos 20 000 artigos .... estoy é moito D:. Esique tratando de entender a estrutura e si posible millorala, e polo menos aproveintandoa polo millor ....
... veño as locucións !
Eu entendo co modelo {{-locuc-}} debese utilizar co mismo rexistro de xeraquía que {{-subst-}} ou {{-verbo-}} en canto non temos un modelo de tipo {{-relac-}} de xerarquía inferior. Pero si comprendo ben a lóxica da estrutura actual pareceme moito millor que na páxina dunha palabra, dentro da categoría gramatical {{-subst-}} ou {{-verbo-}} non se volva utilizar unha categoria gramatical, vale millor pór {{-Termos relacionados-}} ou {{-Sinónimos-}} etc, é decir que penso que vale millor pór modelos que permiten de navegar coa idea do sentido da palabra e non coa a idea dunha categoria gramatical. En resumo, eu entendo cos usuariós cavilaron unha estrutura que leva unha lóxica fundada na semántica e non na gramatica. Eu concordo coa súa óptica. Non sei si expliquei ben o meu punto de vista ? Polo momento cambie a presentacíon de barba e abisal só para que vexades a lóxica que leva o modelo actual. Maís non me gusta iso, para mín seria millor cambiar o modelo {{-locuc-}} por Termos relacionados ou Ver tamén. Non corrixo outros artigos sen ter polo menos dúas opinións. Que vos parece ? Elvire 13:29, 28 xullo 2008 (UTC)
Máis sobre locucións
editarObservo un problema. Ó mesturar nunha mesma entrada subst ou adx máis locucións (nas que esa voz forma parte), a entrada -chamemos simple- aparece categorizada como locución. Exemplo: banco é s.m. e forma parte da locución banco de datos. Isto fai que banco apareza na lista de locucións (á par de banco de datos). Pasa o mesmo, por poñer máis exemplos, con herba, barba, liña ou feo. Si, xa sei que son entradas nas que andei eu metendo as locucións e que son o responsable do problema. Non sei se a solución non será indicar esas locucións baixo un -ver- (para que banco só apareza como sustantivo) e logo facer unha entrada, xa como locución, a banco de datos. ¿Que facemos? Mentres non atopemos a solución deixarei as locucións nun ficheiriño no meu ordenador e xa chegará o momento de introducilas, ben no artigo "sustantivo" do que nacen, ben en cadanseu artigo. Saúdos, Pedro
- O problema parece que emana da cabeceira, que é a que leva a categorización. Habería que decidir entre crear un novo modelo para usar dentro de entradas simples, eliminar a categorización das cabeceiras de locucións, ou engadilas como di Lameiro no apartado -ver-. Tamén queda decidir se as definicións das locucións van dentro da entrada simple ou dunha entrada propia. Pescudando un pouco por outros proxectos vin o seguinte:
- No es.wikt empregan os apartados compuestos e locuciones, que poden levar unha pequena definición, pero normalmente teñen unha ligazón cara un artigo individual.
- No en.wikt empregan o apartado derived terms, que polo pouco que vin só teñen unha ligazón cara outro artigo.
- No fr.wikt empregan os apartados composés, dérivés e expressions, que poden levar unha pequena definición, pero normalmente teñen unha ligazón cara un artigo individual.
- Eu voto por crear un modelo Formas compostas, Locucións, ou como sexa, e que conteña unicamente ligazóns cara outros artigos, dadas as moitas posibilidades que ofrece separalo en varios artigos independentes (principalmente no referente a traducións e definicións).
- O que non me parece moi boa idea é usar { {sem|Locucións} } como en banco de datos (o artigo xa está suficientemente categorizado coa cabeceira). Furagaitas* 20:31, 21 xullo 2008 (UTC)
- De acordo entón con menciona-las locucións/compostos baixo ese futuro modelo, que enlacen coa entrada propia como tal locución/composto. De acordo tamén con que sobra ese { {sem|Locucións} } no caso de banco de datos (e probablemente noutros casos). Falta agora escolle-lo nome: locucións (que no caso das verbais, adxectivas, de modo) non parecen ter problema ou substantivos compostos, que xa tiña oído antes e acabo de ver que é como o chaman na es-wiki (ver luz negra, por exemplo), versus locucións substantivas. Aí non acabo de entende-la diferencia pero parecen ir pola liña de que o s.comp. é cando designa unha forma particular dese substantivo (a luz negra é unha forma de luz), e loc. subst. cando designa outra cousa (verme de luz). Outro exemplo: boi de mar (crustáceo) é s.comp. e lingua de boi (planta) unha loc. subst. Outro máis: ver na es:wiki a entrada vaca. Non estou seguro e alguén que saiba de gramática e morfoloxía deberá aclaralo. O caso é que parecen ter categorías distintas cousas como peixe branco ou branco do ollo, fronte a merlo branco. ¿Alguén sabe onde anda Sobreira? El ten que saber destas historias, digo eu. Bueno, saúdos. Pedro --P Lameiro 21:08, 21 xullo 2008 (UTC)
Pagename
editarNa entrada latricar –e xa o vin noutros casos- aparece a palabra latricar debaixo da sección “verbo” (ó editar vexo { {PAGENAME} }). ¿que sentido ten repeti-la palabra se xa está como entrada?
Segunda pregunta: ¿cal é o sitio máis adecuado para a etimiloxía, antes –como me parece máis lóxico- ou despois das definicións –como vén en latricar? Saúdos, Pedro --P Lameiro 22:02, 21 xullo 2008 (UTC)
- Nunca tiven moi clara a necesidade de repetir o nome da entrada, e menos a situación idónea para poñelo, pero é un recurso que se emprega en moitos proxectos Wiktionary. Unha utilidade que lle atopo é por exemplo en entradas grandes, para lembrar a entrada que se está a consultar sen ter que ir ó comezo da páxina. Outra utilidade véxoa por exemplo nas entradas en latín, nas que o nome da páxina recollería só o nominativo, mentres que o título da acepción recollería tamén o xenitivo. (pagina > pagin|a, -ae). Furagaitas* 19:33, 27 xullo 2008 (UTC)
- Eu vexo que no wikcionario en español tampouco a repiten, no wikcionario en portugués repítena mais marcando cada sílaba (e non como palabra repetida, senón como recurso didáctico), no wikcionario en inglés si que a repiten, no wikcionario en francés tamén a repiten. En principio parece redundante repetila, pero o feito de que noutros wikcionarios tamén a repitan faime supoñer que é por algunha razón (aínda que non sei cal poderá ser). Sinto non ter unha opinión máis formada. --Xoán Carlos Fraga 21:56, 6 agosto 2008 (UTC)
- Como lectora aprecio moito ca palabra do artigo estée repetida para cada sección que forma unha unidade básica : sexa de lingua, sexa de categoria gramatical. Elvire 08:18, 8 agosto 2008 (UTC)
modelos
editarBoto en falta (ou non atopo) o modelo para subt. m. plural (ex. crustáceos) e a marca de { {atención} }. Saúdos, Pedro --P Lameiro 21:08, 23 xullo 2008 (UTC)
A palabra do día
editarGustaríame enche-lo cadro da portada coa "palabra do día". Supoño que debería facerse unha proposta, unha votación e todo iso, pero cos que somos... non parece moi viable. Eu podo ir decidindo pola miña conta palabras para encher todo o calendario pero non sei como se fai. Fixen farios intentos para poñer croque como parabra do día (polo do Día de Santiago) pero non houbo forma.
Tamén habería que enche-lo Sabías que, pero non sei que pretende ser esta opción, non sei que se pretende que deberías saber.
Saúdos, Pedro --P Lameiro 13:34, 25 xullo 2008 (UTC)
- Desde que non volvín por eiqui hai moito que falar ! Por esta noite non vou conversar moito ! Pero que concordo que O que seiba encher a palabra do día e Sabías que ten que facelo. Estamoslle dando vida a iste dicíonario ! Saúdos Elvire 21:37, 25 xullo 2008 (UTC)
- Os modelos que había creados ata o de agora tiñan, ademais da ligazón cara o artigo correspondente, unha pequena definición da palabra. Algúns deles parecen máis propios da sección Sabías que que de A palabra do día. Para elixir a palabra do día creo que un criterio válido sería o de 'palabra non moi habitual, e podendo ser relacionada co día en cuestión'. Para Sabías que botaremos man de curiosidades sobre o galego ou sobre algunha palabra ou expresión; se puidese ter relación co día mellor, pero non creo conveniente que estea relacionado coa palabra do día. Furagaitas* 01:35, 28 xullo 2008 (UTC)
entradas con minúscula e con maiúscula
editarQuero crea-la entrada trobo (colmea) e non podo porque me leva a Trobo (parroquia de Begonte). ¿Como se edita ese trobo con minúscula para quita-la redirección e poder facela de novo co significado de colmea? Saúdos, Pedro --P Lameiro 11:56, 26 xullo 2008 (UTC)
- Para ó das entradas con minúscula e maíuscula no Galizionario non hai competencia. Por demaís trobo con minúscula ninguén lle puxo redirección. Podes crea-la entrada. Elvire 12:13, 26 xullo 2008 (UTC)
- Cando existen os dous artigos, e o artigo no que pretendemos entrar tén redirección, ó ser redireccionados atopamos unha ligazón cara o artigo orixinal na parte superior da páxina (debaixo do título); accedendo a el podémolo modificar como unha páxina normal. Cando só existe un dos artigos (por exemplo o que empeza por maiúscula) e queremos crear o outro (o que empeza por minúscula) pódeselle dar a "Procurar" e na páxina de resultados, na parte superior, temos unha ligazón vermella cara o artigo que queremos crear.
- Para estes casos de palabras de grafías semellantes (Melón - melón - melon, por exemplo), existen os modelos homo. Se queredes aprender a crealos explícovolo; é moi sinxelo. Furagaitas* 15:52, 28 xullo 2008 (UTC)
- Xa me habia dado conta que ti facias eso e anduven "estudiando" como facias. Cando teña ocasion conto facelo, gostame esa cabeceira nas palabras que o necesitan. Si non dou feito xa te pidirei axuda. Elvire 09:23, 29 xullo 2008 (UTC)
algún problema máis
editarBen, ben. Isto vai enganchándome e de verdade que me gusta o resultado, pero é un pouco frustrante ver canto nos falta... Hoxe teño dúas preguntas. A Elvire sobre a reordenación en barba. Postas as locucións ó final, despois das traducións, resulta que agora temos seguidos os sinónimos do sustantivo e os sinónimos das locucións, o cal resulta incoherente. Quero dicir que a tradución pode ser -e de feito vai selo na maioría dos casos- moi distinta se falamos dun substantivo ou dunha locución. A outra pregunta é para Furagaitas: ¿como é "faltarlle o respecto" ou "faltarlle ó respecto"? Vén como significado dunha das locucións de barba: subírselle ás barbas [a alguén]. E isto leva a outra pregunta: ese alguén entre corchetes, que vexo que é a forma de expresalo, ¿como se soluciona á hora de face-la entrada propia, como locución? ¿tamén con corchetes ou sen eles? Un saúdo, Pedro --P Lameiro 17:33, 28 xullo 2008 (UTC)
- Segundo o DRAG, Faltarlle ó respecto. A segunda pregunta que expós aínda se pode complicar máis: a forma [que ti pos] entre corchetes pode ir no medio da expresión, ou pode tratarse dun verbo que ben pode conxugarse ou ben usarse unicamente na forma dada. Non sei cal pode ser a mellor solución para isto, pero en principio non me parece moi boa idea o de incluír no nome do artigo o [a alguén]. Este é un dos poucos motivos que fan máis recomendable a descrición das locucións dentro das formas simples. Furagaitas* 19:00, 28 xullo 2008 (UTC)
Véxase tamén
editarVeño de mudar Véxase tamén por Termos relacionados no artigo intestino para ilustrar o siguente : sempre coa idea que é importante comprender a lóxica da construcción que esiste, poís eu comprendín que Véxase tamén sirve para navegar a listaxes (apendices, etc) e que Termos relacionados, Sinónimos, Antónimos sirven para navegar a outras palabras. É boa lastima para nós que non anden por eiqui os usuarios que fixeron tanto traballo de construción e tanta cantidade de artigos ! Que pensades da función desas seccións ? Elvire 19:39, 28 xullo 2008 (UTC)
- Gústame esa interpretación que diferencia "véxase tamén" de "termos relacionados", aínda que deste xeito o primeiro dos dous conceptos queda bastante descafeinado (hai moi poucos apéndices, pero ben podemos crear moitos máis). Claro que estes apéndices, no fondo, non van ser outra cousa que unha subcategoría. Pero, aínda con estas dúbidas, concordo coa idea de utilizar "termos relacionados" en lugar do "véxase tamén", en xeral. E, efectivamente, é unha lástima que esteamos a estas alturas discutindo estes temas de estrururación dos artigos, que levan consigo a necesidade de refacer moito traballo xa feito. Saúdos, Pedro --P Lameiro 20:28, 28 xullo 2008 (UTC)
- A min en principio tamén me parece unha boa idea, polo menos para saír do paso. A xente que colaborou antes de agora foi facendo o que puido, pero quedan moitos ocos por encher. Canto máis se afonda no Galizionario máis conta nos damos das súas carencias. Cando teña máis tempo espero poder facer unha proposta de renovación da Guía de estilo e da política do Galizionario. Furagaitas* 22:46, 28 xullo 2008 (UTC)
- Sígolle dando voltas ó asunto, o que resulta máis fácil ó velo na pantalla dunha e doutra forma, ó conto destes dous conceptos (Véxase tamén e Termos relacionados) e a colocación das locucións no artigo "entrada simple", e paréceme que aínda temos que afinar moito e reconsiderar cousas xa ditas. Se penso na entrada barba, ocórrenseme como termos relacionados, barbear (=afeitar), barbudo ou perilla; quizais tamén queixo e queixelo (o castelán barbilla). Pero non vexo aí as locucións, que as imaxino mellor nun véxase tamén, onde queixais puidese entrar un apéndice de conceptos relacionados co pelo (quizais estea desbarrando moito).
- No caso de abisal non se me ocorren Termos relacionados; e a fosa abisal cabería tanto aí como en Véxase tamén. No caso de cego, os Termos relacionados serían cegar, cegarato, cegueira (quizais tamén ollo e vista, non sei), e, na acepción de intestino, cecal; e en Véxase tamén estarían as locucións (estar cego [por alguén], amor cego, etc.) e quizais o apéndice de enfermidades (por cegueira).
- Cabe volver a retoma-la idea das formas compostas, como unha sección que non conleve recoller nunha categoría. Unha fórmula que nos podería servir sería a de Fraseoloxía (DRAE: "conjunto de frases hechas, locuciones figuradas, metáforas, comparaciones fijadas, modismos y refranes") (desta lista de posibilidades só nos sobra, para o que nos interesa, o dos refráns. Deste xeito solucionámo-lo problema da colocación das locucións e respectámo-la idea de deixar máis claras as seccións de Véxase tamén e de Termos relacionados. Logo, cada unha destas locucións tería a súa propia entrada, o mesmiño que agora teñen as listas que van tras Véxase tamén e tras Termos relacionados. Pensade na proposta o buscádelle vantaxes e inconvenientes. Saúdos, Pedro --P Lameiro 15:01, 29 xullo 2008 (UTC)
Véxase tamén dá moito de si, tén un significado moi amplo e podería recoller todo tipo de ligazóns, incluso bibliografía. Termos relacionados parece que fai referencia unicamente a entradas do Galizionario, nas que se poderían incluír formas compostas (quizá non valla para frases feitas). A forma proposta Fraseoloxía non me parece moi atinada para substantivos compostos (máquina de coser, Alnus glutinosa, lingua de ovella, intestino groso,...), senón máis ben para frases feitas.
Cómpre ter claro os posibles tipos de ligazóns que imos recoller para poder logo organizalas en grupos. A min ocórrenseme estes tipos:
- -Sinónimos (sen ter en conta os distintos graos de equivalencia). (1)
- -Antónimos (sen ter en conta os distintos graos de equivalencia). (2)
- -Variantes non estándar (fonéticas, gráficas; vulgarismos, hiperenxebrismos, barbarismos, arcaísmos, dialectalismos,...). (3)
- -Derivados (4)
- -Nome científico. (5)
- -Colectivo. (6)
- -Palabras do campo semántico (7).
- -Formas compostas. (8)
- -Frases feitas. (9)
- -Refráns. (10)
- -Apéndices, categorías,... (11)
- -Ligazóns a outros proxectos (Wikipedia, Wiktionary, Commons,...) (12)
- -Ligazóns externas. (13)
- -Bibliografía. (14)
- -Pares mínimos, homófonos,...
Agora vexamos as solucións que toman noutros Wiktionaries:
- castelán:
- -Sinónimos (sección dentro de cada definición)(1)
- -Antónimos (sección dentro de cada definición)(2)
- -Derivados (sección propia ou dentro de 'Información avanzada')(4)
- -Véase también (4, 7, 12)
- -Relacionados (sección dentro de cada definición ou de 'Información avanzada')(Ver p.ex. tiempo, sol)(7)
- -Compuestos (8)
- -Locuciones (8, 9)
- -Dichos (10)
- -Proverbios (10)
- -Refranes (10)
- -Registrada en (sección dentro de cada definición)(14)
- portugués:
- -Sinônimos (1)
- -Antônimos (2)
- -Verbetes derivados (4)
- -Ver também (4, 8, 12, 13)
- -Ver também/No Wikcionário (7, 8, 11)
- -Locuções (8, 9, ¿10?)
- -Fraseologia (8, 9, 10)
- inglés:
- -Synonyms (1)
- -Antonyms (2)
- -Alternative spellings (¿3?)
- -Derived terms (4, 8, 9, ¿10?)
- -Related terms (4 ~ 7 ~ 8)
- -Coordinate terms (7)
- -Hypernyms (7)
- -Hyponyms (7)
- -Meronyms (7)
- -Holonyms (7)
- -Troponyms (7)
- -See also (7, 12)
- -External links (13)
- -References (14)
- francés:
- -Synonymes (1)
- -Quasi-synonymes (1 ~ 7)
- -Antonymes (2)
- -Variantes (1, 3)
- -Variantes orthographiques (3)
- -Variantes dialectales (3)
- -Dérivés (4, 8, 9, 10)
- -Apparentés (7)
- -Méronymes (7)
- -Hyperonymes (7)
- -Holonymes (7)
- -Troponymes (7)
- -Composés (8)
- -Expressions (8, 9, 10)
- -Hyponymes (8)
- -Voir aussi (12, 13)
- -Références (14)
Non vexo moi útil nin cómodo distinguir, como fan noutros Wiktionaries, os merónimos, holónimos, tropónimos,... Con distinguir os sinónimos (1) e os antónimos (2) (son máis recoñecibles polos usuarios) como viñemos facendo até agora temos abondo. Eu consideraría a opción de complementar os modelos existentes {{-sin-}} e {{-ant-}} con outros para usar dentro das definicións; por exemplo:
- Definición da palabra.
- Sinónimos: sinónimo1, sinónimo2
- Antónimos: antónimo1, antónimo2
- Exemplo: Exemplo de uso.
- Definición da palabra.
Para as variantes (3) crearía un modelo de cabeceira como o existente para sinónimos e antónimos, e podería recoller tamén formas flexionadas. O título sería discutible, e poderían organizarse por grupos:
Variantes
editarO nome científico (5), que nalgunhas entradas ten sección propia (p.ex.: raposo), incluiríao dentro da definición, en Termos relacionados ou en Sinónimos, pero non son partidario de que teña título propio.
Para os substantivos colectivos (6) digo o mesmo. Ou ben en Termos relacionados ou na mesma definición, podendo crear un modelo semellante ó que propuxen para os sinónimos:
- O castiñeiro é unha árbore [de nome científico Castanea sativa].
- [Nome científico: Castanea sativa.]
- Sinónimos: castañeiro, castiro
- Colectivo: castañal, castiñeira, souto.
- O castiñeiro é unha árbore [de nome científico Castanea sativa].
A fronteira entre formas compostas (8) e frases feitas (9) ás veces non parece moi clara, e o mesmo entre frases feitas e refráns (10). Eu voto por recoller (8) e (9) dentro de Termos relacionados e non recoller (10) como entradas do Galizionario (de recollelas o mellor sería valorar a creación dun apartado Fraseoloxía).
En Termos relacionados recollería tamén os derivados (4) e as palabras do campo semántico (7).
Ver tamén reservaríao para apéndices e categorías (11), ligazóns a outros proxectos (Wikipedia, Wiktionary, Commons,...) (12) e ligazóns externas (13) (é dicir, páxinas que non son meras entradas).
Por último, a bibliografía (14) tamén requeriría un apartado propio, ora independente, ora dentro das definicións, ora ambos.
Furagaitas* 19:39, 6 agosto 2008 (UTC)
De acordo nalgunhas cousas e non noutras:
- Non aclaras se poñe-los sinónimos e antónimos (máis exemplos e variantes) tras cada acepción. Eu voto por poñe-las acepcións 1, 2, 3... con cadanseu exemplo de uso, se procede. E como cabeceira propia, a seguir, sinónimos e logo antónimos (nos dous casos, numerados, para identificar en qué acepción corre como sinónimo).
- De acordo cun modelo propio para variantes, pero eu, polo menos, non sabería marcalas como gráficas, arcaísmos, dialectalismos, vulgarismos, hiperenxebrismos e flexionadas. Iso é xa cousa de especialistas. Nestas variantes non incluiría os castelanismos (que non entrarían no Galizionario).
- De acordo con incluír o nome científico dentro da definición e non baixo cabeceira propia. Non poden ir como sinónimos, desde logo.
- Non sei se os colectivos deberían te-lo mesmo nivel que sinónimos e antónimos ou como termos relacionados. Quizais a primeira opción sexa a mellor.
- De acordo, xa que logo, coa cabeceira termos relacionados baixo a que se inclúan:
- palabras do campo semántico, e máis (endometrio no artigo útero; vasectomía nas entradas epidídimo e esterilización).
- formas compostas: luz negra (en luz e en negro), pan branco en (pan e en branco), lucencú (en luz e en cu), amor cego (amor e cego).
- frases feitas (locucións): falar como un libro aberto (en libro), ter na punta da lingua (en lingua)
- derivados: se o que queres dicir é traqueotomía na entrada traquea; ou cego e cegueira.
- De acordo con non incluír refráns, aínda que si como exemplos de uso (son moi expresivos a este fin).
- De acordo con reservar véxase tamén para apéndices. Non sei que queres dicir con categorías neste apartado. Non sei a que ligazóns a outros proxectos te refires. a remisión ó artigo da Galipedia xa iría marcada no encabezado do artigo -glref-
- Tampouco sei a que ligazóns externas nin a que bibliografía te refires.
- Non sei se me olvido de algo. Só engadir que... ¡bo traballo o teu!, completo, completo. Aínda terás que afinar un pouco máis: neste apartado de termos relacionados ¿que orde seguimos? ¿Puramente alfabético? ¿sistematizado, por exemplo: 1º derivados, 2º familia semántica, 3º formas compostas, 4º loc. adxectivas, 5º loc. verbais? Saúdos, Pedro --P Lameiro 23:26, 6 agosto 2008 (UTC)
Como dicía 'Jack o destripador'... vamos por partes:
- O da proposta para sinónimos/antónimos é complementaria da solución actual. Poderíase optar por dar unha lista de sinónimos xeral para todas as definicións, ou dar os sinónimos independentemente para cada definición, dependendo da conveniencia en cada caso. Isto evitaría ter que especificar a que acepción nos referimos ou outra solución que aínda me gusta menos, repetir a categoría gramatical para cada definición como se fosen entradas diferentes (como lle pasou a couce). Hai que lembrar que xa existen os Modelo:-exemplo- e Modelo:-exemp-, de uso semellante. Outra cousa que hai que ter en conta tamén é que numerar os sinónimos pode ser conflictivo á hora de engadir novas definicións.
- O de discriminar as variantes segundo o seu tipo recoñezo que podería dar problemas,pero tampouco tén por que ser de uso obrigado. Ó dos castelanismos tamén se lle pode atopar un sentido didáctico, porque moitas veces a palabra coñecida/usada é a castelá; ademáis hai moitas palabras, híbridos ou hiperenxebrismos que non aparecen nin en dicionarios galegos (algún hai, principalmente non Gran Xerais) nin casteláns, e que podemos atopar na fala e na escrita (recordemos palabras como castellano e fruta, admitidas polos reintegracionistas; parexa e manoxo por parella e monllo; brilar, estrano, zoa, por brillar, estraño, zona; din e comíchedes por dei e comestes,...).
- Non digo de recollelos como entradas (ou polo menos non todos), pero non está de máis recoller os casos máis famosos nesta sección de variantes.
- Para o nome científico e os colectivos a opción que máis me gusta é a que puxen no exemplo, como subapartados da definición:
- Nome científico: Castanea sativa.
- Colectivo: castañal, castiñeira, souto.
- Exemplo: O castiñeiro cargou moito.
- Para ordena-lo contido de termos relacionados eu voto polo seguinte: 1º formas compostas(/locucións) que comecen pola palabra en cuestión; 2º formas compostas(/locucións) que conteñan a palabra en cuestión; 3º derivados; 4º familia semántica.
- As categorías xa aparecen na parte inferior da páxina, pero por se a páxina non estivese incluída nunha determinada categoría, poderiamos ligala en Ver tamén. Tamén se poden incluír ligazóns con outros proxectos Wikimedia, non exclusivamente coa Galipedia (Commons,...); ademais -glref- tén algunhas limitacións.
- Pódense facer ligazóns externas, igual que na Galipedia, a páxinas de Internet non relacionadas con Wikimedia.
- Pódese tamén facer referencia a calquera obra literaria, por exemplo na que se documente unha determinada palabra, ou que teña relación co artigo en cuestión (unha etimoloxía,...).
Furagaitas* 20:34, 7 agosto 2008 (UTC)
A cousa progresa. Moi ben. As diferencias van reducíndose.
- Non podemos dar "os sinónimos independentemente para cada definición", así nunha simple listaxe. Se non facemos corresponde-lo sinónimo coa acepción para a cal é válido, estaremos xerando erros ou confusión. O risco de "que numerar os sinónimos pode ser conflictivo á hora de engadir novas definicións" é certo, e haberá que vixialo (de feito, a vixilancia hai que facela de todas formas). A opción de da-los sinónimos debaixo de cada acepción podería solucionalo, pero ten o inconveniente de estende-lo artigo. O caso que dás de couce é un bo exemplo do que ó meu entender sería unha entrada incorrecta.
- Sei que hai castelanismos moi introducidos, que todos usamos e que quizais rematen por convivir coas formas normativas, pero este Galizionario noso é, tamén, un proxecto educativo e non poden ter cabida porque, insisto, non podemos dar a entender falsas equivalencias. Témo-la solución de usa-la sección -obs-, onde podemos anotar que a forma parexa, zoa, desfrutar e aportar son castelanismos, e así aproveitar para que o lector se dea de conta (visto así, incluír estes castelanismos no artigo tería efecto didáctico). A miña idea é que de ningún modo (como entrada, como sinónimo nin como variante) se sobreentenda que pode ser válida (que irmao e hermano son variantes dialécticas).
- Do resto, por min de acordo. Saúdos, Pedro --P Lameiro 23:34, 7 agosto 2008 (UTC)
Se chegamos a un consenso total sería fabuloso. Pero non son tan ambicioso.
- Sobre o dos sinónimos: alégrome ver que opinas coma min no de couce (e outras moitas entradas); a expresión adecuada quizá non sexa entrada incorrecta senón máis ben presentación incorrecta ou pouco adecuada. En contra da túa opinión de que "da-los sinónimos debaixo de cada acepción ... ten o inconveniente de estende-lo artigo" eu penso o contrario, aínda o acurtaría (Pensa que se eliminaría unha cabeceira de nivel 4). Tamén hai que destacar que é a forma que teñen no es-wikt de listar os sinónimos. E xa digo que a idea non é suplantar o modelo existente, senón unha alternativa para usar segundo conveña mellor un ou o outro. A ver un pequeno exemplo:
couce
Sinónimos: |
couce |
- Sobre o dos castelanismos: entendo o teu temor de que poida ser interpretada a inclusión de castelanismos como que son formas correctas, pero como dixen hai xa algúns meses en Wiktionary:Taberna#Sobre_a_norma_e_as_entradas, a teórica sección Variantes contería formas que non recolle o VOLG (ou que o VOLG considera incorrectas); é dicir, formas vetadas nun rexistro culto. Ademais, de creárense artigos independentes para estas formas contamos cunha morea de modelos especiais para este tipo de entradas.
Furagaitas* 02:49, 8 agosto 2008 (UTC)
Pois podes ser ambicioso (que non sempre é cousa mala) xa que, cos exemplos que me dás e a posibilidade que ofrecen eses modelos creo que temos solucionadas tódalas diferencias.
- Á vista do exemplo das dúas posibilidades de couce, acepto sen problemas a segunda, de modo que cada sinónimo vaia con cada acepción. Espero que non haxa logo problemas coa numeración das acepcións.
- Canto ó das variantes e castelanismos, creo que tamén é boa a solución que dás, e haberá que ver con exemplos se xurde algún problema.
- Agora só me -te- quedan algúns flecos que resolver:
- ¿que facemos coas formas abreviadas/coloquiais: tele, cine, ex, foto?
- ¿que facemos coas siglas: CD, TVG, MP3?
- ¿que facemos cos estranxerismos champagne, email, enter, click?
- ¿en que casos resolvemos unha entrada cunha redirección ó artigo principal?
- ¿que facemos co modelo de flexión nas entradas sen flexión: cóccix, tuberculose?
- ¿que facemos cos subs. plurais: costas, artrópodos, crustáceos? (tanto o DRAG como o DRAE consideran tódolos grupos taxonómicos como s.pl.)
- ¿que facemos cos prefixos (hipo, hiper, pneumo, an, peri) e sufixos (loxía, ose, ite, rraxia)?
- as explicacións adicionais (ex. lontra) ¿van na definición ou nalgunha outra sección?
- na sección -trad- ¿como identificamos a que acepción corresponden?
- ¿que facemos co "pagename"? [voto por suprimilo]
- ¿hai algun modelo -ou algo- para os eufemismos?
- ¿podes darme algúns exemplos de locución adverbial, conxuntiva, preposicional e pronominal?
- ¿É posible crear botóns (como no bordo superior deste cadro de edición) ou ligazóns (como os caracteres especiais de debaixo do cadro) para aforrar traballo: -gl-, -sem-, -substm-, -substf-, -sin-, -obs-, -trad- ...?
- Algunha cousa máis xa se me irá ocorrendo, pero con isto tes traballo de abondo. E ó final, lembra que haberá que facer unha páxina de axuda coa estrutura dos artigos, resumindo todo o que levamos discutido. Un Libro de Estilo, vamos. Ánimo que ti vales moito. Saúdos, Pedro --P Lameiro 12:01, 8 agosto 2008 (UTC)
Xa mo temía. Revisa a entrada corazón: as seis acepcións aparecen numeradas como "1". Canto o resto da estrutura do artigo ¿era así como propoñías? Saúdos, Pedro --P Lameiro 15:47, 8 agosto 2008 (UTC)
Ufff, canto traballo... O da numeración das acepcións é por usar ":*" no canto de "#*". Respecto ás outras cuestións... darei o meu parecer cando teña máis tempo, pero está ben o de ir deixando por aquí tódolos puntos que quedan por concretar, e de paso deixar algunhas suxestións. Máis adiante hai que crear, como dis, un libro de estilo, e sometelo a votación. Cando poida crearei os modelos para variantes e sinónimos. Furagaitas* 17:49, 8 agosto 2008 (UTC)
Xerarquía das locucións
editarResulta lóxico que a locución ha te-la mesma xerarquía que o substantivo, adxectivo ou verbo, pero o problema é que unha entrada pode ser substantivo e mais adxectivo (e polo tanto, 1 mesma entrada contén as dúas formas, exemplo: cego) pero nunca pode ser tamén unha locución, senón que o que se dá é que esa entrada forma parte da locución, lo cal nos leva a unha entrada diferente, que só será locución. Explícome: a entrada cego ten que leva-las seccións adxectivo e substantivo (e debe remitir ás locucións nas que entre a palabra cego), pero a entrada estar cego [por alguén] é unha entrada distinta e só pode levar unha sección (neste caso, loc. verbal). Quero dicir que cego, barba, abisal, son palabras que forman parte de locucións, pero elas en si non son locucións. O tratamento que deches a barba e abisal lévanos a que a categoría Locucións conteña barba e abisal, e iso é falso, non é correcto. Esta categoría ha conter barbas de raposo -pero non barba- ou fosa abisal -pero non abisal-. Fáltanos agora cómo titular ese encabezado baixo o que listar tódalas locucións, que sería o "véxase tamén" que utilizaba ata agora. Saúdos, Pedro --P Lameiro 20:44, 28 xullo 2008 (UTC)
- Lameiro non me expliquéi ben arriba. En barba, abisal fixen modificacíos para ilustrar o que penso que non se debe facer. Esperaba que ti ibas pór as locucíóns de outro xeito, isto era claro para mín. Vou corrixir como me parece a mín, pero podes logo volver mudar. Saúdos, Elvire 09:14, 29 xullo 2008 (UTC)
A palabra do día
editarPregunta: ¿A palabra do día debe conte-la definición ou só a palabra, ligada á páxina onde conteña a definición? Véxase cerdeira: 1 de agosto fronte a ocarina: 30 de xuño? Eu prefiro a segunda opción, pero non sei que norma rixe. Saúdos, Pedro --P Lameiro 15:59, 1 agosto 2008 (UTC)
- As que había creadas ata agora levaban tamén a definición. Os de-wikt, en-wikt e it-wikt tamén teñen o apartado A palabra do día, e en todos eles presentan a definición (un pequeno resumo do artigo). Supoño que non hai nada escrito en canto ó contido que debe ter este apartado, ademais sempre estamos a tempo para decidilo. Non é que teña unha opinión seria ó respecto, pero en principio recoller só a palabra paréceme un pouco cutre. Furagaitas* 19:36, 1 agosto 2008 (UTC)
- ¿cutre? Pois xa podías dicilo antes, ho. A partir de agora ampliarei un pouco. No problemo. Aproveito para face-lo acordante dunha pregunta anterior: isto da Palabra do día e do Sabías que, ¿sométese a proposta e votación? ¿facemos unha lista de propostas para poñérmonos de acordo? Saúdos, Pedro --P Lameiro 23:45, 1 agosto 2008 (UTC)
- Non te ofendas polo de cutre eh xD. Se queres ilo enchendo ti, tes toda a miña confianza; se algunha das solucións non me convence xa farei as críticas pertinentes. E se queres facer unha lista provisoria antes, tamén darei o meu punto de vista. Máis democrático desde logo sería esta última opción, pero como xa che dixen tes a miña confianza. De seguir esta opción penso que sería bo valorar os 365 días (é dicir, os que xa están creados tamén).Furagaitas* 14:38, 2 agosto 2008 (UTC)
- ¿cutre? Pois xa podías dicilo antes, ho. A partir de agora ampliarei un pouco. No problemo. Aproveito para face-lo acordante dunha pregunta anterior: isto da Palabra do día e do Sabías que, ¿sométese a proposta e votación? ¿facemos unha lista de propostas para poñérmonos de acordo? Saúdos, Pedro --P Lameiro 23:45, 1 agosto 2008 (UTC)
- Como lectora gostame moito ao chegar na portada ler Sabías que... e A palabra do día e non son quen de face-lo : miña beizón Lameiro ! Por outra banda aproveito para preguntar si cutre e avaro sendo sinónimos consideranse de rexistro de lingua mui diferente ? Concretamente no sabia de cutre ata agora, e tampouco sei traducir a palabra francesa radin (un radin é un avaro, pero é palabra mui, mui familiar e mui mui utilizada na vida cotiá. Elvire 06:50, 3 agosto 2008 (UTC)
- Grazas, Elvire, pero non resultou tan difícil collerlle o tranquillo. Aquelas mensaxes anteriores de que non me funcionaba non era outra cousa que o feito de que tardaban tempo de máis en aparecer na portada, pero ó final, aí estaban. Canto á segunda pregunta, si, na práctica son sinónimos, aínda que con matices (como case tódolos sinónimos). Cutre é máis coloquial, avaro leva implícito o concepto de diñeiro (o Tío Gilito), mentres que cutre se aplicaría a máis cousas (dar pouco de comer ós teus invitados sería cutre, pero non avaricia; dar unha propina cativa, ou non dar nada, sería cutre). O personaxe de Moliere sería un avaro, non un cutre. O DRAG diferencia entre cutre (que dá ou gasta pouco, agarrado) e avaro (que ten a ánsia de acumular riquezas). Se Furagaitas di que son un cutre non mo tomo a mal (é unha crítica leve), se me chamara avaro si que parecería mal. Saúdos, Pedro --P Lameiro 12:17, 3 agosto 2008 (UTC)
propostas para a semana entrante
editarRepasa-los 365 días vai ser cousa de tomalo con calma, así que empezaremos coa semana que vén. Nuns días farei unha proposta para a seguinte e así intentaremos ter material preparado e consensuado cun mínimo de 10-15 días de antelación. Fixádevos nas notas que vou engadindo.
- Para non sobrecargar a Taberna, propoño mover esta discusión a outra páxina, como Wiktionary:Proxecto de Portada/A palabra do día / Wiktionary:Proxecto de Portada/Sabías que ou Conversa Wiktionary:A palabra do día / Conversa Wiktionary:Sabías que. Furagaitas* 16:31, 4 agosto 2008 (UTC)
- Seguindo a proposta de Furagaitas, paso as propostas ás páxinas correspondentes. Saúdos, Pedro --P Lameiro 11:13, 5 agosto 2008 (UTC)
Categorías e subcategorías
editarA ver eses expertos. Temos, na categoría Zooloxía, a subcategoría Ornitoloxía, pero Entomoloxía está como artigo dentro de Zooloxía. Non é coherente e debería ser outra subcategoría á par de Ornitoloxía; e habería que crear, ó mesmo nivel, ictioloxía, mastoloxía e malacoloxía, ciencias para as que temos entradas clasificadas todas no caixón de xastre de Zooloxía. Isto, máis que unha pregunta é realmente unha encarga: non sei crear esas subcategorías.
A entrada animal está clasificada tanto en Bioloxía como en Zooloxía. ¿ten sentido ou sobra Bioloxía?
Temos traquea (pola dos insectos) e libro (polo dos ruminantes) como Zooloxía. ¿Están ben ou deberían pasar a Anatomía? ¿Ten lóxica clasificar en Anatomía os conceptos de anatomía humana e en Zooloxía os conceptos referidos á anatomía animal?
Saúdos, Pedro --P Lameiro 12:09, 7 agosto 2008 (UTC)
- Cavolo ó que dis de xeral. Para ó de Zooloxía categorías e subcategorías, en canto me meta ben niso (eso xa ma parecia a mín) pois adpato a xeraquía lóxica e encantada de facelo. Elvire 12:36, 8 agosto 2008 (UTC)
¿que categoría...
editar¿Que categoría lle damos a conceptos do corpo -humano ou animal- desde o exterior: cara, man, perna, dedo, costas, peito? Non é Anatomía, desde logo, e metelos en Bioloxía sería demasiado amplo e ambiguo. Eu estudiaba estes conceptos en Etnoloxía, pero porque servían para identifica-las razas (son veterinario), e a definición dos dicionarios de etnoloxía non inclúe estes conceptos que digo. As entradas man, pé, perna, peito, caluga, orella non se categorizan (agás como -galego-); dedo está, erroneamente, en Anatomía. Poderíamos utilizar Morfoloxía (que estuda a forma... dos seres vivos), pero non sei. A ver se se vos ocorre algo. Pedro --P Lameiro 23:51, 8 agosto 2008 (UTC)
- Eu meteríaos en Anatomía (e pola definición que lle dá o DRAE parece que non vou tan desencamiñado), pero se ti dis que non é... pois non sei. Bioloxía é un termo amplo de máis, case preferiría deixalas sen categorizar. E Morfoloxía recórdame máis a Gramática que a Bioloxía. Por certo, mira isto. Furagaitas* 14:20, 9 agosto 2008 (UTC)
- Como nos pasa a nós, aquí teñen a Anatomía dividida en subcategorías -que nos non temos- e artigos que deberían estar colgando desas subcategorías e non de Anatomía xeral (aorta, bladder, Fallopian tube, duodenum, etc.) pero supoño que ti vas polo feito de incluíren Face, Hair e Palmistry como subcategorías de Anatomía, que sería o caso que nos interesa agora. Anatomía é a ciencia que estuda a estrutura don organismo e das súas partes, e comprende órganos, vísceras, tecidos, etc. A terceira acepción do DRAG é figurada e non nos vale). Estuda todo o interno (bueno, ollo tamén o clasificaría como Anatomía). Morfoloxía lembra termos de gramática ós lingüístas (3ª acepción do DRAG), e de partes do corpo ós de ciencias (1ª acepción). A posibilidade de deixalo sen categorizar paréceme rendirse antes de tempo e deberiamos esforzarnos en buscar solucións), pero xa vexo que os dicionarios usuais non clasifican estes conceptos mentres que os outros si que os marcan como "(Anat"); supoño que tampouco atoparon solución. O DRAE, por exemplo, non clasifica cara, pierna e pie, pero tampouco pulmón, aínda que hígado, intestino, corazón, tráquea, si que son Anatomía. A EGU concorda contigo e clasifica man, cara e perna (tres exemplos que busquei) como Anatomía. Eu, mentres non lle atopemos un nome, case prefiro seguir sen clasificar eses conceptos e reservar Anatomía para o que se atopa no interior do corpo. Segue buscando alternativas. Saúdos, Pedro --P Lameiro 14:56, 9 agosto 2008 (UTC)
criterios
editarInsisto na necesidade de dotármonos de criterios á hora de decidi-la forma das entradas. Ademais do que se discute, sen chegar a conclusións, en branco/branca, acabo de bater noutro caso conflitivo: lobo como substantivo (lobo, loba) e como substantivo masculino (lobo dun órgano). Non só temos dúas categorías diferentes senón que por riba temos dúas etimoloxías diferentes (e por iso non puxen ningunha). A solución de facer dúas entradas distintas non nos vale neste caso porque a palabra (lobo) é a mesma. Sinto dar tantos problemas, Pedro --P Lameiro 22:06, 17 agosto 2008 (UTC)
- Hai unha regra que se vé en todos proxectos de wikidicionarios : una páxina é sempre unha grafía identica para todo o que se poda por dentro e cal que sexa a lingua. No caso de de una grafía identica na misma lingua e coa a misma categoria gramatical, canbiando o sentido e polo tanto a etimoloxía, pois fanse duas seccions. É o caso de lobo si entendo ben o que dis : trato de indicar directamente no artigo. Elvire 22:14, 17 agosto 2008 (UTC)
- De acordo: unha mesma palabra = unha única entrada; é o caso do lobo. Dúas palabras = dúas entradas; é o caso de branco, branca ou de costa, costas. ¿De acordo todos?, ¿criterio de lematización "oficial" do galizionario?
- Pero para o problema das etimoloxías de lobo non vale a solución que lle dás, Elvire. Do latín lupu(m) vén o lobo animal (subst) e o lobo constelación (substm); e do grego lobós vén lobo (s. m.) do pulmón, do cerebro, etc., e, polo visto, tamén un arco circular usado na arte árabe, románica e gótica.
- E xa que estamos, ¿que significa ese "(m)" que vexo case sempre nas palabras en latín? Saúdos, Pedro --P Lameiro 22:34, 17 agosto 2008 (UTC)
- O do lobo, eu só habia posto algo para ilustrar, engadin algo de melloría na estrutura, pero podes mudar para ó que che pareza maís xeitoso. A regra entre interwikis e de atopar todo o que temos rexistrado con unha grafía identica, logo dentro é o noso xeito de ver a ordeazion das cousas, si queremos podemos por unha seccion de substantivo para todas definicions de substantivos e logo repetir a etimoloxía ou porlle numeros. Para mín debese abrir una seccion por categoria gramatical si teñen a misma etimoloxía e a misma pronuncia, digo esto por parecerme lóxico e economico. Xa digo a organizacíon é de cada wiki. Polo da "(m)" nas palabras en latín, tes que darme un exemplo, porque non vexo de que falas. Elvire 23:57, 17 agosto 2008 (UTC)
- Máis que "unha mesma palabra = unha única entrada" habería que dicir "unha mesma grafía = unha única páxina". Estou de acordo cos criterios expostos.
- Para o das etimoloxías rematadas en (m) mira isto.
- Furagaitas* 17:27, 18 agosto 2008 (UTC)
Cambio de nome de usuario
editarPor cousas da conta global, necesito cambia-lo nome de usuario desde o actual: "P_Lameiro" a simplemente "Lameiro". ¿anda por aquí algún administrador que mo poida facer? O mesmo cambio (pero desde "P.Lameiro") necesitarei facer en Commons. Saúdos, Pedro --P Lameiro 23:23, 3 setembro 2008 (UTC)
- Feito. Agora podes entrar como Lameiro co mesmo co mesmo contrasinal que tes agora e o historial de contribucións de P Lameiro pasou a ser o de Lameiro. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:29, 4 setembro 2008 (UTC)
- Nota sobre a mudanza de nome de P Lameiro a Lameiro:
- O usuario Lameiro existía anteriormente neste wiki e movino a Lameiro.antigo. O devandito usuario tiña un historial de contribucións, as máis delas corresponden a importancións automáticas desde a Galipedia, páxinas que foron marcadas para mover ao Galizionario alí (quere dicir que foron edicións de Lameiro na Galipedia que ao importalas manteñense como da súa autoría). O resto das edicións (entre dúas e catro) son edicións que se corresponden co perfil de edicións do propio Lameiro, significa que o propio Lameiro no pasado usou esa conta para editar aquí. Por ese motivo procedín a mudar o nome de usuario de xeito inmediato sen seguir outro procedemento que implícase unha maior espera para que Lameiro recuperase a súa conta. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:53, 4 setembro 2008 (UTC)
vitaminas
editarNon sei que categoría gramatical poñerlle ás entradas das distintas vitaminas (vitamina C, vitamina B1, etc.). Pedro --Lameiro 23:28, 12 setembro 2008 (UTC)
- En principio paréceme unha locución substantiva feminina, pero non estou seguro. No Wiktionary en inglés recóllenas como Noun (nome): H-bomb, vitamin C, e no Wiktionary en castelán recollen como Sustantivo masculino rayos alfa. No Wiktionary en francés vitamine B1 é nom commun, mentres que bombe H é locution nominale. Furagaitas* 00:53, 13 setembro 2008 (UTC)
- Para mín cando temos un entidade semantica con maís de unha palabra e sen guión é unha locución (nominal si a entidade é substantiva) Elvire 08:23, 13 setembro 2008 (UTC)
- Semella lóxico que vitamina antiberiberi ou ácido ascórbico sexan locucións, pero a min se me fai un pouco duro que tamén o sexan vitamina C e outras así. Claro que subtsantivos tampouco o son. Daquela, clasificarei as vitaminas (na súa entrada vitamina X) como loc. s. f. Grazas a todos... todas. Pedro --Lameiro 14:23, 13 setembro 2008 (UTC)
Artigo w:Galizionario
editarComo estaba entre os artigos solicitados da Galipedia desde hai moito tempo hoxe creei o artigo w:Galizionario, aviso aquí por se considerades que falta algo ou vedes que se pode mellorar. Aproveito a ocasión, como o usuario activo máis vello do lugar, para agradecer o esforzo a todos os colaboradores que estades traballando para manter vivo este proxecto. Ese agradecemento vai tamén para todos aqueles que nalgún momento da historia deste wiki contribuíron coas súas edicións a facer realidade un dicionario multilingüe en galego. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:30, 23 setembro 2008 (UTC)
- Ala ho, non fales así, que pareces un vello. Poderíase falar algo das súas características, pero o máis importante está. O meu parabén, patrón! Furagaitas* 22:29, 23 setembro 2008 (UTC)
Modelos
editarInsisto: creo que se deben crear modelos para adxectivos femininos (exemplo: uva bastarda) e adxectivos masculinos (boi colludo). Pedro --Lameiro 20:56, 25 setembro 2008 (UTC)
- Non sei moito si entendo como se debe e non estou en contra crear modelos. Pero tampouco estou segura que concordemos. Cpmp seria mui dificil explirme digo directtamente sobre os exemplos :
- si o titúlo da páxina é 'bastarda', poís para mín o modelo que falta é forma de adxectivo (sendo niste caso a forma do adxectivo bastardo en feminino singular en lingua galega. E o millor esta páxina noutra lingua é un verbo, ou outra cousa.
- si o titúlo da páxina é uva bastarda pois hai que utilizar locución substantiva ou expressión, segun o comportamento gramatical que teñen isas duas palabras (non sei o que é).
- porque non lle vexo razón para fazer o modelo adxectivo feminino singular, agás si se fai tamén adxectivo masculino singular, adxectivo feminino plural e adxectivo masculino plural !!!!
- o modelo adxectivo, polo de hoxe utilizase sabendo que pode levar varias formas sigún as linguas.
- según vexo no diccionario da RAG, falan de uva bastarda e de can bastardo como exemplos para o adxectivo bastardo. por isto supoño que son expresions e non locucións.
- no meu sentido si se fai outro modelo, teria que ser forma de adxecivo para unha páxina que da como titúlo bastarda.
Terás razón Lameiro, pero eu non estou convencida. A ver ó que dín outros. Elvire 21:44, 25 setembro 2008 (UTC)
- Estou de acordo, Lameiro. Levo unha tempada recompilando información sobre as carencias e aqueles asuntos conflitivos do Galizionario; a idea é expoñer unha serie de opcións para debater a mellor solución entre todos. Seguramente inclúa algo sobre isto que dis... Eu seguiría usando {{-adxf-}} / {{-adxm-}} / {{-substmpl-}} (aínda que non estean creados os modelos) mentres non teña lugar a votación pertinente. Por outro lado, Elvire ten razón en que uva bastarda pode ser considerada locución, pero outros adxectivos (como colludo, parideira,...) úsanse cun xénero só sen formar expresións. Furagaitas* 22:03, 25 setembro 2008 (UTC)
- Eses signos de exclamacións de Elvire fanme crer que me queres tirar das orellas por machista ;). Tranquila, tranquila. Son, no fondo, machista por cousa dos anos, aínda que intento controlar ese defecto. Pero neste caso non ía por aí. A necesidade dun "adx. f." xurdíu polo da uva, e xa puxen outro exemplo no que o adx é, necesariamente, masculino (colludo). Estou seguro que rascando un pouco aparecerían máis exemplos dos dous xéneros. A ver. O normal será que un adxectivo sexa masc ou fem. segundo o substantivo ó que acompañen. Pero toda norma ten a súa excepción e xa temos aquí tres exemplos nos que o adxectivo só ten un ou outro xénero. Ergo, cómpre un modelo "adx", outro "adxf" e outro "adxm": xa temos casos para xustificar estes tres modelos. Seguramente haberá tamén casos de plurais, non sei, pero non lle vexo lóxica a crear agora modelo sen ter aínda o caso. Pero se xurde a necesidade, que se cre, non serei eu quen se opoña. Que "bastarda" sexa un adxf ou esteamos ante unha locución (uva bastarda), pois non che sei. Así, en principio, eu non o vexo. Pensemos na uva albariña: para min sería "albariña", adxf. e eu non crearía unha entrada "uva albariña". Dicionaristas de prestixio colocan bastarda e albariña como adxectivos (pero iso si: a seguir dentro da entrada en masculino). Quizais teñamos que darlle máis voltas. Saúdos, Pedro --Lameiro 23:01, 25 setembro 2008 (UTC)
- O DRAE trata uva moscatel como locución (á parte de moscatel como adxectivo). O caso supoño que é similar a uva bastarda, uva albariña, peixe azul, can de palleiro,... Furagaitas* 23:49, 25 setembro 2008 (UTC)
- A ver si me entededes millor : os signos de exclamación son para decir que me semella a cousa sorprendente, Lameiro non me veu a idea que seas machista, penso que fas como eu e que che gusta estar convencido. Cando non contesto a algo é ou porque se ma pasa e logo non recordo, ou porque non teño nada que decir no momento. Tes que saber que nas mensaxes nunca pretendo falar do caracter, agás en alghuna ocasion para reirse e sin darlle importacia para levar o fondo da conversa. Volvendo os modelos, non me expliquei ben, a miña opinion : para adxectivo un modelo como o que temos sobra. Non fan falta maís. Logo si o adxectivo só usa en unha das catro formas que tén pois ise informe vai dentro do artigo, para mín non xustifica de abrir eso con un modelo. Si para eso abrese outra páxina, poís esa páxina levara o modelo de forma de adxectivo e logo indicara que é a sola forma que se usa en galego. Na miña opinion este esquema tamén aplicase os verbos. Si a páxina leva o nome do infinitivo, poís o modelo sera "Verbo" (ou Verbo intransitivo, ou Verbo intransitivo e transitivo etc) si o verbo só se usa en poucas formas, poís dirase no contido do artigo. E logo si se fai unha páxina que leva o titulo dunha forma do verbo poís o modelo sera Forma de verbo e o artigo dira que a única, una das formas que só se utilizan en galego. A ver que pensades, non digo que concordeis, digo si entendes o que digo ? (e engado que é un prazer traballar con vós no Galizionario !!! - os signos de exclamación valen como D: e lol - e ainda non lle tirei as orellas a ningen, nin siqueira os nenos !) Elvire 11:30, 26 setembro 2008 (UTC)
Só un pequeno comentario, se son precisos modelos basta con crealos seguindo o esquema que hai vixente. Polo tanto, non é preciso esperar sempre e cando o que se estea facendo teña sentido e encaixe dentro do traballo que está facendo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:23, 26 setembro 2008 (UTC)
- Si entendo ben o que di Prevert, non ai problema para que Lameiro crea o modelo adxf. O que debemos saber é que o modelo, logo podrase utilizar para a forma feminina de todos adxectivos femininos e si alguén crea coa misma lóxica o modelo forma de adxectivo poís teremos que impirllo porque os dous estaran en competición. Esto é o que me parece a mín. Claro queda que si Lameiro crea o modelo adxf e os modelos adxm, adxfp e adxmp para completar o esquema non me parece mal e renuncio tranquilamente a crear o modelo forma de adxectivo. Modelo que me parece maís axeitado para utilizalo en todas linguas, xa que ai linguas que teñen mais das catro formas do adxectivo galego, francés, castelan etc necesitaran ao largo do tempo facer maís modelos.Elvire 21:12, 26 setembro 2008 (UTC)
- Non, non vou crear ningún modelo adxf. Primeiro, porque non sei com o se fai tal cousa. Segundo, e máis importante, porque non me parecen formas. Non me parece normal que vaia eu creando modelos pola simple razón de que crea que deben existir. Se estamos 3 a traballar nisto e non somops quen de poñernos de acordo... aviados estamos. O Galizionario pode esperar a que o discutamos e concordemos, sen que se perda gran cousa mentres tanto. Pero, en calquera caso, Elvire, explícame -explícanos- mellor qué queres dicir con iso de forma de adxectivo. ¿que comprendería, como se aplicaría? E se lle podes poñer un par de exemplos, mellor que mellor. Saúdos, Pedro --Lameiro 23:06, 26 setembro 2008 (UTC)
- Xa que non sei falar ben para dar eplicacións vou crear una ou duas páxinas e cando penso que no lugar de pór o modelo adx, na miña opinion deberiase pór forma de adxectivo e na túa opinion adxf ou adxm etc etc segun o cso poís voulo marcar metendo duas veces adx. Logo xa corrixiremos. Elvire 00:14, 27 setembro 2008 (UTC)
Cambio o exemplo dos adxectivos polos verbos. Se mal non entendo, segundo o teu criterio o infinitivo sería o "Verbo" e as formas conxugadas serían "Formas de verbo". No es.wikt podemos ver: "Forma verbal" (fundo, soy, is, est, was), "Forma verbal conjugada" (son) ou "Verbo" (am, are). Desde o meu punto de vista, tan forma verbal é o infinitivo como a forma conxugada, polo tanto, entre as dúas primeiras formas a única que eu defendería é a segunda, e só na cabeceira como un xeito de distinguir o infinitivo (que sería o que levaría as definicións) das formas conxugadas (que remitirían ó infinitivo, incluídas aquí as P1/P3 do futuro de subxuntivo e infinitivo conxugado). No caso dos adxectivos non atopei ningún exemplo no es.wikt, pero no DRAE podemos ver paridera, no que o adxectivo feminino é recollido como "adj." sen máis, indicando o xénero dentro da definición. No dicionario de Ir Indo temos "embarazado -da" e "parideira" como adx f, e "roncollo" e "galistro" como adx m. Resumindo: no caso dos verbos (no hipotético caso de que quixésemos recoller formas conxugadas) parece máis xustificado o uso de dúas cabeceiras diferentes con fins diacríticos (xaora ambos infinitivo e forma conxugada sexan igualmente verbos). No caso dos adxectivos, o convenio de representar o adxectivo cunha única forma non é tan rexo como para o verbo, polo que non me parece pertinente marcar como Variante (ou como di Elvire "Forma de adxectivo"), aquelas formas que non sexan adxectivo (masculino singular). O que debemos discutir (e non é a miña intención comezar agora o debate) é se se deben recoller todas as "formas de adxectivo"/"formas de substantivo"/... (variantes de xénero e número) nun só artigo ou en varios. A ver que opinades de todo este rollo. Furagaitas* 14:28, 27 setembro 2008 (UTC)
Creo que xa o dixen, pero nopn podemos estar aquí nós descubrindo América. O feito de que isto sexa un dicionario informatizado, sen os límites dos de papel, non xustifica aceptar solucións (para min) absurdas, como rexistrar como entradas as formas conxugadas (querer, quero, quería, queres, queramos) nin as flexións (cama, camas, bo, boa, bos, boas), que é o que creo que quere dicir iso que chamades "formas de adxectivo", "formas verbais". Penso na practicidade do galizionario e no que se supón vai buscar o hipotético lector. ¿Alguén buscaría nun dicionario "es" no canto de "ser"? Logo á última pregunta de Furagaitas eu respondería xa que non, desde logo. E, por certo, levamos xa no debate semanas.
Canto ás solucións adoptadas por outros precedentes, creo que a referencia do DRAG ou do DRAE (ós efectos de seguir esas mesmas solucións) parécenme máis válidas que as que adoparan, no seu caso, na es, na pt, na fr, ou onde sexa. Fundamentalmente polo feito de que DRAG e DRAE serían referencias fiables e de peso, o que non acontece con outras wikis. Se queredes ter presentes outros dicionarios (Ir Indo, Xerais, Galaxia), de acordo. Pode que nos dean algún problema porque non sempre coincidirán, pero tamén son fontes fiables.
O caso do "embarazado, -a" de Ir Indo non é aplicable: esas son formas do participio, e coa acepción de adxectivo, é adxf (e substf). O caso é que, en galego non dou atopado ningún exemplo con "embarazado"; si en castelán: "cuando te hayas embarazado tendrás que dejar de trabajar", pero en galego nada. No DRAE: "embarazado, da (Del part. de embarazar) 1. adj. Dicho de una mujer: preñada. U. t. c. s. f.".
Sexa cal for a solución que no seu día adoptemos ¿sigo utilizando o marcados -adxf-? ¿¿É posible logo conseguir unha listaxe das entradas con ese marcador por se cómpre rectificalo? Saúdos, Pedro --Lameiro 19:31, 27 setembro 2008 (UTC)
Concordo que non ten presa de levar o debate de como recollemos as formás. Lameiro por mín podese crear o modelo -adxf-, tes que saber que sera utilizado para uso co cal non concordas (por exemmplo para bona (bona/bonae) seria ise modelo mui axeitado) (Para crealo supoño que podelo fazer copiando do modelo -adx-). E para rematar con esta conversa e coa inteción só de informarte, direiche Lameiro, que eu son das persoas que dalle axuda o que nos wikidicionarios inglés e francés atopense formas conxugadas de verbos, gano moito tempo cando teño dubidas. Elvire 16:26, 28 setembro 2008 (UTC)
Non era a miña intención que este debate se diversificase tanto, porque comezamos por expoñer a necesidade dun modelo e chegamos ata case cuestionar a filosofía do Galizionario. Pero como o mal xa está feito (e conste que non pretendo chegar agora a un consenso oficial), debatamos.
Comezando pola cuestión que abriu o debate, cos exemplos que puxen dos adxectivos só quería demostrar que noutros dicionarios recorren (ou a min paréceme comparable) ó método que propón Lameiro, polo que son partidario de crear os modelos propostos.
No caso das formas verbais conxugadas, como xa sabemos é un recurso empregado noutros Wiktionaries, e tamén o teño visto (no caso das formas irregulares) en dicionarios bilingües en papel. Non sei se alguén estará interesado en consultar por exemplo vou, estou,... pero tampouco non debemos limitarnos a pensar que se lle vai dar ó Galizionario un uso tradicional, porque non é un dicionario tradicional. Recoller estas formas verbais pode resultar útil, por exemplo, cos verbos irregulares; pode recoller datos acerca da pronuncia desa forma, incluso sobre a etimoloxía,...
Proba de que o Galizionario non é un dicionario tradicional é o tipo de entradas recollidas ata o de agora. Topónimos (desde continentes ata algunha aldea, pasando por centos de parroquias), nomes de constelacións e de deuses (p.ex. Xúpiter), algunha forma verbal conxugada (é), símbolos, abreviaturas, etimoloxía con evolución fónica, etc; outros Wiktionaries recollen ata antropónimos, nomes de acontecementos,... O DRAE mesmo recolle os adxectivos superlativos (irregulares), ou non recolle moitas palabras rematadas en "-ble".
Sería interesante sentar as bases do que queremos recoller no Galizionario; logo decidir de que forma se recollerán, e que presentación terán.
Con respecto ás preguntas de Lameiro, pola miña parte pódese seguir usando {{-adxf-}}. Aínda que o modelo non exista, se picamos sobre o link vermello e logo en O que liga aquí, lístanos todas as paxinas que empregan ese modelo inexistente. Furagaitas* 16:36, 28 setembro 2008 (UTC)
Iso é demasiado complexo para min, Furagaitas, pero sería un obxectivo a propoñernos fundamental: delimita-lo ámbito do Galizionario. Decidir qué tipo de entradas queremos incluír. Pero o caso é que eu son de ciencias (e a miña lingüística e gramática son mois básicos) e da vella escola (e de aí as miñas comparacións recorrentes ós dicionarios en papel). E tamén que creo que antes hai que ter claro qué queremos facer, e logo meternos en faena, aínda que só sexa por aforrar traballo que logo resulta inútil ou que hai que corrixir. Vamos, que tal parece que estamos empezando a casa polo tellado. Calquera vén agora a propor incluír siglas, termos familiares/coloquiais (moto, cine, titi, tele), prefixos e sufixos e tantos estranxerismos que temos aquí establecidos. Bueno, mellor deixámolo estar que bastante traballo temos coas entradas "normais" que nos faltan ou que esperan ser completadas. Veña, unha aperta a todos... todas. Pedro --Lameiro 21:47, 28 setembro 2008 (UTC)
ou
editarXa lle din formato á entrada ou como conxunción e como interxección. Agora falta decidir qué facemos con OU como antiga matrícula de Ourense. Por min borraría ese texto, sen máis, porque non me parece relevante e porque obrigaría a incluír, co mesmo significado, C, LU e PO, e, ¿por que non? tódalas demais provincias. Bueno, espero ideas. Pedro --Lameiro 14:13, 4 outubro 2008 (UTC)
- Voto por borrar esa acepción. Quitando nas matrículas e nalgún outro sinal relacionado, esta abreviatura apenas ten uso, polo fóra dese contexto perde case completamente o seu significado. Furagaitas* 16:19, 4 outubro 2008 (UTC)
¿qué fontes son válidas para fundar as entradas do Galizionario?
editarVén de Conversa:tosco
- Eu penso que o VOLGa, aínda sendo a nosa principal referencia, non é unha panacea. A segunda acepción aparece recollida nas Wikipedias en galego, portugués e castelán. Deberiamos especificar qué fontes serían válidas para fundar as entradas do Galizionario, e despois tomar unha decisión ó respecto. Furagaitas* 16:12, 4 outubro 2008 (UTC)
- Ben sei que o VOLGa non contén todo pero debemos recoñece-la súa autoridade. Eu mesmo xa teño creadas páxinas con termos que non están aí, pero apoieime noutros dicionarios ou fontes referenciables. E espero haber acertado cando me saltei esa "norma". No caso de tosco só poderiamos darlle o significado de dialecto albanés, pero se a única referencia é a Wikipedia... non me parece serio. Non sei nada de Albania nin de dialectos polo que non teño base ningunha para imaxinar se significará ou non tal cousa, e por iso non me atrevo a darlle formato e todo iso, porque sería como avala-lo significado. E eu non teño coñecementos para facelo nin para negalo.
- Canto á medio-proposta que fas, si, creo que sería moi útil establecer unha política de fontes válidas: VOLGa, DRAG, vocabularios das universidades ou avalados pola RAG, as universidades ou a Xunta, textos oficiais (publicacións das Consellerías). Logo teriamos páxinas fiables, como a de Cultura Galega, por exemplo. Seguramente haberá máis fontes fiables. Pero agora que o penso ¿por que non pasas isto á Taberna e seguimos alí? Non parece que o seu sitio sexa a páxina de conversa de tosco. Saúdos, Pedro --Lameiro 21:09, 4 outubro 2008 (UTC)
- Un exemplo: pachocho. ¿Podemos dar entrada a esta palabra? Non vén no VOLGa, nin no Diccionario de Diccionarios, nin nos dicionarios modernos consultados (Xerais, Galaxia, Gran Xerais...). Para min, un caso claro de borrado directo. Pedro --Lameiro 22:07, 4 outubro 2008 (UTC)
- O de especificar qué fontes serían válidas para fundar as entradas do Galizionario, é boa cousa. Pero eu pensaba (e ainda penso) que cando temos unha palabra non esta recollida en ninghun diccionario dos que consultamos de costume, pero que esa palabra ten que esistir porque o galego pode falar de todo pois debese fazer a entrada que atopamos maioritariamente en todos sitios que podemos. Niste caso do tosco sabemos w:lingua albanesa, co " albanés comprende dous dialectos principais, o tosco (Toskërishte) e o guego (Gegërishte),...". Poís sabemos que podemos darlle entrada do millor xeito que podamos, e eu diría que temos que recoller as varias grafías, si hai varias grafías indicando o estado en que están. O de respetar fontes non pode ser, no meu entedemento unha xustificación para ocultar realidades. Non desemvolvo maís porque non sei si me vou explicar ben. Pola miña parte non se borra tosco, pero non me parece mal si sodes dous en concordar que se borre e podedes pedir un lixo rapido. Niste caso pareceme que podese resolver o caso esi, xa que isto non lle falta o respeto dos usuarios que traballaron antes e que non lle quita que a palabra volva aparecer por usuarios que veñan despois. Elvire 22:53, 4 outubro 2008 (UTC)
- Non se trata, Elvire, de borrar tosco ou non. Eu chamo a atención, simplemente, porque esta palabra non a atopo nos dicionarios ó uso e como de dialectoloxía non sei nada de nada, non me atrevo a darlle formato. Por min pode quedar aí, sen problemas, pero o feito de que a nosa fonte sexa a wikipedia ¿non vai contra o principio de que nós non somos fonte primaria? Ti mesma dis que cabe dar entrada a voces "que atopamos maioritariamente en todos sitios que podemos". Se neste caso houbese máis fontes acabaríase o problema e a palabra entraría con tódolos dereitos, pero ¿que fontes ten? ¿E quen se atreve a decidir que tosco, con ese significado, é palabra galega? Eu non, desde logo. Saúdos, Pedro --Lameiro 23:24, 4 outubro 2008 (UTC)
- Moitissimas gracias Lameiro ! Onte pensei rematar coa palabra tosco e a tua sinceridade en colaborar faime dar conta que temos unha incomprehension mutual do traballo que estamos a fazer eiqui. E é mui importante aclarnos . Eu no Galizionario non traballo coas normas das wikipedias, traballo coas normas Wiktionary que lín antes de pórme eiqui, na version francesa e que estan nesta frase : "En tant que dictionnaire, il vise à donner des renseignements les plus complets et les plus neutres possibles sur tous les mots ou locutions, actuellement ou anciennement utilisés, oralement ou par écrit, dans toutes les langues, vivantes, construites ou mortes. Son objectif est seulement descriptif : il ne s’agit ni de défendre le français ou une autre langue, ni d’être normatif. Il ne juge donc pas la valeur des mots et n’essaie pas de leur donner ou de leur refuser son aval." Non busquei isto no Galizionario porque sei que todos proxectos irmás teñen os mismos fundamentos. Agora non teño tempo, xa volverei : sexa atopo o lugar correspondente do proxecto en lingua galega, sexa traduzco esa frase francesa ao galego. A ver si pasan Prevert, Furagaitas, Sobreira ou outro usuario que nos pode dar a ligazón das bases en galego dun proxecto Wiktionary. Ata logo Elvire 09:00, 5 outubro 2008 (UTC)
- Traduzco o sentido da frase que ven de fr:Wiktionnaire:À propos "En tant que dictionnaire, il vise à donner des renseignements les plus complets et les plus neutres possibles sur tous les mots ou locutions, actuellement ou anciennement utilisés, oralement ou par écrit, dans toutes les langues, vivantes, construites ou mortes. Son objectif est seulement descriptif : il ne s’agit ni de défendre le français ou une autre langue, ni d’être normatif. Il ne juge donc pas la valeur des mots et n’essaie pas de leur donner ou de leur refuser son aval." = "Como diccionario, ten a meta de dar iinformes o mais completos posibles e o mais neutros posibles sobre todas palabras ou locucións, actualmente ou antigamente utilizadas, na oralidad ou na escrita, en todas linguas, vivas, construidas ou mortas. O seu oxectivo é unicamente descritivo : non se trata nin de coller a defensa do francés ou doutra lingua, tampouca se trata de ser normativo. Iste dicionario non pón xuicio no valor das palabras e non intenta nin darlle, nin retirarlle unha certificación." Esta frase esta debaixo da frase : Le Wiktionnaire a pour but de devenir un dictionnaire universel libre basé sur des wikis = "O Wiktionnaire ten como meta de chegar a ser un dicionario universal libre basado sobre w:wikis" e logo da frase : Le Wiktionnaire (appellation francisée) est la partie francophone du projet multilingue Wiktionary® appartenant à la Fondation Wikimedia. Cette fondation à but non lucratif est reconnue comme d’utilité publique par plusieurs États dont la France et la Suisse = " O Wiktionnaire (nome afrancesado) é a parte franocofona do proxecto multilingua Wiktionary®, propiedade da w:Fundación Wikimedia. Ista fundación sen fines de lucro esta recoñicida de utilidade pública por varios estados, entre os cales Francia e Suíza." E logo a páxina da todas posibilidades de entradas. Eu non trouxen estás frases do dicionario fr para que eiqui se collan como regras aplicables.. Cada proxecto ten que medrar cos usuarios que traballan nil. Os cinco piares valen para todos proxectos pero teñen que adaptarse a natureza do proxecto : enciclopedia, dicionario, repositorio de textos orixinais (Galifontes), banco de datos multimedia (commons) etc.. Concretamenta entre a enciclopedia e o dicionario : a enciclopedia recolle o estado do coñocemento e o dicionario recolle o estado da lingua. No noso xeito de traballar no Galizionario podemos considerar ca fala que utilizamos nos artigos sigue as normas da RAG tal como na Galipedia, maís é outra cousa as entradas que acetamos, o tema das fontes é unha problematíca diferente. Penso harberme aclarado o suficiente para darlle unha fonte fiable sobre o tosco. Nistes casos, no meu entender debese resolver o problema das fontes considerando a maioria das utilizacións en documentos escritos en galego e facer unha entrada, sen eso é considerar co estado actual da lingua galega non fala dos dialectos da Albania (que por demaís esta reconocido oficialmente !). Xa falei de sobras. Repito por mín podedes pedir un borrado rapido, non me parece mal, xa que penso que non é momento de andar con politicas no Galizionario, é momento de medralo cos fundamentos que ten. Elvire 18:53, 5 outubro 2008 (UTC)
- Moitissimas gracias Lameiro ! Onte pensei rematar coa palabra tosco e a tua sinceridade en colaborar faime dar conta que temos unha incomprehension mutual do traballo que estamos a fazer eiqui. E é mui importante aclarnos . Eu no Galizionario non traballo coas normas das wikipedias, traballo coas normas Wiktionary que lín antes de pórme eiqui, na version francesa e que estan nesta frase : "En tant que dictionnaire, il vise à donner des renseignements les plus complets et les plus neutres possibles sur tous les mots ou locutions, actuellement ou anciennement utilisés, oralement ou par écrit, dans toutes les langues, vivantes, construites ou mortes. Son objectif est seulement descriptif : il ne s’agit ni de défendre le français ou une autre langue, ni d’être normatif. Il ne juge donc pas la valeur des mots et n’essaie pas de leur donner ou de leur refuser son aval." Non busquei isto no Galizionario porque sei que todos proxectos irmás teñen os mismos fundamentos. Agora non teño tempo, xa volverei : sexa atopo o lugar correspondente do proxecto en lingua galega, sexa traduzco esa frase francesa ao galego. A ver si pasan Prevert, Furagaitas, Sobreira ou outro usuario que nos pode dar a ligazón das bases en galego dun proxecto Wiktionary. Ata logo Elvire 09:00, 5 outubro 2008 (UTC)
Independentemente do debate, que aínda non tiven tempo de ler completo, quero dicir que a entrada tosco é un erro de importación meu, posto que estaba realizando o proceso técnico de importar aquelas entradas que estaban marcadas na Galipedia para mover ao Galizionario e non comprobei a palabra. Se tivera feito iso non faría a importación, a efectos de referencias válidas a autoreferencia á Wikipedia non o é válida polo tanto non debía traer ese termo aquí. Adoita pasar que cando nos wikis un se descoida un momento ou omite algún paso cométense erros, pidovos desculpas por elo. un cordial saúdo. --Prevertgl 21:39, 5 outubro 2008 (UTC) Engadido: Borrei tamén pachocho, outro dos meus erros de importación :-( Se atopades máis erros de importación ou doutro tipo, por favor deixade unha mensaxe na miña páxina de conversa. Novamente pidovos desculpas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:00, 5 outubro 2008 (UTC)
- A pesar do borrado de Prevert das entradas tosco (quizais un pouco precipitado, vistas as intervencións do debate que motivou) e pachocho (borrado co que estou totalmente de acordo), lembrade todos que segue aberta a discusión sobre o fondo da cuestión: cómo decidimos qué palabras teñen cabida no Galizionario, qué fontes consideramos válidas para aboa-la validez dunha palabra, do seu significado e da súa "galeguidade". O texto que nos trouxo Elvire é unha opinión dos franceses (que xa tomaron unha decisión, que é o que eu reclamo aquí) coa que non concordo pero que resulta interesante ter presente. Todos sabemos que en tódalas aldeas galegas hai léxico para parar un carro, lexítimo, vivo e galego sen dúbida, pero non referenciado. Hai, tamén, recollidas de léxicos moi localizados (ou con acepcións moi localizadas) que sería unha pena perder (ou non recoller aquí), pero nestes casos hai detrás un colector que a anotou e a publicou. Esa é a diferencia na que quero insistir. Houbo na Galipedia un debate sobre un Léxico do Grove no que o usuario modificou palabras ou significados, e inventou (ou atribuíu pola súa conta) palabras dando como referencia unha publicación que non dicía tales cousas. E o artigo foi borrado. Non pido limitarnos ó VOLGa nin ós catro dicionarios por todos coñecidos, pero tampouco creo que debamos abrirnos a calquera fonte que diga que tal palabra significa tal cousa. Pido que aquí, tamén, toda a información sexa verificable (e verificada, que tampouco sobraría). Insisto: non deberiamos pecha-lo debate aínda que a palabra que o suscitou xa non exista. Saúdos, Pedro --Lameiro 23:01, 5 outubro 2008 (UTC)
- Pola miña banda o borrado non significa pechar ningún debate. Borreino porque aínda que na Galipedia unha entrada estea marcada para mover ao Galizionario iso non significa que automaticamente se deba traer, nin que ese procedemento escuse verificar as referencias e facer todas as comprobacións precisas. Algo que como un dos administradores deste wiki debía facer e non fixen correctamente polo menos neses dous casos. Nese sentido o borrado é independente do debate, porque a razón para realizado está motivada polos erros de procedemento. Ademais quero sinalar que se nalgún momento aparecen fontes que permitan afirmar que o vocábulo é correcto en galego pode restaurarse, mentres non podemos mantelo (esa entrada e calquera outra nas mesmas condicións). Está claro que toda información debe ser verificable e verificada, os posibles erros, omisións, fallos,...non queren dicir que ditas premisas non sexan de aplicación neste proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:39, 6 outubro 2008 (UTC)
- Engadido: quizais sexa interesante que explique todos os pasos que realicei para importar esas entradas desde a Galipedia para que quede máis claro onde se produciu o erro:
- Revisar na Galipedia a categoría Mover ao Galizionario
- Premer nun dos termos clasificados nesa categoría e comprobar que o marcador Wikt que indica que esa entrada se mova ao Galizionario non foi posto por vandalismo ou que a entrada non se modificou, de xeito que inválide o aviso, desde que foi marcada. Ao mesmo tempo revisar o historial da páxina.
- Verificar no Galizionario se a entrada existe en maiúscula (cando se realiza a importación a entrada vén en maiúscula)
- Comprobar se a entrada existe no Galizionario en minúscula (a.- No caso de que non exista en minúscula, a entrada en maiúscula pode moverse á minúscula; b.- No caso de que exista: comprobar no historial se xa foi importada previamente ou se vai ser preciso combinar historiais)
- Ir ao formulario de importación é inserir o termo a importar (este paso pode ser preciso repetilo varias veces ata que funcione dependendo dos erros do sistema nese momento)
- Mover a entrada importada en maiúscula á minúscula
- Borrar a redirección en maiúscula, posto que xa non é necesaria
- Ir á Galipedia e marcar a entrada para a súa eliminación rápida, indicando que foi importada no Galizionario xunto co seu historial completo
- O fallo estivo en que nestes casos non fixen as verificacións de referencias necesarias antes do paso 5, paso no que se produce de xeito efectivo a importación neste wiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:03, 6 outubro 2008 (UTC)
- Eu habia ben entendido co borrado non ten que ver coa decision que se poida tomar. É interesante de conocer o proceso para migrar da Galipedia ao Galizionario (o que me extraña é de ver Alexander Neill na lisatxe para mover, etioloxía ... patentemente son artigos con potencial enciclopedico - irei botar un ollo). Penso que concordamos todos que as entradas teñen que ter referencias (que o lector poida averigualas) que a entrada está vinculada a lingua que se pretende e en particular para a lingua galega. Repito que non penso que é o tempo de facer politicas. Por demais pareceme que Furagaitas dixo que andaba preparando algo para propór cando sexa oportuno. Saúdos Elvire 23:16, 6 outubro 2008 (UTC)
Pois si, Furagaitas anda a traballar niso, pero o certo é que ultimamente non lle podo dedicar todo o tempo que quixera. Comparto amplamente a opinión de Elvire, o Galizionario pode dar moito que si, sen ter que limitalo ás fontes oficiais ou oficiosas. Podemos tomar como referencias válidas tamén o TILGa, o CORGA,... (sen prexuízo de poñer algún tipo de filtro); así teriamos palabras como tosco suficientemente documentadas. Para palabras non referenciables como pachocho, non sei cal sería a mellor solución, se borralas ou poñerlles unha marca "Cómpre referencia" como a que hai na Galipedia. Ás formas referenciables non normativas pódeselles poñer unha mensaxe de advertencia. Furagaitas* 18:04, 7 outubro 2008 (UTC)
Referencia a artigos da Galipedia
editarPara remitir unha entrada do Galizionario ó artigo homónimo da Galipedia utilizámo-lo modelo -glref-, pero ¿como se fai, no caso da entrada compaña, para remitir ó artigo Santa Compaña? Pedro --Lameiro 22:40, 10 outubro 2008 (UTC)
- Lameiro mira si che conven a solución que puxen ? Elvire 22:45, 10 outubro 2008 (UTC)
- Váleme perfectamente (aínda que o vou mover para a súa acepción). Grazas, Pedro --Lameiro 22:52, 10 outubro 2008 (UTC)
- Si, esta mui bén onde o colocaches. Eu non dou coas dubidas que teño para traduci-lo ao francés, vouno deixar. Ata outra Lameiro Elvire 23:26, 10 outubro 2008 (UTC)
- Non che podo axudar co francés pero busca, que seguro que alí tendes esta mesma crenza. Éche unha supersitición universal, non só galega. Ánimo. Pedro --Lameiro 23:40, 10 outubro 2008 (UTC)
- Si, esta mui bén onde o colocaches. Eu non dou coas dubidas que teño para traduci-lo ao francés, vouno deixar. Ata outra Lameiro Elvire 23:26, 10 outubro 2008 (UTC)
- Váleme perfectamente (aínda que o vou mover para a súa acepción). Grazas, Pedro --Lameiro 22:52, 10 outubro 2008 (UTC)
Atando cabos soltos...
editarDeberiamos unificar criterios e decidir o lugar axeitado e a función dalgúns dos modelos que usamos nas entradas do Galizionario, en concreto o famoso {{PAGENAME}}, {{-etim-}}, {{-pronuncia-}}, {{-audio-}}, {{-def-}} e {{definicionimpropia}}.
Estes dous últimos modelos non están sendo utilizados. ¿Que facemos con eles? ¿Deixámolos de usar definitivamente ou empezamos a usalos de novo? Se os deixamos de usar habería que borrar os que xa hai; se decidimos mantelo haberá que valorar a opción de crear unha cabeceira similar para as entradas noutras linguas (é dicir, en vez de "Definición", que rece "Tradución ó galego", por exemplo). Os wiktionaries inglés, francés e portugués non o usan, o Wikcionario en castelán si ("Acepciones"). A estrutura cara a que tende actualmente o Galizionario parece desaconsellar o seu uso, xa que inclúe dentro das definicións outro tipo de informacións (sinónimos, termos relacionados,...), sen embargo o Wiktionary en castelán, cunha estrutura similar, si que o emprega.
{{-etim-}} (e máis {{-pronuncia-}} e {{-audio-}}) estase usando dun xeito algo anárquico, frecuentemente entre a cabeceira de categoría gramatical e as definicións, pero ó non usar a cabeceira {{-def-}}/{{definicionimpropia}} dá a impresión de que a etimoloxía non debería ir aí. Unha opción é recoller estes tres valores a continuación da cabeceira de idioma, pero temos o inconveniente de que unha mesma palabra pode ter máis dunha etimoloxía, polo que deberiamos numerar as diferentes etimoloxías (e pronuncias). Unha segunda opción sería (no caso de que non queiramos usar {{-def-}}) crear unha cabeceira de nivel 4 para recoller estes tres valores para cada categoría gramatical (na maioría dos casos sería a mesma información en todas as categorías gramaticais do artigo). Unha terceira opción é da que botan man no Wiktionary en castelán, no que para cada etimoloxía crea unha cabeceira de nivel 2, e a continuación as diferentes acepcións/categorías gramaticais (Velaquí un exemplo do Wikcionario e velaquí outro aplicado ó Galizionario). Furagaitas* 22:58, 16 outubro 2008 (UTC)
- Xa volverei para opinar Elvire 19:22, 17 outubro 2008 (UTC)
É bo iso de ir sacando conclusións. Aínda que só sexamos tres e non sei se seremos moi representativos, éche o que hai e con estes vimbios temos que face-los cestos.
- Eu suprimiría os modelos PAGENAME e -def-. Nunca lles vin utilidade ningunha.
- -defimpropia- habería que mantelo, aínda que xa dixen que dá lugar a confusión entre impropio e incorrecto (a min ma deu cando o vin). Recoñezo que eu non o uso nas poucas veces que estaba indicado.
- Paréceme moi atinada a separación (numeración) no caso de etimoloxías diferentes, aínda que non o entendo no exemplo de cuarto nin acabo de entende-las diferencias entre as tres opcións que dás. Pero a idea é boa.
Máis nada. Saúdos, Pedro --Lameiro 14:10, 19 outubro 2008 (UTC)
- o '''{{PAGENAME}}''' : para mín é indispensable, cando se percorre unha páxina na pantalla '''{{PAGENAME}}''' permite dar limites ó que se está lendo, vexase a utilidade nesta páxina fr:Angola (collin esta por ser simple de atopar o exemplo).
- {{-def-}} e {{definicionimpropia}} : eu non lle vexo interes e nonos uso.
- a orde para pór o conxunto {{PAGENAME}}, {{-etim-}}, {{-pronuncia-}}, {{-audio-}} : iste conxunto pareceme importante, maís non me dou aclarado en que orde está ben = a orde que se diga sigireina !
- o de es:toro e cuarto vanme mui ben, concordo a 100%.
Non sei si deiche contestación a todo o que pides Furagaitas ? Non dubides en volver preguntarme. Lameiro sintóo non concordar contigo. A ver o que dí Furagaitas e si é necesario seguimos falando. Elvire 17:13, 20 outubro 2008 (UTC)
O que expuxen na primeira intervención é un xeito de recoller opinións para un futuro sufraxio.
Intentarei explicar o das tres opcións que puxen ó final, recoñezo que resulta algo confuso. Sobra dicir que a opción que máis me gusta é a terceira.
O modelo de artigo, tal e como se deseñou hai case un ano (e que tivo como principais promotores a Sobreira e Aricum) era o seguinte:
-Categoría gramatical- (Cabeceira de nivel 3) * Etimoloxía: (Título de liña, sen nivel) * Pronuncia: (Título de liña, sen nivel) * Audio: (Título de liña, sen nivel) * Definición/Definición impropia: (Título de liña, sen nivel) -Traducións- (Cabeceira de nivel 4)
(Nota aclaratoria: o nivel dunha cabeceira é o que determina o tamaño da fonte da mesma, e a orde que vai ter no menú que aparece na parte superior das páxinas).
Cando unha palabra ten varias definicións (como acontece na páxina couce), a etimoloxía podíase poñer a continuación da cabeceira de lingua (de nivel 2), repetindo a cabeceira de categoría gramatical, {{-def-}} e {{-trad-}} por cada definición.
O modelo cara o que se tende actualmente presenta todas as definicións agrupadas e sen o título de liña {{-def-}}. A etimoloxía represéntase máis ou menos do mesmo xeito que antes, pero ten dous inconvenientes; por un lado, se a poñemos entre a categoría gramatical e as definicións (como en petar), ó suprimir o título Definición dá a impresión de que a etimoloxía está desubicada; por outro, situala a continuación da cabeceira de lingua ten o problema de que para unha mesma grafía pode haber varias etimoloxías. A conto de todo isto viñan as tres opcións de marras:
- A primeira opción sería recoller todas as etimoloxías dunha mesma palabra e lingua a continuación da cabeceira de idioma, numerando cada unha delas (véxase por exemplo no Wiktionnaire chat).
- A segunda sería reubicar a etimoloxía dentro de cada categoría gramatical, despois das definicións, creando unha cabeceira de nivel 4 (o mesmo nivel que {{-trad-}} ou {{-sin-}}). Na maioría dos casos estaríase repetindo a mesma etimoloxía para categorías gramaticais diferentes.
- A terceira opción consistiría en crear unha cabeceira de nivel inferior á de lingua e superior á de categoría gramatical, unha por cada etimoloxía, e dependendo de cada unha delas todas as categorías gramaticais pertinentes. (Véxase por exemplo no Wikcionario la, toro (neste caso repite a cabeceira de idioma, pero non o vexo preciso), pero (unha soa etimoloxía, pero dúas categorías gramaticais dentro da súa cabeceira)). No exemplo que creei a cabeceira recolle o nome do artigo (va, un {{PAGENAME}} de toda a vida), como no Wiktionary en castelán, pero tamén podería ser "Etimoloxía 1",...
Concordo con Lameiro en que o modelo {{-definicionimpropia-}} é interesante (aínda que o seu uso non sexa moi sinxelo), pero son máis partidario de que teña o mesmo destino que {{-def-}}: ou conservar os dous, ou abandonar os dous. Aínda que dean información diferente, teñen a mesma función.
Aproveito para desculparme por demorarme: aínda que me comprometín a buscar solución para certas cuestións, non podo dedicarlle ó Galizionario todo o tempo que quixera, e os resultados van aparecendo ós poucos. Furagaitas* 19:40, 20 outubro 2008 (UTC)
Por certo, Elvire, entendo perfectamente o teu comentario. Grazas a todos polas opinións verquidas... e polas vindeiras. Furagaitas* 23:03, 20 outubro 2008 (UTC)
Carro
editarNon entendo o propósito do cadro que temos na entrada carro. Non entendo para que pode servir nin que criterio se segue para enchelo. No cadro temos 65 voces, das que 15 están en vermello. Das outras 40, moitas son sinónimos (non partes diferenciadas) e dúas, como mínimo, non son "partes do carro":
- adival: Corda grosa e longa empregada para suxeitar a carga dun trasporte [é dicir, unha corda, coa que se ata a carga do carro ou calquera outra cousa que se necesite atar]
- recadén: Xugada auxiliar que vai por detrás do carro para frealo [por certo, tamén pode ir diante, axudando á xugada principal]
Ademais temos carro como categoría, con 108 voces. É dicir, que faltan moitísimas voces nese cadro. Claro que están dentro desta categoría conceptos que non corresponden, como abordelar (única acción relacionada co carro que temos) ou xugada (que, evidentemente, é cousa distinta do carro). Habería que repasar ben o resto. En conclusión: se existe unha categoría Carro, ¿que información queremos dar con ese cadro? Saúdos, Pedro --Lameiro 22:36, 23 outubro 2008 (UTC)
- Na miña opinión, e como ben di no título do cadro, o contido debe ser as "partes do carro". Para outras palabras relacionadas temos o {{-relac-}}. Supoño que o máis correcto será listar todas as partes polo seu nome máis común, reservando para {{-relac-}} ou Categoría:Carro outras como adival, apinar, solear, recadén, etc. Respecto ó que comentabas sobre abordelar e xugada, como xa advertira eu en Conversa:xugo, creo que non estamos seguindo unha pauta correcta á hora de categorizar (non só no referido ó "carro"). Non digo que esas palabras non deban estar recollidas na categoría Carro, porque efectivamente están relacionadas, pero quizá non deberiamos facelo explicitamente co {{sem}}. Furagaitas* 16:37, 24 outubro 2008 (UTC)
Wiktionary on mobile phones
editarNot sure whether this is already familiar, but thanks to the Sevenval AG a mobile phone version of Wiktionary is available online: http://gl.wiktionary.7val.com/ --Melancholie 18:04, 26 outubro 2008 (UTC)
Voltiña
editarEstou de volta, máis ben voltiña, por que será pouco e pouco. Agora estou axudando un chisco na kl.wiki pero pronto irei ó kl.wikt como escala antes de vir para aquí. Como as mensaxes de arriba son churros tan longuísimos como na época na que obriguei a exiliarme aquí, irei pouco a pouco e dende a última. Con todo, estiven cheirando e vin moi boas reflexións e moi profundas. Iso está moi ben. Os meus pasos inmediatos serán:
corrixir esas mensaxes do sistema erróneas (síntome obrigado como administrador)- volcar un dicionario de italiano con 4500 entradas (síntome obrigado como boteiro)
- preparar a base de datos a partir da kl.wiki e volcar un dicionario kl-gl
- preparar a base de datos a partir de Euskara en Galilibros e do dicionario Euskara-Galego para amplialo e darlle a volta
Vou agora coa primeira. Sobreira (parlez) 20:53, 1 decembro 2008 (UTC)
Revisei as mensaxes erróneas do sistema. Advertencias:
- 41 MediaWiki:Passwordremindertext onde está enviáramos?
- 47 MediaWiki:Rcliu non estou seguro de que haxa que cambiar non estaban por estaban: tarefa para PREVERT
- 56 MediaWiki:Undeletehistory cambiei revisión por edición, pero non estou seguro dese non: tarefa para User:Prevert
Vou por tabaco
- BENVIDO. Caray, volves coas pilas cargadas, eh. Alégrome de contarmos de novo coa túa inestimable colaboración. En relación coas reflexións vertidas máis arriba, estou preparando (pouco e pouco) material para unha votación sobre cuestións pendentes, na que me gustaría contar coa opinión de todos (estoume demorando un pouco porque me estou parando coas páxinas marcadas para completar - xa levo unhas 700).
- Respecto ás mensaxes erradas:
- A 41 foi modificada por Prevert en setembro (substituída pola mensaxe xenérica da tradución galega de MediaWiki).
- A 47 tireina de aquí, e se nos fiamos da versión en inglés, o non da tradución sobra.
- Na 56 novamente me remitiría á versión en inglés para xustificar o non.
- Un saúdo. Furagaitas* 02:02, 2 decembro 2008 (UTC)
a miña reflexión (ou opinión) 1
editarVou ir respondendo Modelos:(#O exemplo das locucións e Conversa:branco). Témome que terei que ir de arriba cara abaixo para poder comprender as cousas. Sobre o tema de branco, branca, peixe branco, peixe azul, costas, locucións, barba, abisal, listaref e jolie (de jolier).
- branco/branca pode ser substantivo e adxectivo, pero o que non pode ser é só adxectivo dun xénero. Ás veces pasa que o normal é usar un adxectivo nun só xénero (parteira) pero non sempre é así (sapo parteiro). Outras veces parece que só pode existir un xénero (embarazada), pero pensando un pouco pódese facer unha locución co outro xénero (un ventre/bandullo/pandeiro embarazado (o primeiro soa moi poético, por certo; e o último era o axeitado para meterme coa miña irmá cando estaba do meu sobriño), ou mellor: un útero embarazado?, un ser humano embarazado; seguro que atopades algún exemplo mellor).
- Isto vai co tema das locucións: para min, peixe branco é unha locución por que:
- O peixe non é branco, que ten escamas e ás veces ten moitas cores, polo que o de branco non ven pola cor exterior do animal, é un significado de branco distinto do que usaríamos combinándoo con calquera outra palabra; o significado en realidade procede do conxunto das dúas palabras á vez; igual con peixe azul, pero non con peixe prateado ;)
- Sei que moitos dicionarios (cítase DRAE, DRAG, Xerais) usan adx.f. e adx.m.: eu creo que é por aforrar espazo. Moitas veces non son coherentes e teñen problemas para aclararse (v. artigos emendados do DRAE, por exemplo cuarta, que modificaron de "v. cuarto" a "medida entre dous dedos..."). Se non crearía unha entrada nova para amarela por que significa o mesmo que amarelo, tampouco para branca (polo menos cando significa o mesmo ca branco). No caso de branca si, por que aparece en locucións onde a forma en feminino é invariable (non se di *estar sen branco). Nos casos como amarela, faría unha redirección.
- Se se opta por diferencialos, hai que ter en conta o significado (como di Elvire máis abaixo); se se opta por xuntalos, pídese un coñecemento máis gramatical e (non hai que esquecelo) etimolóxico, que ás veces (polo que se ve) non teñen nin os do DRAE. E o do significado coido que é algo ó que todos podemos chegar a un acordo (salvo cando a miña outra irmá di que o seu coche verde é gris). No caso de costas, paréceme claro: úsase costa estendendo o significado de costas? Non. Pois eu crearía outra entrada.
- Por certo, con esta palabra (e outras) está o problema de separar /kOsta/ e /kosta/ cos dous tipos de vogal media. Pero para iso creo que xa haberá tempo.
- Sobre as locucións (locución modal??)
- Sobre o que merece ser entrada ou non, eu non metería cantaron salvo como redirección. Igual coa flexión XN de adxectivos e nomes que derivan deles (ou non) e N de nomes (v. amarela). Moitas redireccións non fan dano, pero moitos artigos creo que é un luxo que non nos podemos permitir. Iso si, deberían aparecer as súas formas: o caixa VXN ou VN ou a táboa de conxungación. Outros casos son:
- se se quere remarcar nas formas irregulares (estilo verbos ingleses sing, sang, sung), pero aquí tamén poría unha redirección e a táboa de formas no destino;
- se coincide cunha forma que por si mesma merece estar: canto pode ser o verbo, pero se cando buscamos só aparece o substantivo, pode desorientar. Aí si que se podería poñer unha mención
- O de usar <referencias> en notas paréceme unha boa solución
- Sobre poñer locucións unha xerarquía máis abaixo cá categoría gramatical principal ou se poñer termos relacionados barba, abisal: deámoslles uns enormes agradecementos a aqueles que deseñaron o método de modelos, por que sería simplemente ir ó modelo -locuc- e poñerlle un par de = máis. Habería que comprobar as páxinas que o usan se admiten este cambio e xa está. Termos relacionados deixaríao para relacións semánticas (carro: as súas partes) ou morfolóxicas (canto: canción, cantinela, cantiga).
Vou botear. Mañá máis. Sobreira (parlez) 23:36, 2 decembro 2008 (UTC)
Galizionarios multilingües
editar(Tema trasladado á páxina de conversa do Proxecto de Portada) Furagaitas* 15:49, 3 decembro 2008 (UTC)
Segundo posto mundial para a Galipedia
editarSuperámonos. Se nalgún momento fomos o terceiro wiktionary en número de entradas, agora temos un record maior: somos (só detrás do yi:yiddix) a segunda wikipedia con menor proporción de usuarios por administrador. Eles teñen 10 e nós, con 529 usuarios e 11 administradores, 48.09 usuarios para cada administrador. Séguenos de cerca o serbocroata con 48.25 e logo xa o náhuatl con 68. Tamén somos a 7ª-10ª en número de administradores: en 81, yi 50, fr 22, de 22, pl 18, es 16 & sv-pt-nl-gl con 11. Descubrino cando engadín datos a wikipedia:gl:Galizionario. Sobreira (parlez) 01:15, 4 decembro 2008 (UTC)
Agora lembro por qué estaban separadas! Trátase de topónimos internacionais, nin de Galicia nin de España. Agora xa os enviei a Categoría:Toponimia (salvo A China e familia), pero gardei os datos, así que se queremos podemos reenvialos outra vez a Categoría:Toponimia internacional ou Categoría:Toponimia internacional en galego. Que pensades? Botsobreira 11:55, 4 decembro 2008 (UTC)
Bandeiras nos modelos
editarBoas a todos
Comentoume Elvire acerca do tema dos modelos coas bandeiras (modelos tipo Modelo:-eo-). A meirande parte deles non hai problema, pero eu mudei algúns:
- Modelo:-ar- : non tiña bandeira, lle puxen a bandeira da Liga Árabe, por considerar que, ao falarse en tantos países e haber unha organización que aglutina a eses países, sería boa opción. Porén, penso que se debería pór a bandeira do sitio orixinal, que penso que sería Arabia Saudí.
- Modelo:-en- : puxen a bandeira de Inglaterra no canto da de Reino Unido. Xa sabemos que ningunha bandeira representa á perfección a unha lingua, pero penso que a de Inglaterra representa mellor ao inglés que a do Reino Unido.
- Modelo:-es- : en concordancia co nome "castelán" puxen a bandeira de Castela. Dende o meu punto de vista, pór a bandeira de España é equivalente a pór a de, por exemplo, Ecuador ou México.
- Modelo:-la- : puxen a bandeira do Vaticano, porque ao seren unha lingua morta e non ter falantes nativos, acho que o mellor sería pór a do sitio onde é oficial.
Non se me ocurren mais, sería boa cousa falar isto. Se non hai queixas deixo os modelos como están. --Norrin strange 15:25, 6 decembro 2008 (UTC)
- Esquecín unha: Modelo:-ik- que é para a lingua inupiaq, que só fálase en Alaska, por iso puxen a bandeira deste estado, aínda que non teño moi claro... se houbese algunha bandeira "pan-inuit", a poría.--Norrin strange 16:00, 6 decembro 2008 (UTC)
Persoalmente non son moi partidario de usar bandeiras, pero penso que de usalas sería mellor usar as máis coñecidas e representativas para cada lingua. Por exemplo: supoño que case todo o mundo asocia a bandeira de España co castelán, mentres que non todo o mundo coñece a bandeira de Castela. O mesmo no caso do inglés. Desde hai algún tempo estou a recoller información (hoxe en colaboración con Sobreira) do que debe ser consensuado no Galizionario, polo que se credes que hai algún tema que non estea claro, podedes comentárnolo para tomar nota. Podedes ver un adianto do que se está cocendo en Usuario:Furagaitas/mv. Por outro lado, quero felicitar a Norrin strange pola súa actividade nos últimos días. Furagaitas* 20:21, 6 decembro 2008 (UTC)
Estou por fin subindo con Sobreirabot mais de 4000 entradas de italiano. Sei que van erros, como a forma inexistente de accoppiare (creo que só me pasa cos verbos) e a lematización incorrecta dos reflexivos, como accingersi, pero se non comezo hoxe, bótaseme a final das vacacións enriba e a busca e corrección do erro non sei canto me obrigaría a tardar máis en subir os datos. Polo que sei, estes erros son moi esporádicos (os reflexivos son 150, que entre 4000 non está mal; os outros non poden ter tampouco unha frecuencia moi alta por que xa seleccionei datos que non desen problemas). Espero que saibades comprendelo. En canto teña localizada a causa, revisareino manualmente.
Por outra banda, reitero a oferta de Furagaitas. Cantas máis ideas teñamos do que hai que decidir, máis concretaremos o que queremos, mellor serán os nosos artigos, máis prestixio e más rápido aprenderá a nova xente que se nos una (moita xente xa me comentou que non editaba por que o consideraba moi complexo: se temos unhas regras claras, adiantarémoslles o camiño).
Sobre o das bandeiras, tres cousas: A) sei que houbo debate (e polémica) sobre o tema, e se de momento está así é por que non hai nada decidido, por iso outra vez máis, anímovos a opinar; B) Si que hai unha bandeira pan-inuit, a da sociedade circumpolar; C) tamén coido que é mellor crear modelos a medida que se vaian tendo datos deles. Botsobreira 21:19, 6 decembro 2008 (UTC)
Disinto moito, pero tamén entendo que é unha cuestión de convención. Con todo, acabo de ler o que escribiches de "Se non hai queixas deixo os modelos como están". Eses dous modelos en concreto son dos máis usados no Galizionario, e ó sistema cústalle horrores executar esas modificacións, así que non me queda máis remedio que, malia a miña opinión contraria, recomendar que os deixes así ata unha decisión final. Botsobreira 23:13, 6 decembro 2008 (UTC)
Furagaitas:
eu tampouco son moi partidario de empregalas. Pero, de empregalas, prefiro empregar a mais correcta. Que a bandeira de Castela non sexa a mais coñecida non é moi relevante, xa que realmente as bandeiras cumpren unha cuestión estética nas entradas. Se poñemos "castelán" o lóxico é empregar a bandeira de Castela se existe, e neste caso así é. O mesmo para o inglés. Porén, xa digo, para min é mellor retirar as bandeiras, polos problemas que poden ocasionar, aínda que hai de recoñecer qu teñen o seu encanto.
Sobreira:
Móllate sen medo, debatamos. Hai moito que debater no Galizionario. Dende o meu punto de vista, hai un exceso de imaxe nas entras, coas iconas de pronuncia, son, etimoloxía e demais. Sica se fosen en branco e negro serían mellores, mais...
--Norrin strange 00:18, 7 decembro 2008 (UTC)
Disinto tamén: non hai moito que debater, senón hai que hai moito que decidir (e tamén que facer). Hoxe descubrín unha entrada notable pola súa sinxeleza, sabugo, obra, como non, do sen-par Lameiro. O único que me disgusta é a numeración das definicións (aínda que ese é o menor dos problemas) e a asignación da tradución. Por qué non colocar as traducións xunto ós sinónimos, dentro de cada acepción? Nos dous casos non son máis ca relacións de significado respecto a unha definición, a que dá cada acepción. Esa é a única filosofía que considero entendible. Para iso habería que reducir imaxes, é certo, pero estou disposto a pagar ese sacrificio (salvo as de lingua, sexan bandeiras ou barras azuis). Para min todo xira arredor da acepción, do significado, salvo etimoloxía e pronuncia (e algo máis por se me esquezo). Son semantista... O resto para min son só listas de palabras a dúas columnas que non especifican a que tipo de banco se refiren as traducións, salvo cos farragosos números.
Bandeiras nos modelos (bis)
editarPersoalmente tampouco son partidaria de usar bandeiras nos modelos das linguas. Polo de momento estan hai. Por min non habia que polas nos modelos Modelo:-ar- e Modelo:-la- estaban mui ben sen bandeira. No modelo Modelo:-ik-, ainda que sexa partidaria de non ter bandeiras pois deixariame convencer por ser como o galego unha lingua vernacular, pero hai maís linguas que se falan en Alaska, o inupiaq só representa unha parte, esique non entendo esa bandeira coa lingua. Agora para o que é dos flags de Inglaterra Modelo:-en- e de Castela Modelo:-es- non podo entender que queden nos modelos en espera dunha decision da comunidade. Xa o expliquei a Norrim strange se hai presa pois que a comunidade diga algo. Eu persoalmente podo admitir moitas cousas que non sexan da miña opinion, maís non podo admitir ca bandeira de Castela represente o castelán, ca bandeira de Inglaterra represente o inglés. Só podo entender que de xeito mui formal o castelán é de Castela e o inglés de Inglaterra, dei a cas bandeiras representen hoxe en día as linguas para mín é como burlarse do lector. Non sei como esplicalo máis para xustificar que iso sale moito dun punto de vista neutral. Non vou pedir fontes que xustifiquen de donde pode vir que se poida pór esas bandeiras para representar isas linguas e non vou tampouco traer as fontes que admiten ca bandeira de España pode representar (ainda que mal) a lingua castela e ca bandeira do Reino Unido pode representar o inglés (ainda que mal). Esique non concordo para que queden as bandeiras nos dous modelos : o punto de vista neutral sufre moito, penso eu. Saúdos, desexando que se tome unha decision rapida. Elvire 01:52, 7 decembro 2008 (UTC)
etimoloxía e pronuncia
editarEu utilizo moito isto porque de ter isas páxinas permite de por de vez en cando etimoloxías e pronuncias, igual co que fai Furagaitas completando o montón de páxinas creadas sen acepción. Eu non teño bot e non sei de bots, axudame moito que os artigos tenñan o formato preparado, axudame moito que se vexa ben "etimoloxía" e "pronuncia", tamén ando estudando como engadir arquivos audio de commons. Se eso é un problema para a calidade podo paralo sen estar convencida. E verdade que eu trato de colaborar no que podo e pensando no que me gusta como lectora. Maís non teño eu a verdade. Elvire 01:52, 7 decembro 2008 (UTC)
bandeiras e modelos
editar- Sobre o da bandeira: se tanto problema leva, e urxencia, podemos propor unha votación xa se queres, sen esperar a que Fura e mais eu preparemos a batería. Semella que hai bastante discrepancia coa situación actual xa de hai tempo, polo que o vexo necesario. Pero iso leva a que vaiamos pensando un modelo. O de deixalo de momento díxeno por cuestións técnicas, non por nada máis. Eu son o primeiro crítico desas bandeiras: a de Castela debería ser morada, non cor burdeos, pero o número de páxinas que usan -en- e -es- é tan enorme que non creo que sexa conveniente andalos a cambiar cada dous por tres, e máis se nunha votación é tan previsible que se quiten como vai ser este o caso.
- Sobre o de etim e pron.: dígoo por que é bastante desalentador ver unha categoría de incompletas con 3000 páxinas, non por outra cousa (e máis cando no seu momento comecei a darlles categorías de Categoría:Entradas por evolución fónica).
- Creei un conxunto de modelos que consegue a tan arelada (polo menos por min) caixa (ou táboa) despregable. Os modelos chámanse modelo:1, 2 e 3 (ou trad -de "tradución", tras -de "salto"- e traf -de "final"-, aínda que non só se poidan utilizar para "Traducións"). As instrucións están nos propios modelos. Exemplos: Wiktionary:Zona de probas, adherir, polaco e sabugo. Púxenlle unha marxe á esquerda para que quede aliñado co resto dos datos das acepcións, por que a miña lóxica me pide que sinónimos e traducións dependan de cada definición.
- Bot para italiano: Metín unhas 2300 entradas, pero non rematou o tema: mañá a outra metade (de feito parei por que se me parou o bot só). Sei que vai algunha con erro, pero coido que son capaz de detectalos e xa os amañaré. Deixádeme un día máis sen meter ningunha entrada italiana.
Bicos e/ou apertas. Sobreira (parlez) 05:35, 7 decembro 2008 (UTC)
Bandeiras e demais
editar- Eu sinceiramente: non me gusta que se poña a bandeira do Reino Unido como bandeira do inglés, é absurdo, erróneo e unha falta de respecto aos falantes doutras linguas no Reino Unido. Penso tamén que, neses modelos, sería boa cousa que se vese o código ISO empregado para clasificar as linguas.
Non me entendades mal: gosto dos artigos con bandeiras, mais penso que é unha fonte de problemas. Ademais, se se poñe nunhas tense que poñer en todas. e si, sería boa cousa facer unha votación.
- Dicionarios bilingües: penso que se lles pode dar moito pulo. e que sería boa cousa levar os existentes (aragonés, inglés, cheién e euskara) á portada.
- Concordo con Sobreira no dos modelos de pronuncia e demais. Ademais como se fai este? dígoo porque hai varios sistemas para representar as pronuncias.
- Non me gustas moito os modelos despregables. Eu creara ourtra forma para as traduccións: podedes vela en león.--Norrin strange 09:45, 7 decembro 2008 (UTC)
- Rectifico este último punto: o modelo de sobreira en [sabugo]] está moi pero que moi ben. Ao meu modo de ver, é nesa liña popr onde ñen que ir as entradas. E penso que é boa cousa pór as traducións logo de cada acepción.--Norrin strange 10:10, 7 decembro 2008 (UTC)
Bandeiras e punto de vista neutral
editarEu esperei, paréceme, o tempo necesario para que os que poden ter dúbida calquera sobre a posibilidade para que esta bandeira de Castela poida representar a lingua castelá, e que esta bandeira de Inglaterra poida representar a lingua inglesa, tivesen tempo de verificar que é un atentado patente a un piar dos proxectos wiki, o respecto do punto de vista neutral. De non ser ignorancia que xa pudo estar controlada, só pode ser o punto de vista militante (que non vou desenvolver eiqui, e que como calquer punto de vista é respetable). Con este fin ausenteime algúns días para non garantir. En efecto, se non se tratase de Norrim strange eu houbera trocado deseguida as bandeiras dos dous modelos polas que estaban antes (que non por eso me gustan). Que pensades facer? Elvire 22:00, 9 decembro 2008 (UTC)
- Eu penso que xa expliquei o meu punto de vista dabondo. Xa que logo, considero que, ao non haber unha clara vontade de facer un debate serio sobre modelos de artigo, modelos de linguas e demais, marcho temporalmente deste proxecto. Xa tiven disgustos na Galipedia, xa que as cousas prantexábanse pero finalmente non se facían votacións (toponimia, nomes das equipas de fútbol...). Aquí o mesmo. E por certo, Elvire: pór a bandeira de España e Reino Unido, iso si que non é neutral. Até mais ver. --Norrin strange 08:47, 10 decembro 2008 (UTC)
- O dos nomes das equipas de fútbol si que se aprobou na Galipedia. Non todo, para ser aplicado ten que pasar por unha votación, se hai consenso e así se fai saber na taberna ou onde for, vaise adiante sen votación. En troques no caso da toponimia hai moitas opcións, e cadaquén terá predilección pola súa escolla. O dos topónimos é un asunto que todavía hai que madurar, e facer unha boa proposta. Respecto ó das bandeiras, eu sacaríaas, xa que son unha fonte de discordia (como se ve). Tamén penso que para apoia-lo punto de vista non era necesario facer esas edicións, xa que levan dun xeito común (pode que erróneo) de amosa-las bandeiras a un xeito unilateral (e pode que erróneo) de amosalas. Con todo, xa digo que eu votaría por quita-las bandeiras. Un saúdo. --Albert galiza 20:07, 10 decembro 2008 (UTC)
- Volto ao traballo. Perdón a todos. E de acordo con Alberte, coma case sempre.--Norrin strange 20:30, 10 decembro 2008 (UTC)
Proposta de consenso
editarAlberte sempre dirian un vello con moita sabedoria (D:). Propoño un consenso : Retiro persoalmenta a mán todos flags dos modelos que van as cabeceiras dos artigos ???? Se hai consenso, comprometome a facelo o maís rapido que poda e comezo a seguida do consenso, sen pór máis de duas noites.Elvire 20:41, 10 decembro 2008 (UTC)
- Eu, persoalmente de acordo. --Norrin strange 21:06, 10 decembro 2008 (UTC)
- Eu tamén concordo ! Elvire 21:18, 10 decembro 2008 (UTC)
- Concordo. Furagaitas* 22:52, 10 decembro 2008 (UTC)
- Neutro', polo ben de todos & Comentario'Grazas a todos. A verdade é que acabo de ver os acontecementos e sorpréndeme a velocidade que toman (tomaron). Ante todo grazas a todos por axudarnos entre todos. A Prevert e a Elvire por estar presentes tan rápido, a Norrin por ter paciencia e non deixarnos e a Furagaitas pola idea da megavotación. Estaba entre dúas ideas incompatibles, externa e internamente. Eu tamén teño a miña opinión sobre as bandeiras, e sobre os modelos, e teño moita impaciencia por que cheguemos a un consenso e orientemos todos igual os nosos remos para pular mellor este barco. Simplemente agardaba con Furagaitas a termos todo preparado para sabermos onde imos, cales son os nosos vimbios. Pero as cousas precisan o seu tempo (e eu pensaba que tiña paciencia: foi chegar á wikipedia e ver que ás decisións levaban semanas). A verdade, Norrin, é que se chegas a marchar consideraríao un fracaso persoal. Primeiro por que fun eu quen comezou coa primeira bandeira. Segundo por que non din manexado ben este asunto, a pesares de non estar ausente de todo. Esta semana non estou tan libre como a semana pasada, nin o meu bot se pode acender como me gustaría. Sempre me sentín con moita liberdade para traballar aquí e na Galipedia, e gustaríame que vos pasase o mesmo, pero tamén é certo que ás veces teño e temos que exercer a autocensura (v. ó final de User:Sobreira/modelo-exemplo). Por iso cho dixen de facer a ti, Norrin, por que eu non podo autocensurarte (< auto, "reflexivo"). Eu tamén teño impaciencia, e poucas máis unllas e tabaco me quedan, pero terei que ter máis. Non vou disentir da aplastante maioría cando o tema xa se debera votar hai tempo, pero só agardaba a furagaitarnos todos.
- Elvire: a eliminación fágocha eu co bot, non te molestes en facela a man. Como comprobarás, en dous días aumentamos catro mil entradas, así que as menos de 100 dos modelos con bandeira modifícanse en vinte minutos (se son quen). Prefiro que dediques ese tempo e esforzo a axudar a Fura a rematar de redactar esa megavotación e que así teñamos unha terceira opinión de sobre que votar, como votalo e telo canto antes. En realidade, esa suxestión vai para todos. Por que coido que é máis doado traballalo entre os dez que somos aquí e telo pensado e case debatido (moito xa se leva adiantado con todo o que hai enriba destas liñas na Taberna) cando chegue a hora de votar. Canto antes se comece, antes se remata. Xa sabedes onde está. De feito, se a Furagaitas non lle molesta adiantar ese tema en concreto e todos estamos d'acordo coas alternativas propostas que hai, podemos poñelo xa como proposta para votar. E grazas a todos again. bicos e bicas. Sobreira (parlez) 01:49, 11 decembro 2008 (UTC)
- Elvire, xa quitei tódalas bandeiras, agás a de Modelo:-gl- (cómpre ser administrador) e a de Modelo:-uk-, á que non consigo acceder. --Norrin strange 12:51, 11 decembro 2008 (UTC)
Sinto ter que vir eu a augar o fío pero cando se abre un debate para chegar a un acordo deste tipo non pode pecharse e tomar unha resolución en menos dun día. Hai que dar opción, suceda ou non, para que outros colaboradores interveñan e dean a súa opinión; máxime nun momento como o actual cando se perfilan novas propostas. Nestes casos tan importante como a decisión en si está o procedemento e o xeito en que os colaboradores cheguen á decisión. Ademais o debate ten máis ramificacións que as bandeiras que poidan ter os modelos de linguas, tamén están na mesma situación as bandeiras nos dicionarios bilingües e aclarar as limitacións dos usos das bandeiras noutros casos. Polo tanto, aínda que ao final se volva facer o mesmo ao cabo duns días as mudanzas que se fixeron deberían desfacerse provisionalmente, o mellor sería que o propio Norrin strange recuperara a situación anterior. En canto ao prazo para ter aberto o fío, debería ser polo menos unha semana (seguindo procedementos habituais nestes wikis). Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:10, 11 decembro 2008 (UTC)
- Unha vez feito o dano (entendo que sen má intención, e por descoñecemento do procedemento), penso que o máis razoable sería manter a votación aberta e non volver tocar os modelos excepto que esta votación cambie de rumbo. Non era de partidario de ningún dos cambios que se fixeron ata agora, e sigo sen selo. Deixemos que o lume se apague dunha vez por todas. Furagaitas* 15:25, 11 decembro 2008 (UTC)
- Entendo ben o que di Prevert e concordo de xeito xeral. Pero hai no caso diste wiki (O Galzionario) elementos mui particulares. Houbo un traballo enorme por un "equipo" que fixo moito. Dise equipo Prevert e Sobreira volven de vez en cando. Logo engadese por algun tempo un usuario. Furagaitas semella ser o maís fiel. Eu dende o principio do ano trato de ser máis ou menos regular. É por isto que non vexo moito como se pode considerar que se se fan mudanzas poidan ter moita lexitimidade. Por exemplo non vexo moito a diferencia entre un día e unha semá para executar un consenso. No caso das bandeiras nas cabeceiras, semella que somos catro (Furagaitas, Sobreira, Norrim strange e eu) a prefirir que non se identifiquen as linguas con bandeiras. Sendo 4 votos (3 a favor e un neutro) en consideración que poidan ser 6 de usuarios máis ou menos activos, e sabendo que a maioría dos wikidicinarios non levan bandeira para identificar as linguas (quero decir que isto non semella ser unha decision que vai en contra dos principios wiki, mais que é unha decision mui comun, sen orixinalidade), por un día ou unha semá non hai diferencia. Somos tan poucos que ou pasamolo tempo falando ou traballando, agás os que teñen bots e que poden facer en dous días o traballo que eu faria en dous anos. Isto tamén pode facer que temos puntos de vistas "tecnicos" mui contradictorios. Sabemos ben que un usuario rexistrado e que ten un minimo de contribucións que testimuñan da sua boa fé sobre o proxecto vale tanto como outro. Recollendo todo esto, a problematica é a siguente : traballar sen mover nada ou pasar moito tempo razoando e tomar decisións que poden ser conflitivas e por demais illexitimas por o numero baixo de participantes. En resumo por mín podese considerar que ó de sacar as bandeiras en tan pouco tempo (sendo repitóo unha decision que levan a maiorías dos outros dicionarios) é unha cousa definitiva hasta que se fagan votacións máis lexitimas sobre o tema. Se nos vindeiros días aparece un montón de usuarios listos para levar a cabo as conversas necesarias e que queren volver pór bandeiras, poís pasaseromos a un voto con discusións e o tempo de espera necesario. Se non aparecen ises usuarios que poidan razoar e coller tempo para un proceso máis lexitimo, póis por mín iste consenso vale tanto como outro. Para non seguir con líos digo coma Furagaitas, deixar o consenso aberto, a ver o que pasa, a ver si veñen moitos usuarios interesarse polo tema. A cousa pode ser mui positiva para o Galizionario, se ven outro máis con un bot e que arrrea coma Sobreira e dous ou tres máis, de seguro que ao comezar o 2009 podemos ir a votos para mellorar moito a calidade e que en cantidade vamos pillar a Galipedia ! Xa se vera. Eu non me desanomo e vou intentar seguir un pouco. Elvire 18:18, 11 decembro 2008 (UTC)
Non serei eu quen me poña a argumentar a prol de manter as bandeiras, a cuestión non vai por aí, nin pretende entorpecer ningún cambio. Precisamente do que se trata é de garantir a lexitimidade desas decisións e que teñan certo percorrido. Cando se toma unha decisión temos que asumila todos, gústenos ou non, e a min a miúdo tócame comunicar aos usuarios novos cales son os criterios que se seguen e recibir as súas "queixas" cando non están de acordo. Nese sentido penso que son importantes os procedementos, para que os que veñan detrás, e nós mesmos, teñan e teñamos claro a validez dos acordos aos que se chegue. Xa que tanto Furagaitas como Elvire non están polo labor, non desfarei os cambios aínda que penso que esas edicións deberían desfacerse. Quero deixar claro que isto non é un reproche a Norrin strange, sei que o fixo por axudar máis nada. En canto ao debate, a miña opinión é que o dito sobre as bandeiras nos medelos de linguas é válido para os dicionarios bilingües porque en ambolos dous casos estamos nas mesmas, polo tanto se se decide eliminar as bandeiras habería que facer o mesmo cos dicionarios bilingües e en todos aqueles casos semellantes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:49, 11 decembro 2008 (UTC)
- Tes toda a razón Prevert e non son quen para sacarche un iota a todo o que dis. Eu xa o sabes concordo sempre para cos proxectos adianten con proceso de garantia da lexitimidade das decisións e que teñan certo percorrido, tal como o dis. No traballo que fixen eiqui, intentando comprender a estrutura que xa estaba feita procurei atopar un metodo persoal que me permita aumentar cantidade e calidade coas miñas posibilidades, con prazer e pensando a utilidade para o lector (sabendo ca miña vista da utilidade non é superior a doutros, só é unha guía nas fallas de regras da comunidade, claro esta que non pretendo representar o lector). Ao principio para comprender anduven buscando regras consensuadas e pouca cousa atopei. Por dar un exemplo, quixen ao principio coller palabras en galego e logo cóo sentido ver as que prodía traducir ao francés para logo abrir a palabra en francés. A cousa resultoume mui pesada xa que salianme moitas palabras a completar. Logo pensei que habia que limpar eso : un lector que en dez minutos vé dez palabras a completar ... Pero dinme conta (non lembro onde) que iso foi un traballo da comunidade. Logo tamén deime conta que xa habia cantidade de páxinas para limpar. Sobreira axudoume para botarme. Eu non estou ao seu nivel, nin en linguistíca, nin en ferramentas. Todo isto para ilustrar que acabei por pensar co Galizionario era obra dun "equipo" que entendeuse mui ben arrancou un traballo tremendo que merecia a pena de seguilo tal como esta concebido. Penso que para arrancar o que eiqui se arrancou non se podía estar no : "do que se trata é de garantir a lexitimidade desas decisións e que teñan certo percorrido". Concordo que agora hai que ir a eso e coller tempo para facer procesos de decisións. Eu desexo esa evolución. Podese contar comigo (tendo en conta as miñas limitacións persoaís).
Para volver o tema das bandeiras para respresentar as linguas, sen saber se a comunidade vainas volver a querer pór, hai que saber que pór unha bandeira para representar unha lingua é algo que ten que ver coas ideoloxías ou co comercio (os dicionarios de papel que levan bandeira na coberta sempre é con obxectivo comercial), que eu seipa non hai relación bandeira/lingua asentada, cando un dicionario "escolar" dunha lingua leva a badeira dun país e porque se refire a tal lingua na cultura de tal país e darlle esi un toque restrictivo as palabras que iran en tal dicionario.
Concretamente Prevert debemos deixar este consenso aberte ? ou abrir unha páxina de votación sobre o tema das bandeiras nos modelos de linguas ? No caso de votación estaría ben de ter a mán os elementos que fundan o porqué tiñamos esas bandeiras, eso podería servir de base o debate. Polo que vín todas bandeiras desapareceron, nos artigos e nos dicionarios bilingues, xa sabemos ben en espera dunha decision lexitima.
Sen maís e que non perdamos ánimo.Elvire 22:58, 11 decembro 2008 (UTC)
- Tes toda a razón Prevert e non son quen para sacarche un iota a todo o que dis. Eu xa o sabes concordo sempre para cos proxectos adianten con proceso de garantia da lexitimidade das decisións e que teñan certo percorrido, tal como o dis. No traballo que fixen eiqui, intentando comprender a estrutura que xa estaba feita procurei atopar un metodo persoal que me permita aumentar cantidade e calidade coas miñas posibilidades, con prazer e pensando a utilidade para o lector (sabendo ca miña vista da utilidade non é superior a doutros, só é unha guía nas fallas de regras da comunidade, claro esta que non pretendo representar o lector). Ao principio para comprender anduven buscando regras consensuadas e pouca cousa atopei. Por dar un exemplo, quixen ao principio coller palabras en galego e logo cóo sentido ver as que prodía traducir ao francés para logo abrir a palabra en francés. A cousa resultoume mui pesada xa que salianme moitas palabras a completar. Logo pensei que habia que limpar eso : un lector que en dez minutos vé dez palabras a completar ... Pero dinme conta (non lembro onde) que iso foi un traballo da comunidade. Logo tamén deime conta que xa habia cantidade de páxinas para limpar. Sobreira axudoume para botarme. Eu non estou ao seu nivel, nin en linguistíca, nin en ferramentas. Todo isto para ilustrar que acabei por pensar co Galizionario era obra dun "equipo" que entendeuse mui ben arrancou un traballo tremendo que merecia a pena de seguilo tal como esta concebido. Penso que para arrancar o que eiqui se arrancou non se podía estar no : "do que se trata é de garantir a lexitimidade desas decisións e que teñan certo percorrido". Concordo que agora hai que ir a eso e coller tempo para facer procesos de decisións. Eu desexo esa evolución. Podese contar comigo (tendo en conta as miñas limitacións persoaís).
- Ben, entonces que facemos? Digo, non sei que debemos facer. Hai tres opcións:
- OPCIÓN A: desfago os cambios e ampliamos a marxe de busca de consenso.
- OPCIÓN B: non desfago os cambios pero mantemos a marxe por se alguén é pro-bandeiras.
- OPCIÓN C: non desfago os cambios e péchase a "votación".
- Ti que cres, Prevert? En canto ás bandeiras dos Galizionarios, si, hai que quitalas, segundo acordemos aquí as quito ou non. En canto ao quitar as bandeiras, fíxeno sen mala vontade. --Norrin strange 08:20, 12 decembro 2008 (UTC)
Rematando o 2008
editarNon creo que me engane se digo que o 2008 foi un dos mellores anos do Galizionario. Repasando o traballo realizado durante o ano...
- Aumentamos o número de artigos en máis do 50% (duns 17200 a máis de 25800), é dicir, máis de 8600 artigos novos.
- Completamos máis de 800 páxinas que estaban sen definición (dunhas 7015 a unhas 6182).
- Demos o primeiro paso para resolver unha morea de dúbidas e problemas que arrastraba o Galizionario desde a súa orixe.
- ...
Daríame por conforme se no ano vindeiro fixésemos a metade do que fixemos este ano, pero oxalá fagamos o dobre.
Quero aproveitar para desexar unhas boas festas e un próspero 2009.
[ Furagaitas * ] 01:05, 23 decembro 2008 (UTC)
Dejar + participio
editarSaludos. Ante todo mis disculpas por no escribir en gallego. Vengo aquí en "misión investigadora". En es.wikt se ha iniciado una discusión (aquí y aquí) sobre una perífrasis propia del habla chilote de Chile y estoy tratando de saber si el gallego pudo influir en su génesis. Se trata de Dejar + participio, en el sentido de haber completado totalmente una acción antes de emprender otra. La peculiaridad es que el participio siempre se usa en masculino singular y tanto con verbos transitivos como intransitivos. Ejemplos:
- Dejó dormido antes de viajar.
- Dejamos visitado a todos los parientes por allá (antes de regresar).
- Deja comprado la leña
- Dejé hecho mi cama
- Dejé escrito las cartas
Mi interlocutor dice que, que él sepa, no hay una construcción similar en mapudungun que haya podido influir en la creación de esta perífrasis. Dado que el gallego también influyó en el habla chilote, me pregunto si existe en gallego algo similar a este giro. Gracias de antemano. Si la respuesta a esta pregunta se hace en gallego, no creo que tenga grandes problemas en comprenderla (y si hay algo que no logro entender, preguntaré). Moitas gracias. :) --Piolinfax 23:26, 19 xaneiro 2009 (UTC)
- Buenas. Bienvenido. Lo primero, he de advertir que lo que voy a decir no se basa en ninguna fuente más que en mi propia y modesta experiencia.
- Me es totalmente desconocida la perífrasis a que haces referencia, al menos con verbos intransitivos:
- "dejó dormido antes de viajar" / *"deixou durmido antes de viaxar" / "durmiu antes de marchar de viaxe"
- "dejó comido" / *"deixou comido" / "comeu antes", "comeu primeiro"
- Sí es posible con verbos transitivos (el participio va en masculino singular si el complemento no está presente; si está presente por lo general concuerdan):
- "deixei pechado" / "deixei as portas pechadas"
- "¿Deixaches fregado?" / "¿Deixaches fregadas as habitacións?"
- Espero que mi información te sea de utilidad. [ Furagaitas * ] 02:48, 20 xaneiro 2009 (UTC)
- Moitas gracias, Furagaitas, claro que es útil esa información. Todo parece indicar que este giro chilote pudo haberse creado espontáneamente. Puede que se haya creado como una extensión de lo que comentas al final y que en castellano también se da: de frases del tipo "deja cerrado" + un objeto directo y que después se extendiera también a los verbos intransitivos. Sea como fuere, me parece algo bien interesante.
:)
--Piolinfax 19:04, 20 xaneiro 2009 (UTC)
- Moitas gracias, Furagaitas, claro que es útil esa información. Todo parece indicar que este giro chilote pudo haberse creado espontáneamente. Puede que se haya creado como una extensión de lo que comentas al final y que en castellano también se da: de frases del tipo "deja cerrado" + un objeto directo y que después se extendiera también a los verbos intransitivos. Sea como fuere, me parece algo bien interesante.
onde está o captán ?
editarBoas a todo/a/s ! Xa vai un tempo que só andan a trabllar bots con status o sen nil. Eu veño a poucas máis ou menos e conto seguir. Semella que Furagaitas tamén anda maís ou menos vindo con regularidade dende máis dun ano. Furagaitas non é administrador e eu penso que ten as capacidades (agás non seiba un pico de inglés), polo que observei dende fai un ano, e teñolle toda a confianza. A ver se é posible, estando il dacordo, que se faga administrador para vixiar máis ou menos a diario e resolver os problemas, por exemplo dar o satut de bot(por exemplo Luckas-bot está a esperar dende novembro 2008, e iso da mala imaxen de nos). ? SaúdosElvire 15:53, 24 febreiro 2009 (UTC)
- Certamente temos o Galizionario moi abandonado. Quero pedir desculpas pola parte que me toca, e por deixar pendentes traballos trascendentais (así os considero) para este Wiktionary. Como sabemos, somos poucos, e se aínda por riba nos poñemos todos de acordo en frear as nosas colaboracións... o proxecto queda á valga.
- Elvire ten razón; aínda que non teño a motivación que tiven noutros períodos, sigo pasando por aquí con bastante frecuencia, sígome sentido responsable (como un dos principais colaborades que fun e son) da boa marcha do Galizionario. Non me atrae especialmente o ascender na xerarquía de administración do Wiktionary, pero aceptaría o cargo de administrador se a comunidade o cre oportuno. Penso que o ideal sería poder contar en continuo cun administrador veterano que coñeza ben o Galizionario, como son Sobreira e Prevert. A falta destes dous, un colaborador comprometido co proxecto podería ser un bo substituto.
- Sobre o meu control do inglés: léoo sen gran problema, pero non me expreso con moita soltura (algo que espero solventar a partir deste ano).
- Xa digo: non sei se estou preparado para asumir o cargo de administrador, pero se o credes conveniente aceptareino. [ Furagaitas * ] 02:21, 25 febreiro 2009 (UTC)
- Alegrame moito o que dís Furagaitas.
Polo de momento só puxen un anuncio na Galipedia para invitar os galipedistas a vir dar unha volta. Agora que podese saber que acetas a responsabilidade de compartir con outros as ferramentas de administrador, poís voume permitir enviarlle mails a Prevert, Sobreira, Norrim-strange, Lameiro (a ver se esquezo algún dos que anduveron pore iqui estos ultimos meses ?) por seres os que actuaron nistes últimos meses. Non sei moito se é convenente avisar a usuarios (que sexan administradores ou non) dos que fixeron moito traballo (sen cavilar moito venme a mente Avariccum) ??
Eu non considero iso de ser administrador como unha xerarquía, xa cos administradores están comprometidos a usar as ferramentas en dous casos, para protexir o proxecto segun os principios wikimedia e para aplicar as decisións da comunidade. Por outra banda podo decir que dos dous que andamos a miudo por eiqui, esta claro na miña mente que é Furagaitas o que ten calidades para ser administrador, eu non penso telas (ningun regulamento wikimedia impide que alguén manifeste o desexo de ser administrador, polo tanto se pensaba poder eu ser útil con eso houbera dito) e non por iso me considero as ordes de ninguén.
Claro está tamén que somos un dos wikidicionarios que amontoa gran numero de administradores e que todos, penso eu, valen, como vale tamén Furagaitas. Eu boto de menos que non pasen admistradores o suficiente para que me sinta tranquila. No caso que poidan volver, uns ou outros ( e calquer sabe que aprecio administradores como Prevert por haberme impulsado ánimo no espiritu wiki en particular coa sua rigor na elaboración dos proxectos wikis, Sobreira por haberme metido eiqui e acompañar os meus primeiros pasos), non vexo problema niso.
Xa falei moito. Antes de enviar mails agardo, polo menos, a opinión de Furagaitas. Elvire 12:37, 25 febreiro 2009 (UTC)
- Alegrame moito o que dís Furagaitas.
- Por suposto, Elvire. O teu compromiso co Galizionario está máis que demostrado, polo que poderías tamén exercer de administrador. Se queres converterte en un conta co meu apoio.
- Con respecto a min, xa manifestei a miña disposición para o que a comunidade decida. Se considera que debo administrar, administrarei.
- O feito de que este Wiktionary teña moitos administradores supoño que será debido a unha desmesurada adxudicación do cargo noutras etapas, normalmente a colaboradores doutros proxectos con colaboracións esporádicas no Galizionario. De todas formas, non vexo moito inconveniente en nomear administradores, sempre que se faga con criterio. [ Furagaitas * ] 03:38, 27 febreiro 2009 (UTC)
- Polas miñas partes só podo estar absolutamente de acordo coa proposta de Elvire: Furagaitas ten demostrado sobradamente o seu ben facer como (máis que) usuario e conta con toda a miña confianza para seguir nesa mesma liña como Administrador. Como tamén estou de acordo coa insinuación (xa que non proposta) que fai Furagaitas sobre a posibilidade de que Elvire tamén ascenda -si, ser Administrador é un ascenso na confianza da comunidade- ó mesmo cargo de Administrador. Supoño que esta non será a forma de face-la proposta e a votación, pero que conste o meu acordo. Saúdos e perdoade a miña ausencia nesta casa. Prometo vir con máis frecuencia. Saúdos, Pedro --Lameiro 23:05, 27 febreiro 2009 (UTC)
- Vanme ao corazón as palabras de Furagaitas e Lameiro. Pero non podo tomar decisiós co corazón, uso a razón. E como xa expresseino, non penso ser útil como administradora : polo de momento a prioridade non esta no tipo de tarefas nas que eu teria máis posibilidades de traballar (limpar entradas para liberar espazo, etc) e que necesitan as ferramentas ; esto pode esperar se de casualidade despertanse antigos administradores. A prioridade penso eu está na proteción do vandalismo e na coordinación. E para iso eu non domino o galego e non sei nin pica de inglés. No caso que eu fose administradora favoreceria que Furagaitas contase comigo nos casos de eu non ter a capacidade de reacionar. Claramente e razoando como é devido penso sencillamente que polos tempos que andan o importante é de nomear Furagaitas administrador, si sigue pasando a miudo vixiar, para manter un minimo e protexer iste proxecto.Elvire 23:27, 27 febreiro 2009 (UTC)
Proposta pechada
editarDesexando que non lle pareza mal a ninguén pecho o debate que comezei. Velaquí o razoamento :
- anduven investigando sobre a protección dos proxectos wiki en cando o vandalismo, e doume conta que por demaís dos administradores hai usuarios de meta que vixian os proxectos. Tamén semella que hai usuarios que son "especialistas" contro vandalismo "internacional" (persiguen os vandalos en todas linguas dos wikis).
- concretamenta dende fai máis dun ano que veño a miudo eiqui son mui, mui escasos os ataques !
- non penso que sexa oportuno meterlle presion a Furagaitas, que por ben que teña ansia e moita solidaride co Galizionario vai tendo pouco tempo, e cal que sexa o tempo que ten e mui, mui útil que como Sobreira dediqueo a medrar o proxecto. No ultimo ano foron os que máis lle deron o Galzionario co coñocemente que se debe ter da lingua galega. Non esquezo Norrim-strange e Lameiro que tamén son de gran axuda. Tampouco esquezo Prevert que, polo que me dei conta, actuo de vez en cando como administrador.
En conclusion, a utilidade dun administrador máis só para aturar as miñas "angustias" aparecem hoxe como unha perdida de tempo niste proxecto. É mellor cos que poidan pasar adicense a traballar no proxecto tranquilamente para que non quede ermo, xa que dou conta que non hai perigo na casa. Pido desculpas a Furagaitas por habelo solicitado sen cavilar o suficiente a situación.
En resumo : cada cousa no seu tempo. E pido desculpas a todos que molestei. Elvire 15:02, 1 marzo 2009 (UTC)
- Pola miña parte non debes desculparte por nada. Agradézoche profundamente a túa confianza. Eu sigo aberto ás peticións ou propostas dos compañeiros do Galizionario, procurando, co pouco ou moito que colabore, a boa marcha do noso Wiktionary. [ Furagaitas * ] 23:22, 1 marzo 2009 (UTC)
Erro
editarHai un erro no arquivo MediaWiki:Minoredit. Onde pon una debe pór unha. [ Furagaitas * ] 03:29, 3 marzo 2009 (UTC)
A semana pasasa (a do 2 ao 9 de marzo de 2009) recibín un aviso sobre unha petición pendente de status de bot para Interwicket. Paréceme que me tocou a min outorgar o status de bot á maioría das peticións de Wiktionary:Bots/Peticións_de_aprobación, en todas elas tentei aplicar o criterio de que polo menos tivera tres votos válidos (aqueles que cumprían os requisitos de antigüidade e número de edicións). Neste caso segundo ese criterio só hai dous votos válidos, con todo semella case imposible na situación actual acadar tres votos e como o usuario que pide o status de bot reune os requisitos de coñecemento e fiabilidade penso que non hai razóns para negarlle o devandito status de bot. Quixera coñecer a vosa opinión e no caso de non haber opinións contrarias procederei a outorgarlle os permisos de bot nos próximos días. (Evidentemente se a proposta acadase os tres votos esta mensaxe xa non tería sentido). Moitas grazas de antemán pola vosa atención e colaboración. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:24, 11 marzo 2009 (UTC)
- O que dis é perfecto para mín, engado co tempo pasado sen outro voto a favor e a calidade do bot nos wikidicionarios non necesita esperar moito. Saúdos Elvire 21:16, 11 marzo 2009 (UTC)
Dicionarios visuais
editarA miña primeira estadía nesta Taberna vai ser breve, tan só quixera saber se podo levar ao espazo principal o esbozo que fixen dun dicionario visual na miña páxina de usuario, eu penso que pode ter un valor didáctico interesante e que complementa moi ben o traballo que facedes aquí, a idea é que axude aos estudantes (nenos e non tan nenos) e a xente que non ten moito coñecemento do galego (estranxeiros que desexen aprender a nosa lingua, descendentes de galegos....) a adquirir vocabulario de xeito rápido e de forma intuitiva, facilitando a ampliación de coñecementos simplemente con premer na palabra ao ir á entrada normal do Galizionario. (Por suposto nun futuro tamén se poderían facer dicionarios visuais bilingües). Vós diredes que vos parece--O pimpín 14:06, 6 abril 2009 (UTC)
- Boas ! A páxina é fermosa ! A primeira vista a presentación non corresponde ao traballo das entradas nas que andamos. Non sei se hainas noutras linguas para os interwikis ? Tamén habria que buscar nos proxectos irmáns. A ver si outros opinán ? Saúdos Elvire 20:52, 6 abril 2009 (UTC)
- A min paréceme unha idea moi orixinal, e axudaría os editores a buscarmos imaxes para poñer nas entradas (ou incluso non poñer imaxes nas entradas e reservalas para galerías coma esa).
- Non creo que o espazo principal sexa a mellor opción para levalo (xa que creo que é mellor reservalo para as entradas); prefiro o espazo Wiktionary ou, mellor aínda, crear un novo espazo (Apéndice, por exemplo) para recoller este tipo de páxinas.
- Sexa como sexa, eu apóiote se queres levar o teu traballo a un espazo común do Galizionario. [ Furagaitas * ] 17:38, 7 abril 2009 (UTC)
- Non vexo mal que sexa nun espazo particular dentro do Galizionario e non directamente no principal, realmente que non o teñan outros wikidicionarios non creo que sexa tampouco impedimento, quizais nos copien :) --O pimpín 18:24, 7 abril 2009 (UTC)
- Penso que é unha boa idea. Máis eu o faría en plan temático: por exemplo:
Apéndice:Partes do corpo e que saise a man e unha imaxe, o pe e unha imaxe, etc --Norrin strange 06:48, 8 abril 2009 (UTC)
- O bo disto é que non hai cancelas, que existan dicionarios visuais temáticos non é incompatible coa existencia dun dicionario xeral, haberá xente que se achegue para adquirir vocabulario xeral e outros que teñan interese no vocabulario dun determinado campo. Dese dicionario xeral poderíanse tirar ducias de dicionarios temáticos interesantes que poderían ser de gran valía para os profesores nos colexios por exemplo . Do mesmo xeito que exista un dicionario visual xeral non se opón a que existan dicionarios visuais bilingües. Por suposto que o proxecto non se fará en pouco tempo, é un labor que precisa moito tempo.--O pimpín 14:29, 8 abril 2009 (UTC)
- O dicionario visual creado orixinalmente polo Pimpín foi movido a Wiktionary:Dicionario visual. [ Furagaitas * ] 00:58, 21 abril 2009 (UTC)
en concreto sobre dicionarios visuais
editarNon dou entendido adonde queredes chegar os tres con esto. Anduven perquisando para saber o que poden ser dicionarios visuais. Segun entendo o interes do visual é co "lector" escolle coa imaxe o que querer saber : eiqui para bioloxía e logo fai clic na imaxe da pataca ou doutra cousa para ter información. Tamén atopei iste dicionario visual interesante. A imaxe é para escoller informacíon. Voltando o que propón O pimpín eu diria que se quere colaborar no wikidicionario en galego e aproveitar os recursos das imaxes de commons, o maís adecuado seria ilustrar os artigos. Dou un exemplo : no caso de aba, Sobreira no 2008 desagrgou por conceptos a palabra, agora queda de pór para ilustrar as imaxes.
De non ser un tipo de traballo que se incorpora, eu repito, como xa dixen ao principio, que non lle vexo posibilidades. Elvire 09:21, 26 abril 2009 (UTC)
Para cando pase un administrador : no artigo Nicosia - Λευκωσία houbo una redirección a nicosia - Λευκωσία que non podo desfacer, feita no febreiro 2006, pode agardar ainda un pouco. Grazas Elvire 09:32, 13 abril 2009 (UTC)
Axuda
editarCreei o artigo alefriz, pero non sei facelo ben. No artigo aleivosía engadín nos datos {{VarN|aleivosia||s}}; no artigo alefriz non engadín nada, pois non sei facelo.--Raspiñeiro 20:45, 16 abril 2009 (UTC)
- Vou intentar esplicar, pero non falo ben o galego :
- {{VarN|'''RAIZ'''|'''MARCA DO SINGULAR'''|'''MARCA DO PLURAL'''}}
- Non sei cal é o plural de alefriz, por eso non vou editar na página, pero inventando para outra posibilidade : ::: {{VarN|'''NADA'''|'''SINGULAR = alefriz '''|'''PLURAL =alefriz'''}} xa que se considera que non hai marcas para diferenciar singular e plural (sg: alefriz; pl: alefriz)
- Vou intentar esplicar, pero non falo ben o galego :
.
- se non esplico ben, buscarei ejemplos. Sáudos Elvire 23:03, 16 abril 2009 (UTC)
- A flexión do número pódese recoller deste xeito: {{varn|alefri|z|ces}} ou ben {{cvarn|alefri|z|ces}}. [ Furagaitas * ] 01:39, 17 abril 2009 (UTC)
- se non esplico ben, buscarei ejemplos. Sáudos Elvire 23:03, 16 abril 2009 (UTC)
Vexo ben que as palabras sen etimoloxía sexan categorizadas, pero non comprendo que o sexan as palabras que posúen etimoloxía.
En verdade, as palabras con etimoloxía tamén poderían ser categorizadas, pero segundo a lingua da que procedan.
¿Quizais se deba o feito de seren así categorizadas a que debería ser creada unha categoría con palabras de etimoloxía dubidosa? Non sei, non entendo o que ocorre e o porqué de Categoría:Entradas con etimoloxía, non sei para que serve. ¿Para desenvolver unha clasificación posterior das etimoloxías? (pouco útil):
Se se pretende clasificar as palabras segundo o étimo debería afrontarse o tema e non adialo.
¿Crear categorías segundo a orixe dos étimos? Semella o adecuado
Eu non sei aínda cómo está estruturado isto, pero, ademais, non entendo ben o que hai. Quizais precise que alguén mo explique--Raspiñeiro 22:05, 16 abril 2009 (UTC)
- Eu tampoco lle atopo moita lóxica; pode valorarse máis pola súa curiosidade que pola súa utilidade. Ó fin e ó cabo, non resulta complicado desfacer esa categorización. A categorización por lingua de orixe é algo que xa se plantexou, pero aínda está pendente. Hai moitas cousas pendentes desde o outono... [ Furagaitas * ] 01:48, 17 abril 2009 (UTC)
- Para mín como letora esa categoría ten sentido. Cando se anda traballando en linguistica, cos dicionarios de papel temos ditionarios etimoloxicos, esta caegoría é un + que se atopa eiqui sin que dée traballo aos usuarios que editan. Elvire 09:14, 17 abril 2009 (UTC)
Outra nova solicitude de axuda
editarCreei o artigo andel, pero non sei facelo ben. No artigo aleivosía engadín nos datos {{VarN|aleivosia||s}}; no artigo andel non engadín nada, pois non sei facelo.----Raspiñeiro 22:20, 16 abril 2009 (UTC)
- Creo que xa respostei máis arriba. Se non é así, ti pregunta ;) [ Furagaitas * ] 01:49, 17 abril 2009 (UTC)
Síntoo, pero teño outra dúbida
editarSíntoo, pero teño outra dúbida. Desculpade, eu non sei se procede ou non procede expoñer esta dúbida.
O caso é que creei o artigo atrasar.
Estes artigos -artigos que poden ter moitas acepcións- teñen especial complicación. Eu optei por considerar que o Galicionario é un dicionario que achega definicións, non un dicionario de usos. É dicir, antes de crear o artigo, mirei dicionarios; algúns deles tiñan 9 ou 10 definicións desa palabra. Eu decidín reducilas a 3 reformulándoas. Se o Galicinario é un dicionario de usos -creo que non-, fixen mal. Se é un dicionario que pretende en primeiro lugar definir, fixen ben.
Non é necesaria resposta a esta dubida: Eu vou seguir considerando que hai que definir ante todo. Os usos pódense dar como exemplificacións, inda que non sei se exemplifico adecuadamente. Grazas--Raspiñeiro 15:25, 20 abril 2009 (UTC)
Posponer
editarCometín un erro e inda non podo mover a páxina. ¿Alguén podería mover posponer a pospoñer? Grazas--Raspiñeiro 15:48, 20 abril 2009 (UTC)
- posponer movida a pospoñer por Elvire. [ Furagaitas * ] 01:02, 21 abril 2009 (UTC)